• Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • La Vuelta
  • Proyecto turismo
  • Eclipse lunar
  • 120 años de bar
  • Celta 360
  • Reapertura vintage
  • Urbanismo Vigo
  • Festas do Cristo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG pide tomar medidas para loitar contra o encarecemento da vivenda en Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
09/01/2023

O Bloque Nacionalista Galego culpa á “inacción” do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia en materia de vivenda da “expulsión” de miles de habitantes da cidade. A fronte nacionalista insistiu este luns na urxencia de medidas que faciliten o acceso social a este ben esencial para frear a perda de poboación na cidade, con 3.000 persoas menos desde 2019, e lamenta as continuas negativas de ambos gobernos ás alternativas do Bloque.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, valorou estes datos oficiais de poboación, recollidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), como “unha evidencia do alcance do gravísimo problema da vivenda na cidade” e de que “son cada vez máis as persoas e familias traballadoras que non se poden permitir literalmente o luxo de viviren en Vigo”. Así, lembrou que é a cidade galega cos prezos máis caros tanto en compra como en alugueiro, con incrementos neste último de até un 40% en cinco anos.

Másnoticias

Foto: Chris Harwood / Shutterstock

Cómo ver en Galicia la "luna de sangre", el eclipse lunar total de este domingo

06/09/2025

Así reabrirá una tienda del centro de Vigo con una apuesta por las camisetas retro de fútbol

06/09/2025

“A día de hoxe micropisos de apenas 20 metros cadrados teñen un custo equivalente a máis do 50% do salario mínimo”, alertou Igrexas, que subliñou que na actualidade é maior a oferta de pisos para usos turísticos que as vivendas dispoñíbeis para alugueiro residencial en Vigo, e todo malia contar con máis de 18.000 vivendas desocupadas.

O candidato do Bloque lamentou que, pese a este duro contexto, as propostas e iniciativas nesta materia defendidas pola fronte nacionalista foran “continuamente rexeitadas” polos Gobernos municipal e galego. “O BNG levamos moito tempo a reclamar accións concretas para facilitar o acceso social, mais a resposta de Abel Caballero e de Alfonso Rueda foi exactamente a mesma: non facer nada”, reprochou.

Neste sentido, cuestionou que nos últimos anos a política de vivenda da Xunta se limitara en Vigo a promover “uns poucos” inmóbeis a través do Consorcio do Casco Vello. Por parte do Concello, afeou o compromiso do alcalde, Abel Caballero, de construír 6.000 vivendas protexidas das que, 15 anos despois, non se fixo ningunha.

Alternativas en vivenda para Vigo

“O único que fixo o goberno do PSOE en materia de vivenda foi utilizar a súa maioría absoluta no Pleno para tombar as nove medidas concretas que lle trasladamos o BNG”, criticou o edil nacionalista, que anunciou que no vindeiro Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, previsto para este martes, trasladará novamente estas propostas para evitar que “sigamos expulsando familias traballadoras a outros concellos” e que “a mocidade de Vigo non poida emanciparse e emprender o seu proxecto de vida”.

Entre elas, Igrexas destacou a necesidade de poñer en marcha unha Axencia Local de Vivenda Protexida e Social como instrumento que permita desenvolver un parque municipal de vivendas a prezos asequíbeis, no que chamou a incorporar miles de vivendas desocupadas na cidade, en especial aquelas propiedade da Sareb e de entidades financeiras rescatadas con fondos públicos mediante a subscrición de convenios.

Ademais, o concelleiro do BNG insistiu na necesidade dun Plan Municipal Facilitador do Alugueiro para combater o endurecemento das condicións de acceso á vivenda, con esixencias económicas e de garantías cada vez maiores, para que o Concello asuma e responda polos avais e seguros para formalizar os contratos, así como unha liña de axudas para anticipar os pagos das fianzas e permitir a súa devolución en 24 meses sen xuros. E diante da proliferación de pisos con fines turísticos, a fronte nacionalista urxe frear este incremento coa elaboración dunha ordenanza municipal que regule o fenómeno.

Temas: BNGVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

La Xunta recibe una veintena de solicitudes de ayuda para la reconstrucción tras los incendios

Las ayudas pueden alcanzar casi 150.000 euros en el caso de viviendas habituales. El Gobierno gallego promete "máxima celeridad"

PorEuropa Press
06/09/2025
Enfoque

Restaurante, hotel, spa y miradores, así es el proyecto para reformar una casa en Galicia

El proyecto de la Casa do Outeiro incluye una zona de spa, una piscina con vistas, bosque y cuevas. Así es la propuesta para la reforma

PorMiguel Alonso
06/09/2025
Enfoque

El "bar de pueblo" que ha llegado a los 120 años vive su jornada más especial en Mos

Casa Gallardo celebra su histórico aniversario convertido en el restaurante más longevo del área de Vigo y uno de los de más solera de Galicia

PorUxía Pérez
06/09/2025
Deportes

Las obras en Mos del proyecto Celta 360 van "incluso más rápido de lo esperado"

El director de infraestructuras y relaciones institucionales del RC Celta, Carlos Cao, avanza la situación de las obras de Celta 360 en Mos

PorMiguel Alonso
06/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X