O BNG esixiu, o pasado luns, a retirada de "toda a simboloxía fascista das rúas de Vigo" e, ademáis, denuncia a "impostura e cinismo" do goberno de Abel Caballero coa memoria histórica. Así o afirmou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após celebrarse o pasado domingo o acto institucional do Concello de homenaxe aos alcaldes de Vigo e Lavadores e outros deputados e sindicalistas, asasinados en 1936 nos muros do cemiterio de Pereiró.
“Un recoñecemento necesario mais insuficiente”, subliñou Igrexas, que afeou que "87 anos despois permanezan na cidade monumentos e símbolos erixidos polos responsábeis dos fusilamentos de Emilio Martínez Garrido, José Antela Conde e de tantos e tantas demócratas de Vigo que defenderon mesmo coa súa vida a lexitimidade democrática fronte ao horror do nacionalcatolicismo".
Nese sentido, o portavoz nacionalista propuxo a creación dunha comisión municipal para avanzar na retirada efectiva de todos os símbolos e vestixios da “fatídica e infame” ditadura franquista, nomeadamente da cruz fascista do Castro, que “ofenden a todas e todos os demócratas da cidade”.
“Dende o BNG non queremos que en Vigo quede o máis mínimo rastro desa etapa de terror, sangue e represión”, asegurou Igrexas. “É momento de que o Concello de Vigo retome un compromiso real para a recuperación efectiva da memoria histórica e democrática”, reclamou.
Na mesma liña, o voceiro do Bloque considerou necesario "poñer en valor e dignificar os lugares da memoria na cidade". “Hai que lembrar a quen matou o fascismo, por que mataron e a que entregaron a súa vida os moitos heroes e heroínas que defenderon coa súa vida as liberdades democráticas que hoxe seguimos a reivindicar plenamente”, remachou.
El Paseo de O Con, en Moaña, es uno de los principales "puntos críticos" en la costa gallega por el cambio climático
Buena parte de Galicia está este viernes en alerta por lluvias y fuertes tormentas. Estos son los casi 200 concellos afectados por el aviso de Aemet
Este 25 de julio de 2026 es festivo al celebrarse el Día Nacional de Galicia, pero algunos supermercados abrirán sus puertas en Vigo
Una persecución policial a lo GTA acaba con dos agentes siendo atendidos en un hospital de Vigo: el infractor acabó huyendo
Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL