O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar a redución de frecuencias que afecta a varias liñas de buses urbanos na cidade de Vigo. Malia que o Goberno municipal asegurou que o servizo está funcionando ao cento por cento, após as reducións sufridas durante o confinamento e a desescalada, varias liñas continúan a sufrir recortes.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, fíxose eco das queixas veciñais por estas reducións de servizo. “O C2 en lugar de pasar cada 20 minutos pasa case ao dobre, as liñas 16 e 24 reduciron á metade as frecuencias e tamén hai menos servizos na 4A”, exemplificou.
Igrexas volveu insistir na necesidade de potenciar o servizo de autobús urbano para poñer en marcha unha mobilidade “moderna, eficiente e sustentábel”. Por iso urxiu o Goberno municipal a garantir o cento por cento das frecuencias existentes antes do inicio da pandemia, e a estudar o reforzo con máis buses para evitar aglomeracións.
Por outra parte, o portavoz municipal nacionalista reclamou o retorno aos horarios fixos. “O cambio a frecuencias variábeis confunde á cidadanía e empeorou a calidade do servizo”, asegurou.
Meteogalicia ha activado en los próximos días diversas alertas por mal tiempo en Vigo. Se esperan intensas lluvias, especialmente el viernes
Vigo se despide de un trozo de su historia. Las obras del Barrio do Cura avanzan con la demolición de este histórico restaurante
Los photocalls de la Navidad comienzan a brotar en Vigo. El Casco Vello recupera una de sus escenas más idílicas
El BNG de Vigo denunció la tala de cinco carballos durante las obras de urbanización del Plan Parcial de Navia
As edicións previas de Cátedra Feminismos permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL