• Transformación plaza Vigo
  • Visor submarino Vigo
  • Gran Obra Coia
  • Eclipse Galicia
  • Entradas Castrelos
  • Velódromo O Porriño
  • Pitanxo
  • Berete Rock
  • Imagen insólita Vigo
  • Mercado Nigrán
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Galicia comezará a citar a partir do luns aos maiores de 80 anos para a vacina da Covid

José Antonio Fuentes Arcay, segundo vacunado en Galicia contra el coronavirus // XUNTA

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/10/2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o secretario xeral técnico da consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e a directora xeral de Saúde Pública, Carme Durán, presentaron esta mañá a campaña de vacinación antigripal 2021, que terá como principal novidade a administración simultánea das vacinas da gripe e da covid-19 entre a poboación de 80 ou máis anos.

Durante o acto celebrado esta mañá na sede da Axencia Galega de Coñecemento de Saúde, o titular de Sanidade explicou que os centros de saúde de cada área sanitaria citarán -vía SMS- ás persoas de 80 ou máis anos para vacinarse. Así, no momento en que acudan a recibir a vacina de reforzo da covid-19, ofertaráselles de xeito simultáneo a vacina antigripal. Neste senso, ambas vacinas poderán administrarse nun mesmo acto, aínda que en lugares anatómicos diferentes.

Másnoticias

Un mes para que Galicia viva un histórico eclipse total, así se verá en cada concello

Galicia ultima todo para vivir el mágico eclipse de agosto, habrá autobuses especiales desde Vigo

23/07/2026
Familias del "Pitanxo" niegan la "comunicación oficial" de la salida del barco que bajará al pecio

Abren juicio al capitán del Pitanxo y dos directivos de la armadora y el juez les exige 44 millones

23/07/2026

Pola súa banda, as persoas con idades comprendidas entre os 70 e 79 anos, se así o desexan, terán a posibilidade de solicitar -polas vías habituais-, a súa cita para seren vacinados contra a gripe. No caso da vacina contra o coronavirus, unha vez transcorran os seis meses desde que recibiran a segunda das doses da covid-19, Sanidade convocaraas para recibir a terceira dose.

García Comesaña convidou a vacinarse contra a gripe a todas as persoas que conforman á poboación diana, e nas que, ademais dos dous grupos de idade citados anteriormente, tamén se atopan as persoas de 60 ou máis anos, os residentes en institucións pechadas de calquera idade; e tamén para aquelas de entre 6 meses e 59 anos de idade que conten con factores de risco de padecer complicacións derivadas da gripe.

A vacinación contra a gripe, tamén está indicada para as embarazadas -estendéndose incluso até nos 6 meses seguintes ao parto-, e para os prematuros. A vacina ofertarase, así mismo, a aquelas persoas que poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións, así como a aquelas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade, ou grupos con exposición laboral e conviventes con persoas de risco. “Vacinarse da gripe diminúe a frecuencia de complicacións secundarias e, polo tanto, o risco derivado de hospitalización e morte relacionada con este virus”, salientou García Comesaña.

A Xunta de Galicia ten como obxectivo para esta campaña acadar o 75% de vacinación entre as persoas maiores de 65 anos e tamén entre os traballadores do Servizo Galego de Saúde. Ademais, situou no 60% a porcentaxe mínima a acadar, entre as mulleres embarazadas.

Tres vacinas antigripais para unha campaña secuencial

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, explicou polo miúdo como se desenvolverá unha campaña de vacinación na que se empregarán tres tipos de vacinas, segundo os diferentes grupos de poboación. Por unha banda, administrarase a trivalente adxuvada de antíxenos de superficie inactivados ás persoas de 65 ou máis anos; ademais, a vacina de alta carga tetravalente, aplicarase nas persoas maiores de 60 anos institucionalizadas en residencias, dado que xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas cun maior risco de transmisión e; finalmente, disporase a vacina tetravalente de virus fraccionados e inactivados, cuxa indicación comeza a partir dos 6 meses.

A irrupción da pandemia provocou que, por primeira vez, a campaña de vacinación antigripal sexa implementada de xeito secuencial. Desde este luns, en que comezou a administración das primeiras doses entre o persoal sanitario dos centros públicos e privados, e ata o vindeiro mes de decembro, o departamento sanitario da Xunta habilitará máis de 900 puntos de vacinación para combater os efectos da gripe. O Goberno galego adquiriu para a actual campaña da gripe un total 885.800 doses, cun investimento de 5.259.157 euros.

Nesta liña, a partir do día 25, vacinaranse ás persoas de 65 ou máis anos, así como ás persoas institucionalizadas de maneira prolongada (residencias de maiores e discapacitados e traballadores destas institucións).

O 15 de novembro, vacinaranse ás persoas de 60 a 64 anos, persoas menores de 60 con patoloxías de risco; embarazadas e puerperio; prematuros de 6 meses a 2 anos; persoal de servizos esenciais; persoal de exposición laboral; e, ademais, o persoal das oficinas de farmacia. Dende o 29 de novembro as persoas a vacinar serán o resto da poboación diana e conviventes de persoas de risco.

A Consellería de Sanidade lembra que as persoas que pertenzan á poboación diana da gripe, e teñan menos de 80 anos, poderán solicitar a súa cita de vacinación a través da web e as aplicación do Sergas; no seu centro de saúde, ou mediante unha chamada telefónica.

Temas: coronavirusGaliciavacuna contra el coronavirusvacunasXunta de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una escena a lo GTA en Salceda, un coche de la Policía acaba destrozado tras una persecución
Enfoque

Una escena a lo GTA en Salceda, un coche de la Policía acaba destrozado tras una persecución

Una persecución policial a lo GTA acaba con dos agentes siendo atendidos en un hospital de Vigo: el infractor acabó huyendo

PorÁngel Vila
23/07/2026
Vigo aprobará una ordenanza para abolir la prostitución en la ciudad
Enfoque

Vigo aprobará una ordenanza para abolir la prostitución en la ciudad

El Concello señala que la futura ordenanza actuará contra quien se lucra con la explotación sexual y contra la demanda que la sostiene

PorPaula Carballo
23/07/2026
El poder de Borja Iglesias DJ, la canción que cantó en la celebración del Mundial dispara sus escuchas
Enfoque

El poder de Borja Iglesias DJ, la canción que cantó en la celebración del Mundial dispara sus escuchas

La canción de Violadores del Verso que cantó Borja Iglesias en la celebración del Mundial en Madrid dispara sus escuchas en Spotify

PorMiguel Alonso
23/07/2026
Unha guía reúne información de 317 peixes óseos mariños da península ibérica e Baleares
Enfoque

Unha guía reúne información de 317 peixes óseos mariños da península ibérica e Baleares

Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies

PorMetropolitano
23/07/2026
Unha guía reúne información de 317 peixes óseos mariños da península ibérica e Baleares
Enfoque

Unha guía reúne información de 317 peixes óseos mariños da península ibérica e Baleares

PorMetropolitano
23/07/2026

Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X