O acordo de goberno de progreso na Guarda salta polos aires tras as discrepancias entre os dous socios, PSdeG e BNG. O Grupo Municipal do BNG segue a acusar ao alcalde socialista de “irresponsabilidade” tras seguir “interferindo de forma clara” nas áreas de competencia exclusiva dos nacionalistas.
Despois da reunión mantida coa Comisión de Seguimento do pacto de goberno os concelleiros do grupo constataron "unha vez máis que o alcalde non vai cesar na súa actitude nin na súa intención de seguir interferindo nas nosas competencias”, explican dende a formación frontista.
O BNG explica que “non chegou ao goberno para ser cómplice das políticas continuístas levabas a cabo, por iso solicitamos a baixa na Seguridade Social e renunciamos ao salario, así como ás funcións de Goberno”. Para o portavoz nacionalista, Anxo Baz, “as políticas que desenvolve o PSOE prexudican gravemente á veciñanza da Guarda porque impiden levar adiante o proxecto posto en marcha polo BNG, un proxecto que busca investir en calidade de vida e en benestar social e que ten como eixo central desenvolver espazos que contribúan a atoparse a un mesmo e a relacionarse coa contorna natural e humana”.
O desacordo circunscríbese especificamente ao modelo urbano referente a transformación da rúa Concepción Areal na que o BNG, responsable de Mobilidade e Modelo Urbano, defendía un modelo peonil namentres que o PSdeG de Antonio Lomba apostaba por un modelo mixto. Os nacionalistas acusan a Lomba de intromisión na área de goberno que dependía exclusivamente do BNG.
Nas eleccións, os socialistas sufriron un importante revés ao pasar de ser o partido máis votado a ocupar a segunda posición, pasando de sete a cinco concelleiros. Foron precisamente dous os edís que o BNG logrou gañar, quedándose en cinco representantes.
Ponteareas ha abierto el plazo para solicitar las ayudas para el material escolar. Esta es la cuantía y quién puede optar a ellas
Baiona registró este martes su primer incendio forestal en el entorno de la iglesia de Baredo, aunque se controló pronto
Medio Rural ha actualizado la superficie quemada de varios de los incendios. El de Larouco ha arrasado con al menos 30.000 hectáreas
La multinacional sueca inicia la cuenta atrás para abrir su tienda de 355 metros cuadrados en Vigo, la gran apertura del verano en Vialia
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL