• Nuevo chiringuito Vigo
  • Víctor Conus Vigo
  • Feria Abril Vigo
  • CC Gran Vía Vigo
  • Corpus Ponteareas
  • Campaña abonados Celta
  • Rías Baixas
  • O Marisquiño
  • Avenida da Hispanidade
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG anuncia unha "ofensiva institucional" ante as queixas polo "parque temático" do Nadal de Vigo

Mercado de Navidad de la Alameda // ADRIÁN IRAGO

Mercado de Navidad de la Alameda // ADRIÁN IRAGO

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/11/2022

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo anuncia unha ofensiva institucional recollendo as queixas da veciñanza diante dos reiterados incumprimentos de diferentes normativas para a instalación do nadal. A fronte nacionalista vén de manter este martes unha xuntaza con representantes da Plataforma de Veciñanza do Centro afectada polo “parque temático” de Abel Caballero para escoitar as súas demandas. “O nadal non pode supoñer deixar sen efecto a aplicación da normativa legal nin tampouco os dereitos das veciñas e dos veciños da nosa cidade, con independencia de onde vivan”, reprochou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que asegurou que “o problema non é nin o nadal nin as luces, que xa existían antes de Caballero e seguirán despois del”.

“Nadal si, por suposto que si, pero non así”, sintetizou o edil nacionalista, que lembrou que o impulso inicial ás luces de nadal en Vigo foi unha iniciativa do BNG desde a Tenencia de Alcaldía e desde a área de Comercio. “O que non podemos tolerar nin compartir é a decisión caprichosa do alcalde de deixar en papel mollado as ordenanzas municipais de ruídos, convivencia, medio ambiente, de limpeza e saúde pública, ademais da normativa de protección patrimonial e de acceso de vehículos de emerxencia”, subliñou.

Másnoticias

Critican los cambios de última hora en los campamentos de verano de Vigo

10/06/2025

Quejas en Vigo por el cierre de camas en el Hospital Álvaro Cunqueiro y en el Meixoeiro en verano

09/06/2025

Acceso ás autorizacións

Nese sentido, Igrexas anunciou que o BNG emprenderá diferentes accións diante destes incumprimentos e da negativa continuada do alcalde a escoitar á veciñanza, que ten solicitado sen éxito unha reunión co rexedor. Entre elas, demandou ter acceso ao plan de autoprotección, ao informe de impacto acústico e ás autorizacións administrativas necesarias para a montaxe do Cíes Market e das atraccións.

Interpelación no Pleno

Por outra banda, adiantou que no Pleno municipal previsto para este mércores, a fronte nacionalista destinará o seu rogo e pregunta para demandar unha rectificación do plan de tráfico, que ten “colapsada” a mobilidade na cidade e supón importantes riscos para a seguridade, e tamén para interpelar sobre que accións vai levar a cabo o Concello de Vigo para dar cumprimento a todas as normativas que están a ser vulneradas.

Actuación de Oficio da Dirección de Patrimonio

En relación ao papel da Xunta de Galiza, o candidato do BNG acusou ao Goberno galego do PP de “inacción cómplice” por desertar das súas competencias. Así, o Bloque vén de dirixirse á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta para instala a actuar de oficio para garantir a protección integral dos xardíns históricos da Alameda como ben cultural catalogado, e cuxa autorización é preceptiva para a montaxe do Cíes Market. “A Xunta do PP decidiu ollar para outro lado, o que signifca permitir estes atropelos en contra dos dereitos da veciñanza e que Abel Caballero faga o que quer durante o período de nadal”, afeou Igrexas.

O concelleiro nacionalista enviou ademais unha mensaxe ao alcalde esixindo que deixe de “insultar, de desprezar e de ignorar” ás veciñas e veciños de Vigo e, por tanto, que reciba á Plataforma. “En democracia escoitar non é unha opción, é sempre un imperativo”, remachou.

“Non somos veciñas e veciños de segunda”

Por parte da Plataforma Veciñanza do Centro, un dos seus portavoces, Manuel Ramos, expresou o agradecemento ao BNG por “darlles a oportunidade de expresar as súas queixas e por escoitar as súas demandas”. Ramos asegurou que “non somos veciñas e veciños de segunda” e reclamou o dereito ao descanso e á intimidade sen que “os poderes públicos invadan a rúa con atraccións”.

O voceiro veciñal lamentou que Abel Caballero rexeite recibilos e negou as acusacións do alcalde de motivacións políticas detrás das súas protestas. “Na nosa Plataforma hai xente de todas as orientacións, o único que pedimos é que se acaban os ruídos, os cheiros e as molestias que non teñen nada de político”.

Temas: BNGNavidad de VigoNavidad en Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El CC Gran Vía de Vigo inicia la cuenta atrás para su próxima inauguración

La superficie comercial ya anuncia el desembarco de una conocida tienda de moda internacional que es una vieja conocida en el centro de Vigo

PorMetropolitano
10/06/2025
Enfoque

Un idílico concello de las Rías Baixas conquista al mundo con su "autenticidad, cercanía y calidez"

A Guarda saca pecho por su "increíble hospitalidad", reconocida en unos galardones internacionales. Así ha conquistado al mundo

PorAlfredo Teja
10/06/2025
Enfoque

El prestigioso cocinero Víctor Conus desembarca en pleno centro de Vigo con su nuevo proyecto gastro

Tras conquistar Vigo con "La Mesa de Conus", ahora este cocinero prepara su próxima apertura. Esto es todo lo que se sabe del nuevo proyecto gastro

PorAlfredo Teja
10/06/2025
Enfoque

Redondela 'blinda' su casco histórico con cámaras para evitar coches no autorizados y vandalismo

Este nuevo sistema evitará que las personas no residentes circulen por el casco histórico, reduciendo de "forma muy significativa" el tráfico

PorUxía Pérez
10/06/2025
Enfoque

A UVigo logra máis de 200.000 euros para impulsar sete proxectos de divulgación científica

PorMetropolitano
10/06/2025

Estrearanse iniciativas como un ‘escape room’, unha rede de escolas azuis e unha nova revista

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X