• Festivos Vigo 2026
  • Festas do Cristo
  • BAP Unión Vigo
  • Calendario Escolar
  • Heladería de moda
  • Película en Galicia
  • Abuela vegana
  • Nuevo local Bouzas
  • Votación murales
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Álvaro Cunqueiro de Vigo muda dúas válvulas do corazón a unha muller sen abrirlle o peito

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/05/2023

Unha técnica nova para operar un corazón sen abrir o peito. Os servizos de Cardioloxía, Cirurxía Cardíaca e Anestesioloxía da Área Sanitaria de Vigo veñen de reportar, por primeira vez en Europa, un dobre reemprazo valvular no corazón de xeito percutáneo.

Segundo explican dende o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, a paciente tratada con este procedemento minimamente invasivo, unha muller de 71 anos con insuficiencia cardíaca, xa está dada de alta e presenta unha evolución favorable.

Másnoticias

Tapas clásicas 'reinventadas' y el marco incomparable de Bouzas, así es el nuevo local que llega a Vigo

07/09/2025
Fiestas de San Roque, en Vigo // FOTOS: ALBA RODRÍGUEZ

Vigo ya tiene sus dos festivos locales para 2026, que cambian con respecto a este año

07/09/2025

Este caso, que foi presentado pola cardióloga Berenice Caneiro no Congreso internacional de Cardioloxía Intervencionista celebrado en Barcelona, resultou elixido gañador como “Mejor caso en intervencionismo estructural” de entre os 60 casos expostos.

Sen abrir o peito

A intervención consistiu  en cambiar as dúas válvulas da paciente, mitral e tricúspide, que non estaban realizando a súa función correctamente, de xeito totalmente percutáneo. Segundo afirma a doutora Berenice Caneiro “o feito diferencial deste caso radica en que é a primeira vez en Europa en que se realiza nunha mesma paciente o recambio de dúas válvulas transcateter, aínda que en tempos diferentes. Ata agora, para substituír estas válvulas requiríase dunha cirurxía convencional, a corazón aberto, o que supón abrir o esternon e, moitas veces, parar o corazón do paciente como na cirurxía extracorpórea”.

Nesta paciente, a substitución da mitral realizouse por “medio de acceso transapical, introducindo o catéter a través da punta do ventrículo esquerdo, cun pequeno orificio entre as costas e o cambio da tricúspide efectuouse a través da vea xugular”, explican dende o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Estas novas técnicas cirúrxicas minimamente invasivas “evitan abrir o peito e parar o corazón, polo que resultan menos agresivas”. Sen embargo, aínda están en fase de desenvolvemento e non resultan unha opción para todos los pacientes, polo que “é necesario que estudar caso por caso para determinar cal resulta a mellor opción para cada paciente”.

“Estamos moi satisfeitos con este caso e con este premio, que foi posible grazas ao traballo en equipo e á colaboración multidisciplinar entre os servizos de Cardioloxía, Cirurxía cardíaca e Anestesioloxía do noso centro”, afirma a doutora Caneiro.

Publicación en revistas internacionais

Este caso “ten xerado moitas expectativas no ámbito da cardioloxía intervencionista e nestes momentos os especialistas xa están preparando varios artigos que vanse publicar nos próximos meses en revistas científicas internacionais da especialidade”, avanzan dende o hospital.

O servizo de Cardioloxía do Alvaro Cunqueiro conta con tres equipos de Hemodinámica dedicados ao intervencionismo coronario e estrutural, que abarca unha serie de procedementos para as cardiopatías conxénitas e adquiridas, nas que se inclúen as enfermidades valvulares, obstrucións arteriais e venosas, ecétera. Este servizo realiza uns 2.000 procedementos diagnósticos e terapéuticos anuais.

Neste senso, o Álvaro Cunqueiro “conta con gran experiencia nos implantes cardíacos transcatéter, o que supoñen un gran avance para os pacientes, que se poden beneficiar dun tratamento eficaz e seguro, sen as complicacións inherentes á cirurxía convencional”.

Temas: Área sanitaria de VigoHospital Álvaro CunqueiroVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

ROSA VEIGA / EP
Enfoque

El fuego de Carballeda de Valdeorras, que empezó a la vez en dos focos, calcina 850 hectáreas

El fuego empezó en dos puntos distantes y, en el terreno entre ellos, fueron surgiendo otros focos. Todo apunta que fue provocado

PorEuropa Press
07/09/2025
Enfoque

Estos son los lugares de Galicia que llegarán a todos los cines de España con el próximo 'taquillazo'

Un nuevo estreno nacional mostrará estas joyas de Galicia, incluso el Entroido. Una película con Óscar Casas, Ana Jara, Antonio Pagudo, Ana Milán y más

PorAlfredo Teja
07/09/2025
Enfoque

Maku Moreno, la "abuela vegana" viral de Salceda: "En Instagram hay más gente joven y de mi rollo"

Maku Moreno lleva sin comer animales desde hace ya 46 años. Ahora hace vídeos en las redes sociales donde muestra todas sus recetas

PorShelly Villaverde
07/09/2025
Enfoque

Tapas clásicas 'reinventadas' y el marco incomparable de Bouzas, así es el nuevo local que llega a Vigo

Una nueva propuesta gastronómica aterriza en Vigo: "Vamos a dar que hablar". Pronto llegará a Bouzas con sus tapas clásicas 'reinventadas'

PorAlfredo Teja
07/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X