O Bloque Nacionalista Galego denuncia o "abandono" por parte do Concello de Vigo do Dolmen da Casa dos Mouros, declarado como Ben de Interese Cultural e parte do catálogo municipal de Patrimonio Histórico. Decenas de persoas convocadas pola fronte nacionalista veñen de realizar esta fin de semana un acto de protesta ao pé desta importante peza para reclamar a súa posta en valor, após ano e medio rodeada cun valado de obra polo Goberno municipal.
“O goberno de Abel Caballero foi incapaz de dar unha soa explicación para manter o Dolmen valado e nun estado lamentábel”, criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que apuntou non ter recibido ningunha resposta ás numerosas interpelacións realizadas desde o Bloque, a última o pasado mes de maio, esixindo actuacións que garantan a adecuada conservación deste elemento chave da arquitectura dolménica da cidade, ubicado na parroquia de Candeán e recuperado nos anos 90 polo propio Concello.
Igrexas cualificou de “inadmisíbel” que o Goberno local continúe a “poñer en risco co seu desleixo” o patrimonio histórico de Vigo. “Abel Caballero menospreza todo o que non pode inaugurar, pensa que a cidade non existía antes dos seus mandatos”, censurou.
Neste sentido, o edil nacionalista pediu ademais unha aposta decidida do Goberno municipal para valorizar o Dolmen da Casa dos Mouros e o conxunto de mámoas de Candeán ampliando o seu coñecemento social a través de campañas e accións divulgativas como parte fundamental do noso legado.
“Malia ser un dos dolmen de maior envergadura e ter un inmenso valor patrimonial, un monumento que é testemuña da historia remota da cidade e das persoas que a habitaron moito antes ca nós, moitas viguesas e vigueses aínda non o coñecen”, lamentou.
Este acto de protesta estivo enmarcado nunha campaña local do BNG baixo o título VigoMáis, iniciada o pasado 13 de maio cun evento para coñecer entidades que traballan en prol da lingua galega. As nacionalistas anunciaron para as próximas semanas e meses novas actividades co obxectivo de seguir poñendo en valor a cultura e o patrimonio da nosa cidade. “Vigo é máis que o parque temático friki do nadal ao que Abel Caballero quere reducir toda a nosa historia”, remachou o concelleiro do BNG.
Ya hay fecha para la construcción de la residencia de mayores de la Fundación Amancio Ortega en Vigo. Las obras arrancan en la ETEA
¿Quieres ayudar a iluminar este árbol solidario? Vigo demostrar su solidaridad encendiendo el único árbol de Navidad que aun no brilla
Desarticulan en Valencia una organización que introducía cocaína escondida entre fruta por el puerto de Vigo. Un duro golpe al narcotráfico
¿Qué importancia le das a la atención cuando vas a comer o a tomar algo? Este concurso de Vigo demuestra la importancia de los camareros
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL