O Bloque Nacionalista Galego demandou esta mañá unha mellora do “rotundamente insuficiente” servizo de autobús urbano até o hospital Álvaro Cunqueiro. O concelleiro do BNG na cidade de Vigo, Xabier P. Igrexas, considerou que o problema non se resolve cun “retoque no percorrido dunha das liñas”, en alusión ao cambio anunciado na H1, senón que esixe da posta en marcha de novas lanzadeiras e un aumento das frecuencias nas liñas xa existentes.
Igrexas explicou que neste momento as catro liñas en funcionamento non atenden a necesidade de transporte cara a unha dotación tan importante como é o novo hospital. “Temos unha liña H, que só conecta Navia cun único bus os días laborábeis a primeirísima hora da mañá. Unha H1 con buses cada hora pero sen servizo en fins de semana. Unha H2 con frecuencias de 30 minutos, claramente insuficientes. E unha H3 que só realiza dúas viaxes en días laborábeis en horario de mañá”, explicou. En relación á liña H3 o concelleiro quixo recoñecer que a súa posta en marcha fora resultado da loita da veciñanza de Teis, pero recalcou que esas frecuencias non atenden as necesidades da cidadanía.
Desde a fronte nacionalista instan a unha melllora substancial do servizo de bus ao Hospital Álvaro Cunqueiro, para o que reiteran a necesidade de despregar novas liñas lanzadeira. No concreto, suxiren a creación dunha nova liña desde a praza dos Cabalos e doutra desde Navia-Coia, mais demandando que se estuden outras necesidades e que se atenda tamén a conexión de todos os barrios e parroquias.
Por outra parte, Igrexas reclamou que se aumenten as frecuencias en todas as liñas existentes, para garantir un bus cada 15-20 minutos, o que facilitaría o transbordo e reduciría os tempos de viaxe “maratonianos” que hoxe padecen as viguesas e os vigueses.
“A cuestión non está en que se modifique por onde baixa un bus. O problema, do que se cadra Abel Caballero non se enterou inda, é que apenas hai buses para ir ao hospital”, concluíu o portavoz municipal nacionalista.
Los recorridos de +Bosques en la provincia agotaron sus plazas en cuestión de minutos. Habrá nuevas rutas en agosto y septiembre
Dos incendios forestales se originaron la pasada noche en el área de Vigo. Uno se registró en Gondomar y el otro en Salceda
Galicia registra más de 370 incidencias en la noche durante la noche. Más de una veintena de ellas se registraron en Vigo
El próximo 1 de julio se celebrará en Nigrán un pleno extraordinario para aprobar provisionalmente el nuevo PXOM, ya subido a su web
La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL