As visitas guiadas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, postas en marcha por segundo ano consecutivo pola Deputación de Pontevedra, están a rexistrar unha afluencia histórica durante todo o verán. De feito, arestora é xa imposible adquirir unha entrada nalgunha das 19 citas que aínda quedan por celebrar.
As visitas, enfocadas para toda a familia, están protagonizadas por un bufón e un trobador medieval que guían aos rapaces pola historia do Castelo a través de xogos e cancións.
Segundo apuntou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “xa foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron ao recinto histórico e soamente nos primeiros vinte días de xullo o castelo foi visitado por preto de 4.000 persoas, un 30% máis que en xullo de 2016”.
Os datos rexistrados polo servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra manifestan que este ano os datos están a superar as expectativas de visitantes. Xunto ás 6.000 persoas que visitaron entre xaneiro e xuño o Castelo, hai que engadir as preto de 4.000 que o fixeron nos primeiros vinte días de xullo e as máis de 600 que mercaron a súa entrada para asistir ás visitas teatralizadas organizadas pola Deputación de Pontevedra en Soutomaior. Ao respecto, Silva amosou a súa satisfacción e apuntou que quizais no 2018, “teñamos que incrementar o número de funcións para dar resposta ás demandas da cidadanía”.
As entradas poden adquirirse a través da internet e teñen un custe de 2 € para adultos e 1€ para nenos e nenas. As 34 funcións duran 45 minutos e contan cun máximo de 30 persoas por pase.
Para os que devecen de poder viaxar ao pasado nunha visita teatralizada existen outras alternativas na área de Vigo. Nomeadamente, o Concello da Guarda vén comezar este verán unha nova iniciativa baseada en visitas teatralizadas de balde a cargo de actores profesionais e con ambientación musical na que os asistentes poden coñecer a vila a comezos do século XX.
Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, dan vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1930. Neste momento, coincidindo coa celebración da chegada do primeiro guardés a Porto Rico, deciden congregar á poboación no centro da vila para gravar unha película que remitirán á sociedade guardesa en América. A través deste fío condutor a compañía fai unha intensa labor de amosar os diferentes monumentos e lugares emblemáticos do centro da Guarda.
diciembre de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
O simposio, que terá lugar entre os días 20 e 22, contará cunha vertente esencialmente científica e outra centrada na formación práctica
diciembre de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL