O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de pedir que o Goberno municipal actúe ante o "abandono" da Praza da Independencia. A fronte nacionalista recolle as denuncias e queixas da veciñanza da zona, que alertan sobre a "falla de mantemento e de limpeza polo desleixo do Goberno de Abel Caballero".
“Son evidentes os desperfectos, con empedrado levantado, zonas axardinadas abandonadas, falta de limpeza e un elemento tamén moi preocupante como a crecente presenza de vehículos estacionados neste grande espazo peonil”, explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. Entre os estragos, a veciñanza destaca o "estado de deterioro" que presenta o monumento aos heroes da Reconquista, situado no corazón da praza.
“Unha praza que foi emblema no seu momento dese ambicioso e audaz proxecto de humanización real da cidade e de democratización do espazo público, impulsado polo BNG, e que supuxo a súa peonalización como tamén no caso do Calvario”, recordou Igrexas, que lamentou que estes e outros espazos importantes para a veciñanza de Vigo "continúen padecendo a falla de xestión do Goberno local".
“A política non se pode reducir a primeiras pedras e grandes inauguracións”, criticou o edil nacionalista. “Non podemos seguir asistindo a como se degradan diferentes ámbitos da cidade porque alí non se quere poñer o foco propagandístico”, remachou.
El Concello de Mos impulsa un nuevo modelo urbanístico, el "nuevo Puxeiros". Refuerzo de espacios públicos, viviendas y zonas verdes
Estos son los 32 concellos gallegos en los que la Xunta mantiene actualmente la prealerta por "escasez de agua"
Letizia Ortiz vuelve a lucir la moda gallega. Visita una conocida firma ourensana que la vistió en la final del Mundial
Un importante proyecto de recuperación y ampliación de un edificio abandonado en el centro de Vigo se abre paso
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL