O Bloque Nacionalista Galego vén de mostrar este martes a súa oposición o proxecto eólico Albariño I polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico” na serra da Groba. Desde a fronte nacionalista presentaron alegacións para esixir que se denegue a autorización administrativa para a instalación neste espazo natural dun parque que afectaría aos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia.
“É un exemplo máis dese modelo especulativo e depredador do PP, que defende únicamente o lobby eléctrico, que beneficia ás multinacionais pero que prexudica o medio rural e o medio ambiente de Galiza”, advertiu a deputada nacionalista no Parlamento galego, Carmela González. En contraposición, defendeu o modelo do BNG que “é poñer o vento o servizo do país, dos galegas e galegos”.
Unha representación institucional e orgánica do BNG dos concellos do Val Miñor concentrouse no Alto da Groba para demandar a paralización do proxecto. Entre eles, o concelleiro do BNG en Baiona, Iago Pereira, que puxo en valor o “enorme potencial patrimonial, arqueolóxico, paisaxístico e natural” que se vería ameazado por este “agresivo” proxecto eólico. “Vai supoñer unha modificación que afecte as aves de paso, a flora e a fauna, as vías fluviais, así como a funcionalidade do monte, moi importante nestas zonas entre outras pola actividade gandeira”, explicou Pereira.
Por estes motivos, desde o BNG presentaron un escrito de alegacións diante da Consellaría de Economía, Empresa e Innovación esixindo a denegación da autorización administrativa e rexeitando o intento de declarar como de utilidade pública a posta en marcha do parque eólico Albariño I. A fronte nacionalista criticou nese sentido a cualificación por parte da Xunta dos impactos como moderados, "malia as numerosas afectacións que vai ter sobre o entorno", aseguran.
Miles de personas abarrotaron Castrelos y Praza da Estrela para animar a España en su histórico triunfo ante Argentina
En la parroquia de Reboreda, la inversión global del Concello asciende a 101.765 euros, distribuida en tres viales
Un amplio dispositivo de búsqueda, coordinado por Portugal, busca a un joven de 23 años que fue arrastrado por la fuerza del agua del Miño
Los cuatro restaurantes de Galicia que deberías visitar si todavía no lo has hecho para disfrutar de una gastronomía de primer nivel
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL