• Playas norte de Portugal
  • Estación de buses
  • Parque acuático Porriño
  • Incendios en Galicia
  • PortAmérica 2025
  • Próxima apertura Vigo
  • Barrio do Cura
  • Entroido de Verán
  • Fiestas en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG de Vigo considera que "só un cínico pode afirmar que dorme na rúa quen quere"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/12/2019

O Bloque Nacionalista Galego criticou con dureza as declaracións realizadas polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, nas que se reiteraba en afirmar que na cidade “as persoas que dormen na rúa fano porque queren”, asegurando que hai días nos que fican camas libres no albergue municipal. “Só un sociópata ou cínico de record Guiness pode afirmar iso. É absoluta e rotundamente falso”, retrucou o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas.

Igrexas botou man de datos oficiais do propio Concello de Vigo para refutar a afirmación do rexedor. No concreto, lembrou que no informe do albergue municipal do primeiro semestre de 2019 recóllese que durmiron nas súas instalacións 342 persoas diferentes. “342 persoas sen teito para un albergue que conta con apenas 38 camas. Esa é a realidade social”, subliñou. Desde a fronte nacionalista lembran a insuficiencia do servizo que presta o albergue e as deficiencias que teñen sido reiteradamente denunciadas no seu funcionamento. “O que podía explicar Abel Caballero é que no albergue municipal só se pode durmir un máximo de 10 días cada mes”, apuntan.

Másnoticias

VISTA AÉREA DE O CASTRO DE VIGO // Shutterstock / Alexandre Rotenberg

Vigo continúa con la recuperación de O Castro para "seguir recuperando la historia de la ciudad"

05/07/2025
Foto: A Banda da Loba

Lavadores cita a todo Vigo a sus fiestas con dos grandes verbenas y fuegos artificiales

05/07/2025

Para o portavoz municipal nacionalista é inaceptábel negar a emerxencia social da cidade e inda máis “pretender culpabilizar as persoas excluídas da súa situación” xa que a causa real é a falla de alternativas por parte das administracións. A este respeito propúxolle ao alcalde “pasar unha noite á fresca, durmindo por exemplo na acampada que ten diante do Concello para ver a realidade e deixar de dicir parvadas ofensivas”. Igrexas lamentou que o Goberno municipal incorra nun discurso “aporofóbico, de odio ás persoas pobres, e antisocial”, que considera “máis propio de alcaldes fachas que de gobernos que se reivindican progresistas”.

Redobrar esforzos

Desde a fronte nacionalista chaman a redobrar esforzos en políticas sociais recoñecendo que non se trata dunha competencia exclusiva do Concello. “O BNG sempre denunciamos con contundencia a inacción da Xunta en materia de política social e esiximos que o Goberno de Feixóo deixe de abandonar a cidade para enfrontar a situación de emerxencia social que vivimos”, lembran.

No entanto, o edil nacionalista apuntou que “o primeiro dereito de toda cidadá e de todo cidadá é o de poder habitar a propia cidade, o de ter un teito baixo o que vivir e iso en Vigo non está garantido por máis que o negue Abel Caballero”, e citou os exemplos “dramáticos” de persoas que “malmorreron” nun choupano ou na rúa nunha cidade que conta con 267 millóns de euros de orzamento municipal.

Para mellorar o servizo que presta o actual albergue demandan convertelo nun Centro de Emerxencia Social con medidas como aumentar o seu número de prazas, o tempo de estancia, dotalo de habitacións individuais, que se permita o acollemento de animais de compañía, un plan para a súa mellor integración na súa contorna urbana e reforzar os servizos de apoio e asesoramento cunha equipa multidisciplinar en materia de inclusión social.

Temas: BNGVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

VISTA AÉREA DE O CASTRO DE VIGO // Shutterstock / Alexandre Rotenberg
Enfoque

Vigo continúa con la recuperación de O Castro para "seguir recuperando la historia de la ciudad"

Caballero anuncia la inversión de 33.000 euros para restaurar la base de los cañones que están a la entrada de la Fortaleza de O Castro

PorMiguel Alonso
05/07/2025
Imagen de Archivo
Enfoque

Pedro Sánchez dice que confió en Cerdán y Ábalos y asegura que fue traicionado

El presidente del Gobierno dice sentirse traicionado, pero asegura que continuará al frente del Ejecutivo "por responsabilidad"

PorMetropolitano
05/07/2025
Estado de Chandebrito pocos días después de los incendios del 15 de octubre de 2017
Enfoque

Un incendio en Chandebrito revive en los vecinos los recuerdos de la pesadilla de los fuegos de 2017

Efectivos actuantes explicaron que algunas viviendas tuvieron que ser evacuadas ya que las llamas se situaron a 20 metros

PorMetropolitano
05/07/2025
GESTILAR
Enfoque

El TSXG desbloquea el proyecto de urbanización de Barrio do Cura en Vigo

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desbloquea la urbanización completa de Barrio do Cura en Vigo

PorÁngel Vila
05/07/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X