• Fiestas de Bouzas
  • Encuesta Elecciones
  • Alerta calor Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Uber Vigo
  • Conciertos Villa Solita
  • Tren histórico Vigo
  • Sondeo Problemas Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores da UVigo realizan a maior análise da calidade do subtitulado en directo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/12/2023

A irrupción da intelixencia artificial está a trae consigo inquedanzas e novos horizontes a partes iguais, pero si nalgo coinciden as e os expertos é en que esta tecnoloxía suporá un antes e un despois para moitas profesións. Un dos eidos nos que a intelixencia artificial xa se está a aplicar é o da tradución e a interpretación e, por iso, tanto as institucións públicas como o sector profesional teñen o foco posto nas súas posibles consecuencias. Precisamente, este foi un dos temas que se debateron no Foro Translating Europe que se celebrou recentemente en Bruxelas. No encontro, o máis importante sobre a tradución a nivel mundial e organizado pola Comisión Europea, participaron os profesores da Facultade de Filoloxía e Tradución Luis Alonso Bacigalupe e Pablo Romero Fresco, do grupo GALMA.

Nesta cita internacional abordáronse temas como a xestión da calidade, o impacto das novas tecnoloxías ou a promoción das profesións lingüísticas, analizando tanto a evolución do sector nos últimos dez anos como as proxección de futuro. En concreto, Alonso Bacigalupe, que interveu en liña, centrouse no uso da intelixencia artificial para a avaliación da calidade do subtitulado en directo e fixo unha primeira presentación do software que un equipo de investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución están a crear con esta finalidade.

Másnoticias

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

02/07/2025

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria

01/07/2025

Xunto con el, a Comisión Europea tamén convidou a este foro ao profesor Pablo Romero Fresco que, de xeito presencial, presentou os resultados do proxecto de investigación "Qualisub: Un estudio regional, nacional e internacional". Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, Convocatoria 2020 - «Proyectos de I+D+i» Retos B, o proxecto botou a andar en setembro de 2021 e rematará en setembro de 2024, liderado pola UVigo e coa Universidade do País Vasco, Universitat Jaume I, University of Rio Grande Texas e TVE como socios. Durante os dous primeiros anos de traballo realizaron a maior análise comparativa a nivel mundial da calidade de subtitulado en directo realizado por humanos fronte ao totalmente automático para español, galego, catalán, éuscaro e inglés.

A importancia da subtitulación en directo

Os investigadores explican que “ao tempo que aumenta o volume da produción audiovisual en todo o mundo, aumenta tamén o número de persoas con dificultades para comprender un texto oral, especialmente en occidente, como consecuencia do rápido proceso de envellecemento da poboación e da inmigración”. A subtitulación ofrece unha alternativa comunicativa para todos estes colectivos, pero o reto xurde cando se trata de eventos ou programas en directo que non permiten realizar unha subtitulación previa.

Este é o espazo que ocupa a subtitulación en directo, que ofrece aos usuarios unha transcrición en tempo real das palabras e sons dun evento, conferencia, retransmisión ou mesmo de informacións de servizo público, por exemplo, nun aeroporto. O que se propuxeron os investigadores do grupo GALMA é analizar a calidade dos subtítulos producidos en directo por profesionais fronte aos producidos de xeito automático e centráronse en retransmicións e acontecementos nas catro linguas oficiais do estado: catalán, éuscaro, galego e español e tamén en inglés nos Estados Unidos. A finalidade é poder emitir recomendacións que poidan mellorar a accesibilidade de programas e eventos de para millóns de espectadores diarios. A análise, explica Romero Fresco, realizouse empregando o sistema NER, “un modelo de avaliación da calidade de subtítulos” que el mesmo deseñou e que xa se ten convertido “no xeito estándar de analizar a calidade dos subtítulos en todo o mundo, incluídas canles de TV, plataformas, empresas e gobernos, así como a lexislación de países como Canadá”.

A nivel rexional centráronse en avaliar a precisión do recoñecemento de voz en galego, vasco e catalán, así como a súa potencial aplicación ao subtitulado en directo. A nivel nacional compararon a calidade dos subtítulos en directo producidos mediante refalado por TVE, Antena3, Cuatro, Telecinco e La Sexta cos subtítulos automáticos que emprega TVE. Finalmente, dende unha perspectiva internacional realizaron a primeira análise a grande escala da calidade dos subtítulos en directo nos Estados Unidos baseado no modelo NER para comparalo cos resultados obtidos en España.

Sempre e cando se respecte a accesibilidade

Cos resultados obtidos ata agora, o equipo puido constatar un cambio bastante importante respecto da evolución da calidade do subtitulado automático. Ata finais do 2022, explica Romero, a diferencia “era bastante clara” a favor da subtitulación realizada polos humanos. Pero dende entón, engade, “xurdiron aplicacións de última xeración de intelixencia artificial que empezan a acadar resultados moi bos, máis hai un detalle importante: as máquinas transcriben todas as palabras, de xeito que os subtítulos son literais e moitas veces demasiado rápidos e difíciles de ler. Isto fai que a xente que le rápido non teña problema, mais hai xente que está excluída: persoas maiores, inmigrantes, xordos que teñen lingua de sinais como primeira lingua, etc”. É por isto que os docentes implicados neste proxecto poñen o foco precisamente en non deixar a ninguén atrás, “o noso obxectivo como formadores e o dos nosos estudantes como futuros profesionais é asegurarse de que a automatización non se leva a cabo en detrimento da accesibilidade para os que de verdade a precisan”.

Con todo, o docente recalca que as novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, ben xestionadas, poden ser un aliado máis ca unha ameaza para a profesión de tradutor e intérprete, sempre e cando “teñamos en conta a dimensión persoal e humana da accesibilidade”. A IA, engade, “danos unha posibilidade de accesibilidade en masa para certos eidos, como o subtitulado en directo, mais se non o acompañamos da parte humana e persoal, crearemos tanta exclusión como inclusión. Por iso estamos a traballar na Access Intimacy (tamén con siglas AI), é dicir, a outra AI, a que coida e traballa a idea de accesibilidade como forma de conexión entre persoas”, conclúe.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Cedida
Enfoque

Interceptan a una familia que pretendía viajar a las Illas Cíes con una pareja de periquitos

La familia desconocía que los periquitos están prohibidos por el reglamento del Parque Nacional Marítimo-Terrestre

PorEuropa Press
02/07/2025
ESCUDERÍAS RÍAS BAIXAS
Enfoque

El Rallye Rías Baixas tomará el centro de Vigo este jueves con la ceremonia de salida

El centro de Vigo acoge este jueves la ceremonia de salida del Rallye Rías Baixas. Antes habrá firma de autógrafos y otras actividades

PorIván Dacal
02/07/2025
Enfoque

Impulsan Vigo Social TV, una plataforma "para mejorar la calidad de vida" de las personas mayores

Caballero avanza los primeros detalles de Vigo Social TV, un dispositivo dirigido a mayores dependientes y en situación de soledad no deseada

PorCarlos I. Castrillón
02/07/2025
Enfoque

¿Qué son las misteriosas mariposas que cubre una céntrica calle de Vigo?

¿Te has topado con estos llamativos animales sobrevolando el centro de Vigo? Descubre este misterio con guiño a un fenómeno nacional

PorAlfredo Teja
02/07/2025
Enfoque

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

PorMetropolitano
02/07/2025

O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X