O Bloque Nacionalista Galego levará ao Pleno do Concello de Vigo do vindeiro mércores, a través dun voto particular as alegacións que o movemento veciñal da cidade formulou ao proxecto de orzamentos municipais do vindeiro ano 2024.
Así o vén de anunciar o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que volveu criticar que o proxecto orzamentario son “unhas contas elaboradas sen contar con ninguén, sen ningún tipo de escoita, de diálogo e participación". Ademais, Igrexas incide en que "foron aprobadas inicialmente rexeitando todas e cada unha das 138 emendas que propuxemos o BNG e que agora pretenden aprobar definitivamente dicindo non ás demandas do tecido asociativo, inadmitindo as alegacións da AV de Teis, da AV de Lavadores e da FAVEC".
Segundo explica o BNG de Vigo a través dun comunicado remitido aos medios de comunicación, estas alegacións, dentro do proceso de información pública obrigatorio, foron o único medio co que as entidades pudieron trasladar as súas demandas e achegas. As propostas veciñais recollen cuestións como aumentar os recursos para o mantemento das rúas e espazos públicos da cidade, para dotar de máis medios as políticas sociais do Concello, para garantir a continuidade dun servizo esencial como a ludoteca de Lavadores, ou atender o reclamo da veciñanza de Teis para axilizar o amaño da piscina de Coutadas, habilitar a piscina da ETEA, garantir que se vai abrir unha biblioteca no barrio ou mellorar o parque da Riouxa.
“O BNG cremos que estas propostas merecen ser debatidas e votadas por parte do Pleno, e por iso as incluímos nun voto particular que vai obrigar ao Goberno municipal a pronunciarse máis alá do trato burocrático que lle quixo dar ás demandas veciñais”, defende Igrexas, que volveu insistir na idea de que “a cidade merece uns orzamentos que dean resposta ás necesidades reais das viguesas e dos vigueses, que poña fin ao abandono dos barrios e parroquias, e non apenas unhas contas elaboradas ao antollo e capricho de Abel Caballero”.
El Galician Freaky Film Festival desveló cuál fue la mejor tapa de su ruta gastronómica "freak" de su última edición
La bodega, Terras Gauda, recurrirá la sanción al considera que es algo "injusto, desproporcionado y no ajustado a derecho"
El PSOE defiende en sus enmiendas una transferencia de competencias de la AP-9 que "garantice la bonificación de los peajes"
Solo un mes después de su estreno en Netflix y tras arrasar en toda España, "Animal" confirma su segunda temporada. Así lo han anunciado
Será la líder de la candidatura de Nós Universidade en las elecciones de mayo, a las que también se presentará Belén Rubio por la H2040
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL