• Vigo Vertical rampas
  • Nueva bebida Vigo
  • Pop up vintage Vigo
  • Makrofesta Tomiño
  • Incendios Galicia
  • Cheesecake Vigo top
  • Reality Galicia
  • Fiesta San Juan
  • Mirador Caminha
  • Tiempo Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Natalia Belén de Roia vence en Debut cunha colección inspirada na paixón polo fútbol da súa Arxentina natal

Natalia Belén de Roia vence en Debut cunha colección inspirada na paixón polo fútbol da súa Arxentina natal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/11/2022

Cunha colección que fala das súas raíces e da paixón polo fútbol que se vive na súa Arxentina natal, Natalia Belén de Roia converteuse na noite deste venres na gañadora do premio á mellor colección de Debut 2022, o desfile no que os novos titulados e tituladas do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentan as súas coleccións. Nunha edición na que o desfile “volvía a normalidade”, como lembraba a coordinadora do mestrado, Lola Dopico, doce novos titulados e tituladas presentaron no Pazo da Cultura de Pontevedra as coleccións que desenvolveron como traballos de fin de máster. Xunto ao premio outorgado a De Roia por La mano de D10s, tamén foi recoñecida a colección Filandón, de Noemí Comesaña, co galardón á colección con maior valor artesanal.

“Poder ter posto este broche final a esta etapa cunha colección que fala de onde veño, éncheme de orgullo”, salientaba De Roia tras ser elixida gañadora do premio ao deseño e innovación, dotado con 3000 euros, que outorga a empresa Setga. Fíxoo cunha colección que, explica, “fala da paixón polo fútbol que se vive na Arxentina”, na que se inspirou nas imaxes gráficas dos equipos e nas rivalidades entre clubs e para a que estudou as diferentes camisetas coas que competiron ao longo dos anos equipos como Boca Juniors, do que é seguidora, ou o seu gran rival, River Plate. “Síntome moi feliz de poder facer algo tan persoal como esta investigación sobre o meu país e poder levalo a unha pasarela como Debut”, engadiu De Roia, que chegaba a Galicia en 2019 tras coñecer a traxectoria de Esdemga, “unha escola incrible con resultados incribles e estudantes incribles”.

Másnoticias

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

12/06/2026
Videojuegos como medicina, realidad virtual para ayudar a niños a luchar contra el cáncer en Vigo

Videojuegos como medicina, realidad virtual para ayudar a niños a luchar contra el cáncer en Vigo

11/06/2026

Xunto ao seu proxecto, nesta décimo quinta edición de Debut tamén foi premiada a colección que Noemí Comesaña inspirou nos tradicionais encontros de mulleres que contaban historias mentres fiaban, “un extraordinario traballo de investigación gráfica e de recuperación de materiais”, como salientou Dopico, que foi recoñecido cun galardón outorgado pola Xunta, a través de Artesanía de Galicia e o Xacobeo.

Noemí Comesaña acadou o premio á colección con maior valor artesanal por 'Filandón'

Coleccións nacidas da investigación

Nunha edición na que Debut recuperaba a normalidade despois de que a covid-19 obrigase a suspender a de 2020 e a reunir proxectos defendidos ao longo de dous cursos en 2021, foron doce os TFM que optaron os premios e que foron avaliados por un composto por Pepa Bueno, directora executiva da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME); Guillermo García-Badell, director do Centro Superior de Diseño de Moda da Universidad Politécnica de Madrid; e Viviana Kuri, directora do Museo de Arte de Zapopan, en México. “Son proxectos nos que levan traballando todo un ano”, lembrou Dopico na apertura dun desfile ao que asistiron, entre outros, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e as vicerreitoras de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e do campus de Pontevedra, Eva Lantarón. Presentados sobre a pasarela polos 60 mozos e mozas que exerceron como modelos, tratábase de proxectos “que non son coleccións de pasarela”, senón o resultado “dun proceso de experimentación e creación”, lembrou Dopico, que salientou a “cantidade de referentes e o traballo de investigación” que se pode atopar nestas doce coleccións.

Este traballo de investigación tivo como resultados, xunto ás coleccións premiadas, proxectos como Proscripto Inclusio, que André Anta inspirou no mundo dos videoxogos, ou Relindo Festejo, que Rejina Chamorro creou inspirándose en nove diapositivas do bautizo e primeiro aniversario de seu pai. Os recordos e a súa vinculación cos obxectos foron a fonte de inspiración de Sara Maneiro en O.67-15969, mentres que o mar inspirou propostas como Cetácea, de Carmen Muñoz, e Eolo Inn de Sofía Claudio, que rememoraban, respectivamente, a pesca de baleas nas costas galegas e a navegación a vela en solitario. Irina Gaidai, pola súa banda, propón en Chaperon rouge unha reinterpretación do conto de Carapuchiña Vermella, na versión de Charles Perrault, mentres que Andy González fixo uso da división da sociedade en diferentes estamentos que Aldous Huxley presentaba na novela Un mundo feliz para crear Épsilon, ao igual que fixo Carlota Matos coa serie de animación xaponesa Evangelion para dar forma a El Cielo. Asemade, sobre a pasarela de Debut puideron verse Las Babushkas de Chernobyl, coa que Nely Plaza reflexionaba sobre os efectos das catástrofes nucleares, e Queen Bee, o proxecto no que Noelia Remesal levaba ao extremo os estereotipos ligados aos concursos de beleza.

Peche a unha semana dedicada á moda

Tras a estrea destes doce TMF, o desfile completouse nun segundo bloque coa presentación dunha serie de proxectos levados a cabo polo alumnado o pasado curso, no seu primeiro ano no mestrado. En primeiro termo, 12 pequenas coleccións traballadas sobre “tecidos máis crús”, co branco como protagonista, como lembrou Dopico, seguidas doutras 15 nacidas xa do traballo coa cor. Deste xeito, o mestrado puña peche a unha semana de actividades centrada na moda, na que se inseriron unha serie de talleres e mesas redondas. De feito, o propio desfile viuse precedido este venres polas Xornadas Técnicas de Recursos Humanos, nas que, horas antes do desfile, os novos titulados e tituladas mantiñan unha serie de entrevistas con responsables de persoal de diferentes firmas de moda no Pazo da Cultura.

Temas: desfile de modamodaUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El Vigo Vertical llegará a uno de los barrios de la ciudad todavía sin rampas ni ascensores
Enfoque

Las próximas rampas que prepara Vigo, de conectar Balaídos al "salto" de Isaac Peral

...

PorAlfredo Teja
14/06/2026
Una 'cheesecake' de Vigo se convierte en la favorita de toda España con su receta "sencilla y auténtica"
Enfoque

Una 'cheesecake' de Vigo se convierte en la favorita de toda España con su receta "sencilla y auténtica"

...

PorSara Rodríguez
14/06/2026
Abierto un casting en Vigo para el rodaje de una serie en la ciudad en 2026
Enfoque

Galicia se convertirá en el escenario un nuevo reality este verano y buscan participantes

...

PorSara Rodríguez
14/06/2026
Vigo se despide por ahora del calor, de los 34º a próximos días con máximas de hasta 25º
Enfoque

Vigo se despide por ahora del calor, de los 34º a próximos días con máximas de hasta 25º

...

PorIván Dacal
14/06/2026
De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación
Enfoque

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

PorUxía Pérez
12/06/2026

A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

17jun20:00Gira Cadena Dial en VigoCONCIERTOS | SAMIL | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X