• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores da UVigo participan na descrición dunha planta do Xurásico atopada en Asturias

Artai Santos e José B. Diez, do CIM-UVigo, participan neste estudo publicado en Botany Letters

Artai Santos e José B. Diez, do CIM-UVigo, participan neste estudo publicado en Botany Letters

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/11/2022

Investigadores da Universidade de Vigo, do Museo del Jurásico de Asturias (MUJA) e da Fundación Conjunto Paleontológico de Teruel-Dinópolis acaban de describir unha nova especie de planta hepática fósil do Xurásico Superior descuberta en Asturias. Este avance científico foi presentado este mércores nun acto no MUJA no que participaron o conselleiro de Ciencia, Innovación e Universidade, Borja Sánchez, a alcaldesa de Colunga, Sandra Cuesta, e parte do equipo de investigación implicado neste estudo.

Os resultados do proxecto de investigación están recollidos nun artigo científico publicado na revista internacional Botany Letters e asinado por Artai A. Santos e José B. Diez, do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio e do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo; por José Carlos García-Ramos e Laura Piñuela, investigadores do MUJA e por Luis M. Sender, do Museo Aragonés de Paleontología (Fundación Conjunto Paleontológico de Teruel-Dinópolis).

Másnoticias

Foto de archivo de un mercado de ropa (Foto: Freepik).

Aterriza en Vigo un nuevo mercado con joyas artesanales y ropa de segunda mano

08/06/2025

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

08/06/2025

Atopada en Lastres

O artigo describe unha nova especie de planta hepática fósil, Ricciopsis asturicus, nas rochas da Formación Lastres do Xurásico Superior de Asturias (Kimmeridgiense). Concretamente os exemplares proceden dos cantís de Lluces, no concello de Colunga. A nova especie está baseada na combinación dunha serie de características que a diferencian das demais, como son a forma do talo, a maneira na que se ramifican, o tamaño e a súa disposición formando matas.

A pesar das condicións climáticas semiáridas que dominaban Asturias hai arredor de 154 millóns de anos, as novas hepáticas puideron proliferar, formando matas densas, en pequenas charcas de auga doce situadas no leito de cursos fluviais abandonados, no que foi no seu día unha antiga chaira deltaica. O desenvolvemento destas plantas hepáticas foi precedido por un episodio intenso de chuvias torrenciais a causa das cales o impulso da corrente desbordou unha das paredes do leito creando un novo curso do río, unha especie de atallo, e deixando así abandonado o antigo.

Neste último curso acumuláronse fragmentos de troncos de coníferas, que máis tarde se converterían en acibeche, creceron as hepáticas e por el tamén camiñaron algúns dinosauros terópodos que deixaron impresas as súas pegadas na superficie. O recheo final do leito abandonado estaría formado por sedimento de gran fino que se depositaría de forma lenta, pero pouco tempo despois do abandono, e que cubriu os vexetais obxecto deste estudo impedindo así o seu deterioro por oxidación ao aire libre.

Por outra banda, o equipo de investigación tamén estudou o pole e as esporas destas mesmas áreas, o que lles permitiu corroborar a presenza destas zonas encharcadas. Deste xeito, Ricciopsis asturicus representa a evidencia máis antiga dunha planta briofita (non vascular) no Mesozoico da península ibérica e supón a primeira mención do xénero Ricciopsis nesta mesma área. A aparición desta especia no Xurásico Superior en España, destacan os científicos, engade unha nova peza no crebacabezas fitopaleoxeográfico deste grupo de plantas en todo o mundo.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

...

PorGabriel González
08/06/2025
Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X