• Ponte Caldelas
  • Campo girasoles Portugal
  • Nuevo local Vigo
  • Gira Cadena Dial Vigo
  • Calendario Laboral 2027
  • Plaza España Vigo
  • Festivos Galicia 2027
  • San Xoán Vigo
  • San Xoán Nigrán
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O BNG denuncia a eliminación do Apalpador nas actividades da Deputación de Pontevedra

O BNG denuncia a eliminación do Apalpador nas actividades da Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/11/2023

O grupo do BNG na Deputación de Pontevedra vén de criticar “a nula sensibilidade e interese por defender a lingua e as tradicións galegas” do novo goberno provincial do PP ante a eliminación das actividades do Apalpador para este Nadal. Segundo a anterior responsable da área de Lingua na institución provincial, María Ortega, a decisión supón “un novo ataque” do Partido Popular á identidade do país que, ademais, deixa aos concellos sen a programación provincial habitual a menos dun mes de que comecen as festas.

Ortega destaca que o anterior goberno, coa parte nacionalista á fronte da área de Lingua, decidiu retomar en 2015 a figura do Apalpador co ánimo de promover o uso e dinamización do galego entre a xente miúda e preservar as tradicións propias, en concreto o Nadal na Galiza. “As actividades do Apalpador eran un momento de ‘amor’ ao Nadal galego co ánimo de non ceder ante protagonistas alleos”, apunta a nacionalista.

Másnoticias

Fornelos de Montes, el paraíso natural de la comarca de Vigo en el que reina la riqueza fluvial

De aguas cristalinas y con chiringuito, así es esta idílica playa fluvial a 40 minutos de Vigo

13/06/2026
Uno de los mejores festivales gratuitos de Galicia arranca en Pontevedra, vuelve Surfing the Lérez

Última oportunidad para salvar uno de los mejores festivales gratis de Galicia, el Surfing The Lérez

12/06/2026

A deputada subliña que a decisión de prescindir do Apalpador unicamente se pode entender dentro da ideoloxía “máis rancia e antigalega” do PP provincial. Destaca que as actuacións eran solicitadas por concellos de todo signo político, tanto populares, socialistas como nacionalistas, con moito interese tendo un grande éxito de público: só na súa oitava edición, no 2022, os pasarrúas e espectáculos foron presenciadas por máis de 10.000 persoas.

Neste sentido, critica que o goberno de Luís López está deixando "moi claras" as súas políticas sobre o idioma, posto que “non lle chega con amosar pouco interese polo galego ao reducir o orzamento para 2024 e diluír o departamento de Lingua dentro do de Cultura, senón que tamén desfai o xa proxectado polo anterior equipo de goberno para este ano. Non queren deixar en pé iniciativas de éxito que permitan que o galego agrome nas crianzas”, subliñou, destacando que o custe económico da iniciativa apenas ascendía arredor de 300 euros por concello.

A nacionalista insistiu ademais en que os pasarrúas e actuacións do Apalpador "non só eran unha actividade de defensa da lingua galega". Salientou que a figura do Nadal galego tamén aproveitaba para falar do necesario respecto ao ambiente, de hábitos alimenticios saudables e de igualdade. “Unha figura así, que defende a lingua, só lle pode molestar a quen tamén nega o cambio climático, a quen permite que os menús escolares sexan de pésima calidade como comprobamos nos centos de ensino da provincia -ou a base de pizza e hamburguesa como defendía Ayuso en Madrid-, ou a quen xustifica as políticas máis sexistas e contrarias aos dereitos da muller da ultradereita”, fixo fincapé a deputada.

Por outra banda, Ortega tamén criticou a "pouca transparencia e comunicación" cos concellos para comunicar a decisión. Destacou que moitas Alcaldías preguntaron polo Apalpador nos últimos meses sen ter resposta de se ían manterse as actuacións na provincia (43 en 2022).

“Xa sospeitabamos que isto podería acontecer. Pero aos concellos déronlle a calada por resposta, á espera do que decidisen dende o departamento de Cultura, sen saber se o podían incluír ou non nas programacións municipais de Nadal. Quedaron ‘tirados’ con todo cancelado a apenas un mes das festas”, insistiu a nacionalista. Asegurou que da programación alternativa supostamente organizada pola Deputación non se sabe nada, “polo que moi probablemente quedará nun acendido de luces nas instalacións administrativas e nos Castelo de Soutomaior e Sobroso”.

Temas: Deputación de PontevedraPontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El BNG de Vigo pregunta al Concello por qué no se precintó el Saltamontes si no tenía autorización
Enfoque

Queja a la Valedora do Pobo de Vigo por la "negativa" de Caballero a hablar en el pleno del caso Saltamontes

El BNG acude a la Valedora do Pobo por el "veto" de Caballero a su propia comparecencia en el pleno sobre el caso Saltamontes

PorMiguel Alonso
17/06/2026
Buscan por tierra y aire a un hombre tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
Enfoque

Buscan por tierra y aire a un hombre tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas

El hombre acabó abandonando al bebé en una zona cercana a la casa rectoral y el cementerio. Él sigue en búsqueda y captura

PorÁngel Vila
16/06/2026
Visita a un velero, viajes en barco al atardecer o kayak: así es la Semana Azul de la Ría de Vigo
Enfoque

Reunión clave en Vigo para impulsar la ETEA, avanza el aparcamiento y preocupa el suministro eléctrico

Zona Franca prevé tener el proyecto de la ETEA antes de fin de año y la Xunta le urge tramitar el suministro eléctrico

PorUxía Pérez
16/06/2026
El "Serán dos Namorados máis grande do mundo" se celebra en el área de Vigo por San Valentín
Enfoque

Un macropuente, cuatro fines de semana largos y un puente, las claves de los festivos de 2027

Con el calendario laboral de Galicia ya aprobado para 2027, ahora toca analizar los puentes y fines de semana de tres días que habrá

PorMiguel Alonso
16/06/2026
De Galicia a lo más alto, estudiantes de la UVigo competirán con su cohete a nivel nacional
Enfoque

De Galicia a lo más alto, estudiantes de la UVigo competirán con su cohete a nivel nacional

PorMetropolitano
16/06/2026

Estudiantes de Vigo y Ourense representarán a Galicia en esta competición de cohetes. Un equipo de la UVigo que aspira a lo más alto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

17jun20:00Gira Cadena Dial en VigoCONCIERTOS | SAMIL | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X