O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar publicamente que o espazo xuvenil ‘Vigosónico’, de titularidade municipal, leva fechado máis de sete meses e non hai unha data prevista para a súa reapertura. O concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, explicou que o espazo fora pechado no inicio do confinamento pero que a día de hoxe inda non reiniciou a súa actividade por causa de ter en suspenso, desde o pasado 2 de xuño, o proceso de contratación do seu servizo de xestión.
Igrexas lembrou que ‘Vigosónico’ naceu en marzo de 2011 como emblema da política xuvenil que o BNG quixo poñer en marcha na cidade, "como resultado do esforzo daquela da concellaría e mais da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, naquela altura ambas as dúas baixo dirección nacionalista".
“As instalacións de Vigosónico atendían a máis de 80 grupos e bandas musicais viguesas, que facían uso dos seus locais de ensaio, dos espazos de gravación ou das actividades de formación músical, con cursos, obradoiros e master class. Máis de 500 mozas e mozos visitaban cada semana as súas dependencias, onde se desenvolvían tamén actividades de lecer alternativo”, explicou o portavoz municipal nacionalista.
Desde o Bloque inscriben a situación de Vigosónico dentro da “nula política xuvenil” do actual Goberno municipal. “O único que fixo o Goberno de Caballero para a mocidade viguesa foi botar o peche ao programa Súbete ó Castro, facer desaparecer os Castroconcertos, clausurar o Punto Xove e deixar a Casa da Xuventude sen apenas servizos. E agora, paralizar a única instalación que prestaba servizo á xente moza da cidade”, resumíu Igrexas.
Esta cuestión xa motivou unha interpelación da fronte nacionalista nas Comisión Informativa de Xuventude o pasado 23 de setembro, sen ter recibido inda resposta do Goberno municipal de cando se vai reanudar a actividade en Vigosónico.
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
Redondela ha inaugurado oficialmente su Festa da Coca. Un fiestón que promete conquistar todo el área de Vigo
Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos
El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL