• Propuesta gastro Nigrán
  • Conciertos Vigo
  • Festival Azul
  • Mercadillo Vigo
  • Festa da Coca
  • Festa da Rosa
  • Desafío Verdugo
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Insomnio e adiccións entre os efectos daniños do uso dos móbiles, según unha tese da UVigo

Insomnio e adiccións entre os efectos daniños do uso dos móbiles, según unha tese da UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/05/2023

O teléfono intelixente ou smartphone é “un recurso multifunción e omnipresente na sociedade actual, especialmente nas xeracións máis novas”. Polos crecentes perigos e potencialidades que ofrece, na súa tese de doutoramento, a investigadora da UVigo e educadora social Sara Martínez analizou desde unha perspectiva socioeducativa o impacto destes teléfonos intelixentes entre as e os adolescentes. Froito do estudo realizado reivindica o papel da educación social para a prevención no seu uso.

A tese estivo dirixida pola profesora María Carmen Ricoy dentro do programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. Foi realizada no marco dun contrato predoutoral FPU do Ministerio de Universidades e do Grupo de Investigación en Contextos Educativos e Socioeducativos da UVigo, do que a xa doutora forma parte. “O problema de estudo céntrase en que a pesar do gran potencial do smartphone, o seu uso continúa tendo dificultades e perigos, polo que é relevante indagar sobre o tópico para visibilizar dita situación, así como para pór en valor as súas posibilidades”, afirma Sara Martínez. Así, detalla, aínda que “é un recurso moi utilizado na actualidade sobre todo por adolescentes, o seu uso aínda non está incluído como unha valiosa ferramenta educativa”.

Másnoticias

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026
Rosalía, Almudena Grandes o Buero Vallejo, los otros "protagonistas" del inicio de la PAU en Galicia

Rosalía, Almudena Grandes o Buero Vallejo, los otros "protagonistas" del inicio de la PAU en Galicia

02/06/2026

O estudo levouse a cabo a través dunha metodoloxía maioritariamente cualitativa e baixo un enfoque narrativo, incluíndo as diferentes mostraxes feitas 20 aplicacións móbil; arredor de 2000 noticias de xornais dixitais; 36 adolescentes e 16 familias; 48 profesionais do corpo de profesorado de Educación Secundaria e 106 educadoras e educadores e adolescentes en acollemento residencial en centros de menores como medidas de protección.

Oportunidades e dificultades

As conclusións da tese, comenta a súa autora, poñen de manifesto que “o smartphone é un dispositivo móbil moi atractivo e interesante” para as e os adolescentes, tanto para o conxunto do colectivo como para os do Sistema de Protección de Menores. Na adolescencia, detalla a súa autora, realízase un uso informal do teléfono intelixente a través de diferentes e múltiples actividades. Segundo o estudo realizado, a utilización do dispositivo móbil polas e polos menores está asociada fundamentalmente a patróns de praxes recreativas (vinculadas principalmente coas aplicacións de redes sociais) e de modo menos notorio comunicativas e instrumentais. “Despunta o grupo de iguais, independentemente do tipo de actividade desenvolvida, como as persoas coas que se relacionan as e os adolescentes”, comenta Sara Martínez.

O uso deste aparello, indícase no estudo realizado, está asociado a múltiples oportunidades e dificultades. Entre as primeiras, a investigadora destaca o desenvolvemento de actividades recreativas e comunicativas a través do uso de aplicacións móbiles, sobresaíndo as redes sociais. Nesta liña, entre as oportunidades, a investigadora sinala que “as e os adolescentes melloran o seu autocontrol, motivación, así como a regulación emocional”. Ademais, engade, do estudo despréndese que o uso do smartphone por parte das e dos adolescentes está fundamentalmente asociado a patróns de prácticas beneficiosas (principalmente vinculadas ao desenvolvemento da competencia dixital, á dispoñibilidade de recursos para o lecer e á promoción de sentimentos ou emocións). Pola contra, entre os aspectos negativos, Sara Martínez comenta “o efecto daniño que pode provocar na deterioración da saúde das e dos adolescentes (estrés, insomnio, obesidade, problemas posturais, deterioro visual, etc.) como condutas de dependencia e/ou adicción, problemáticas derivadas de conductas como o sexting, nomophobia e phubbing; dificultades económicas desencadeadas por excesivas compras on line ou consumo de xogos de azar, etc.”. Ademais, a educadora social indica neste punto que “cabe sinalar o prexuízo nas relacións interpersoais, así como o resultado dun menor rendemento académico”.

A xa doutora pola Universidade de Vigo resalta tamén nas conclusións do seu traballo que “a tipoloxía de medidas de intervención desenvolvidas co smartphone son cuantiosas e variadas, destacando: impulsar a alfabetización dixital, supervisión parental, etc”. As aplicacións educativas, detalla, “ofrecen múltiples oportunidades ás e aos adolescentes”, apuntando que, entre outros aspectos, “enriquecen o feedback comunicativo e axudan á organización da xestión no ámbito académico”. Por outra banda, engade Martínez, as aplicacións facilitan ás e aos menores intercambiar materiais e información.

Resposta desde a educación social

Por último, a tese abordou a resposta desde a educación social a esta problemática, subliñando que a prevención, intervención e acompañamento dixital pode conducir a “unha mellora substancial para aprender e mellorar hábitos e comportamentos dixitais e interiorizar pautas para un bo uso da seguridade na rede”. Neste senso, a xa doutora indica que é fundamental que as e os adolescentes realicen un axeitado uso do smartphone, co fin de aproveitar ao máximo as oportunidades que presenta este recurso. “Para iso, é necesaria a acción socioeducativa preventiva, que produce unha grande aprendizaxe para un uso do smartphone correcto e conveniente. Cabe sinalar que toda a comunidade educativa debe avanzar na mesma dirección, sumando forzas e implantando diversas metodoloxías para a prevención de condutas perigosas, instruíndo así a todos os membros”, afirma Sara Martínez. De feito, engade por último, son moitos os países que están a levar a cabo e impulsando diferentes programas preventivos en ambientes educativos.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de OurenseUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

...

PorIván Dacal
04/06/2026
Luisa Sánchez ratifica la "plena disposición" de la Diputación para financiar que Vigo acoja el Mundial
Enfoque

Luisa Sánchez ratifica la "plena disposición" de la Diputación para financiar que Vigo acoja el Mundial

...

PorMetropolitano
04/06/2026
¿Qué medidas de seguridad deben superar atracciones de feria como la de Matamá?
Enfoque

Caballero convoca el pleno extraordinario por el caso Saltamontes y la oposición exige su comparecencia

...

PorEuropa Press
04/06/2026
Rueda espera que el nuevo Papa visite Galicia en el Xacobeo 2027: "Sería magnífico"
Enfoque

El papa León XIV recibirá el primer facsímil del Códice Calixtino, la joya robada de la Catedral de Santiago

...

PorEuropa Press
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X