O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno municipal de Vigo "volveu vandalizar” o monumento “Fiestra á liberdade”, instalado no Calvario en homeaxe á resistencia antifranquista, utilizándoo este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello na que se repartían macetas con camelios.
O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou este "novo desprezo" cara a unha peza escultórica que marca un lugar de memoria en homenaxe de “todas as persoas que deron a súa vida en defensa da liberdade”, nun emprazamento no que en xullo de 1936 se ergueran barricadas populares para frear o golpe fascista. É a segunda vez en poucos meses que se utiliza esta peza escultórica de Francisco Pazos, xa que durante o pasado nadal se colocaran ao seu carón atraccións de feira, indican dende o BNG.
“O alcalde que mantén en pé a cruz franquista do Castro e que completou o skyline fascista da cidade coa instalación do Sagrado Corazón na ermida da Guía, volve demostrar o seu profundo desprezo contra a memoria histórica e democrática da cidade, reducindo este monumento no Calvario a un poste”, reprochou Igrexas.
O candidato nacionalista lembrou que foi precisamente por impulso do BNG desde o Goberno municipal que se dignificou este “lugar de memoria”, co monolito inaugurado en marzo de 2011, despois de retirar o escudo franquista da Casa das Artes ou de incluír no rueiro da cidade o nome de represaliadas e resistentes contra a ditadura franquista.
“O desprezo pola memoria histórica é un insulto a todas as e os demócratas. E especialmente inaceptábel e ofensivo cando provén dun alcalde que se afirma progresista e que reivindica ter sido exiliado polo franquismo”, remachou.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL