Cando se cumpre un mes da retirada do pediatra de Coruxo e da supresión da atención pediátrica en horario de tarde nos centros de saúde de Navia, Coia, A Dobrada, Casco Vello e Lavadores, o Sergas vén de aplicar un novo recorte co feche dunha planta completa de pediatría no Hospital Álvaro Cunqueiro. O Bloque Nacionalista Galego criticou con dureza esta decisión e vén de reclamar que a Xunta do Partido Popular rectifique e reverta eses recortes.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou que este novo recorte ten lugar apenas uns días despois das eleccións do pasado domingo e após semanas nas que a xerencia da EOXI prometera de maneira reiterada que non se ían fechar camas no Hospital Álvaro Cunqueiro.
“Desde o Bloque Nacionalista Galego esiximos unha rectificación. O BNG esixímoslle ao Partido Popular que deixe de recortar na atención sanitaria das nenas e dos nenos, que deixen de poñer en risco a saúde das nosas fillas e fillos, e que reverta de inmediato tanto o fechamento da planta do HAC como os recortes na atención primaria”, reclamou Igrexas.
Aliás, o edil nacionalista advertiu de que a redución da atención pediátrica nos centros de saúde provocará a saturación do Punto de Atención Continuada (PAC), onde malia non haber pediatra son derivadas as urxencias sen cita, ou o servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro. “Con estes recortes Feixóo vén de decretar que as crianzas de Vigo e a súa área non poden enfermar durante o verán. É intolerábel”, afirmou .
O portavoz municipal nacionalista subliñou a gravidade destas decisións lembrando que nos atopamos nun contexto de “pandemia pola COVID19 que inda non superamos e cheo de incertezas e riscos a nivel sanitario”. “Non podemos aturar e non imos permitir que se poña en risco a saúde da poboación infantil da área sanitaria de Vigo”, remachou.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL