O BNG criticou a nova vaga de recortes asistenciais na sanidade pública en Vigo. A fronte nacionalista considera “intolerábeis” os recortes que volverán deixar a parroquia de Coruxo sen pediatra e suprimirán a atención pediátrica en horario de tarde nos centros de saúde de Navia, Coia, Lavadores e Casco Vello.
“Un verán máis a Xunta do Partido Popular castiga a cidade con recortes sanitarios. Coruxo volverá ficar sen pediatra e catro centros de saúde non terán atención pediátrica pola tarde. É intolerábel”, denunciou o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas.
Igrexas considerou especialmente grave que estes recortes teñan lugar precisamente despois de tres meses de grave crise sanitaria por causa do coronavirus, durante a que se suspenderon moitas citas e non se realizaron algunhas revisións pediátricas. Ademais, o edil nacionalista, advertiu de que a redución da atención pediátrica nos centros de saúde provocará a saturación do Punto de Atención Continuada (PAC), onde malia non haber pediatra son derivadas as urxencias sen cita, ou o servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro.
O portavoz municipal nacionalista fixo un chamamento expreso a que, de cara aos comicios galegos do vindeiro 12 de xullo, as viguesas e vigueses “defendan o seu dereito a unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade”, poñendo fin á “nefasta década de Alberto Núñez Feixóo e a súa política de recortes e privatización”.
“O voto das viguesas e vigueses pode ser decisivo para facer realidade un cambio galego, que acabe cos recortes e que blinde a nosa sanidade pública, para que nunca máis volvan xogar coa nosa saúde e a das nosas crianzas”, reivindicou Igrexas sinalando que a mellor maneira de facelo é apostando polo “proxecto transformador, solvente e en positivo que encarnan Ana Pontón e o BNG”. “A cidadanía viguesa estivemos estes anos a mobilizarnos nas rúas, nun clamor case unánime, en defensa da sanidade pública. O 12 de xullo hai que levar ese clamor ás urnas”, demandou.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL