Este martes, 5 de xuño, o salón de actos da Axencia de Colocación de Mos acolle a presentación da nova apliación móbil desenvolvida pola empresa segoviana Lemur Ideas coa que os veciños e veciñas poidan interactuar máis rapidamente coa administración local.
No acto, que comezará ás 20:00 horas explicarase como baixar a aplicación nos smartphones, axudaráselles aos asistentes a instalala e impartirase unha sesión tutorial de que utilidades ten e como funciona a app.
"Mos Informa" é unha ferramenta baixo o paraugas de "Bando Móvil" que da servizo a máis de 700 concellos segundo a empresa promotora. Segundo explica o Concello, a iniciativa "vai a permitir que a veciñanza estea informada as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello".
Á súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipais, de modo que se poida enviar comunicacións sobre a caída dunha árbore, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc.
Segundo explican dende o Concello, "o obxectivo é que toda a veciñanza estea informada de forma instantánea de todo o que suceda no municipio, ao tempo que se promove a interactividade entre a administración local e o seus habitantes". A aplicación está dispoñible para Android (Mos Informa) e para iOS (Bando Móvil).
Un dos grandes atractivos desta nova proposta cultural en Vigo é a exhibición de grandes obras que rara vez viron a luz pública
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL