• Fiesta San Roque Vigo
  • Transformación Beiramar
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Nuevo local en Vigo
  • Fiestas de Bouzas
  • Nigranjazz
  • Macroverbena
  • Playa de Arealonga
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores da UVigo optimizan o rendemento do mellor equipo ciclista amateur de España

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/06/2025

Por terceiro ano consecutivo, os corredores do Equipo Cortizo, o mellor club ciclista non profesional de España, teñen como aliados na súa preparación os investigadores e investigadoras do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condición Física e Benestar da Universidade de Vigo. A través dun contrato de I+D, os integrantes do equipo elite e sub23 do club de Padrón sométense ao longo da tempada a unha serie de avaliacións do rendemento na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Estas probas están dirixidas a identificar posibles áreas de mellora na súa preparación física e definir pautas de adestramento específicas para os integrantes dun equipo que rematou a pasada tempada no primeiro posto dos ránkings elite e sub23 da Federación Española de Ciclismo.

Trátase dun conxunto de probas dirixidas a avaliar diferentes parámetros do rendemento, como o consumo máximo de osíxeno, os limiares ventilatorios, a potencia do pedaleo, a mobilidade articular, o control postural ou as asimetrías laterais e funcionais. A información obtida permite logo “ir ciclista por ciclista, vendo onde pode mellorar”, e definir recomendacións que permitan orientar a preparación física “a eses aspectos que entendemos que van incidir no rendemento”, explica Óscar García, decano da facultade e responsable deste laboratorio.

Másnoticias

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

18/07/2025

Arranca en Vigo el Congreso Galego de Astronomía e Astrofísica, con más de 50 científicos

17/07/2025

Unha tempada histórica

O obxectivo destas avaliacións é reunir información que contribúa ao traballo do egresado da facultade e preparador físico do Equipo Cortizo José Abalo, coa vista posta no desenvolvemento futuro dun grupo de deportistas “moi novos e cun potencial moi grande”, recoñece García. “O obxectivo segue sendo o mesmo”, sinala o investigador respecto deste terceiro ano de colaboración co club padronés, que completaba en 2024 a mellor tempada dos seus preto de 70 anos de historia. Un total de 51 vitorias individuais, logradas por 15 corredores diferentes, e o triunfo en nove voltas por etapas son algúns dos éxitos acadados o pasado ano polo grupo que dirixe o exciclista profesional e exalumno da facultade Marcos Serrano. Entre estes, atópanse fitos como as vitorias de Dani Cavia e Hugo De la Calle, respectivamente, na Copa de España e no Campionato de España en Ruta sub23.

“Creo que foi algo irrepetible”, sinala García, que recoñece que xa pensaba isto ao remate de 2023, primeira tempada na que o laboratorio colaborou co equipo e na que este lograra 23 vitorias individuais e o primeiro posto no ránking elite da federación española. “Hai que ser conscientes de que haberá anos nos que acertemos menos, sen dúbida”, engade o investigador, que lembra que o traballo do laboratorio está centrado en axudar ao desenvolvemento dos ciclistas e non no seu rendemento a curto prazo. Nese senso, recoñece que un dos factores deste éxito pode ter sido que “xerouse un sistema de adestramento e de traballo acertado, cunha comunicación moi fluída”, así como a capacidade de Serrano para “sacar moito partido na estrada” a este grupo de corredores. Do mesmo xeito, García pon en valor a implicación dun grupo de ciclistas que “asimilaron que o método de adestramento era o ideal e adheríronse a el totalmente”, incorporando as súas rutinas de traballo as diferentes pautas de adestramento propostas.

Do laboratorio á estrada

Tras unha primeira avaliación global, os integrantes do primeiro equipo do Cortizo irán retornando á facultade ao longo do ano, divididos xa en varios grupos, co propósito de ir avaliando o seu estado de forma en diferentes fases da tempada. Estas probas, recoñece García, estarán xa “moi influenciadas polo calendario de competicións”, máxime nun ano no que o Equipo Cortizo ampliou a súa presenza en probas internacionais incluídas no calendario UCI, como o Circuíto das Ardenas, o Giro de Beldevere ou a Ronde de l’Isard, nas que se mediron aos equipos sub23 das principais escuadras World Tour.

Coa participación das investigadoras e investigadores Alba Cuba, Tania Álvarez, Javier Carballo, Mario Iglesias, Virginia Serrano e do cardiólogo Diego Fernández, estas avaliacións comprenden un conxunto de probas “moi semellantes” ás de tempadas previas, xa que “déronnos moi boa información”, recoñece García. Ao mesmo tempo, un dos obxectivos nesta tempada será o de tratar de “introducir máis probas de campo”, como a levada a cabo en 2024 na contorna de Manzaneda, onde os ciclistas foron avaliados antes e despois da enfrontarse a unha contrarreloxo e a unha cronoescalada, que debían realizar “a máximo esforzo”, monitorizados con potenciómetros e pulsómetros.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Caballero lamenta el "maltrato a la educación pública" de Vigo tras dimitir la directiva del IES Valadares

...

PorMetropolitano
18/07/2025
Enfoque

Detenido un hombre que reside en la Panificadora de Vigo tras agredir a su expareja

...

PorMetropolitanoy1 Otros
18/07/2025
Enfoque

El Casco Vello de Vigo suma un nuevo espacio 'delicatessen' para amantes del embutido

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X