O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de esixir ao Goberno de Abel Caballero que cumpra a ordenanza municipal de Medio Ambiente que impide pendurar adornos e outros elementos decorativos do nadal no arboredo da cidade. A fronte nacionalista reclama que a celebración destas actividades non se volva traducir, "como en anteriores anos", en agresións ambientais que vulneran as normativas e poñen en risco elementos patrimoniais que gozan de especial protección.
“O BNG trasladamos na última Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello a nosa esixencia para que garanta o estrito cumprimento e respecto da normativa”, subliñou o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, de vez que lembrou que “as árbores non son postes, senón un elemento esencial do ecosistema urbano que deben ser protexidos como mandata a ordenanza municipal de Medio Ambiente”.
Igrexas demandou tamén ao Concello de Vigo e á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza que confirmen que o mercado de Nadal que se está montando un ano máis na Alameda, o chamado Cíes Market, conta cos permisos e autorizacións necesarias para ser instalado nuns xardíns declarados como Ben de Interese Cultural e que, polo tanto, contan cunha protección integral.
Ademais, o edil nacionalista insistiu na necesidade de que se realice un “estrito control” para que estas actividades non supoñan un prexuízo para a convivencia e o dereito ao descanso, en particular das persoas que residen nos edificios lindeiros, e que foron motivo de protestas veciñais en edicións anteriores. “O Goberno local ten que garantir que non se vai establecer unha lei da selva na que en favor do nadal de Caballero todo se pode facer”, advertiu.
Desde o BNG aseguran que non se pode cuestionar o cumprimento destas normativas, malia as discrepancias das nacionalistas coa “obsesión de Abel Caballero por reducir a cidade a un gran parque temático do Nadal” e de destinar “inxentes cantidades de diñeiro público a esta finalidade".
El hombre, de 29 años, fue detenido este domingo por la tarde por un supuesto delito de violencia doméstica
¿Pensando en ir al Rallye Rías Baixas 2025? Aquí tienes la guía completa con toda la información sobre la prueba en Vigo y su área
¿Cómo es el lugar ideal para casarse? Estos son los once lugares premiados por la celebración de bodas en sus instalaciones
Más de una docena de concellos de la provincia de Pontevedra estarán tanto el lunes como el martes en aviso amarillo por altas temperaturas
Apuesta por primera vez por el etanol como combustible para su monoplaza y para 2026 piensa en un vehículo autónomo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL