O Bloque Nacionalista Galego "volve demandar" dous novos Puntos de Atención Continuada (PAC) en Vigo diante da situación “límite” da Atención Primaria e das Urxencias hospitalarias na cidade. Así o reiterou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após unha nova xornada cunha presión asistencial récord na cidade, con case 600 persoas no Hospital Álvaro Cunqueiro este pasado luns.
“Cando hai que agardar de media 10 días para ter cita no centro de saúde e cando o PAC de Pizarro está saturado, a consecuencia é que a xente acuda ás Urxencias hospitalarias para procurar a atención médica que precisan”, afirmou Igrexas, que "culpou desta saturación" á Xunta de Galiza por ter os centros de saúde de Vigo “ao borde do abismo”, sendo unha das área sanitarias do Estado con maior carga asistencial por profesional.
O portavoz do BNG reiterou a proposta de abrir estes dous novos PAC nas contornas de Navia-Coia e Teis como solución para aliviar a presión no centro de Pizarro, ademais de desconxestionar os centros de saúde e as propias Urxencias do Álvaro Cunqueiro. “Esta medida é perfectamente asumíbel e só esixe de vontade política, e sería un paso positivo para garantir o dereito a termos unha sanidade pública de calidade”, subliñou.
Dende a fronte nacionalista puxeron tamén o foco sobre "a falla de atención pediátrica no actual PAC e as dificultades para ter cita este verán en moitos centros de saúde por ausencia de especialistas, que se traduciron este pasado luns na asistencia de preto dunha centena de crianzas e menores de 15 anos ás Urxencias hospitalarias". Nese sentido, demandou "dotar deste servizo especializado no centro de Pizarro como nos dous novos puntos propostos".
Igrexas considerou que esta situación é a “crónica dun desastre anunciado" por causa da “privatizacións e recortes” impostos polo Goberno galego en contra da sanidade pública. “Temos que esixir novamente ao PP que deixe de xogar coa saúde das viguesas e vigueses”, subliñou o voceiro nacionalista, de vez que urxiu unha “emenda completa” das políticas sanitarias na cidade, principiando por reforzar a Atención Primaria.
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
Redondela ha inaugurado oficialmente su Festa da Coca. Un fiestón que promete conquistar todo el área de Vigo
Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos
El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL