O BNG vén de solicitar que se tomen medidas "valentes" incluído un confinamento total de dúas semanas se a curva non se aplana de xeito inmediato nos próximos días. O Bloque apóiase nos datos que mostran que a terceira onda é tan virulenta como a primeira, con cifras de contaxios, hospitalizacións, ingresos en UCIS e falecementos "inasumibles".
“As restricións non están a ser efectivas nin suficientes e por iso pedimos que se tomen medidas valentes e damos ese paso cunha proposta contundente: se nos próximos días non se logra aplanar a curva, senón se logra frear o ritmo de contaxios, hospitalizacións e falecementos, -o dato máis dramático-, pedimos ao Goberno da Xunta e ao Goberno do Estado un confinamento que permita frear a cadea de contaxios e salvar vidas”, demandou a portavoz nacional, Ana Pontón, en rolda de prensa.
“A ninguén lle gusta o confinamento, é unha medida moi dura, pero hai que poñela sobre a mesa canto antes se os datos non melloran de xeito substancial e inmediato. Non é asumible a escalada do virus”, explicou a líder nacionalista, subliñando que houbo un confinamento en marzo “con cifras menores”.
En termos sanitarios, o descontrol deste terceira onda repercute tamén na saúde xeral da cidadanía, porque volve haber un aprazamento de intervencións afectando de cheo a doentes con outras patoloxías que non son COVID.
Pontón volveu insistir na "falaz dicotomía saúde-economía", recalcando que canto antes se controle a crise sanitaria antes se poderá levar a cabo a reactivación económica. De feito, estudios académicos demostran, segundo asegura a portavoz nacionalista, que o custe en vidas "é menor e que a economía sofre a metade con medidas duras".
Neste contexto, Pontón propón superar as medidas “brandas” e ir a un confinamento no que se habiliten axudas para manter o emprego e a actividade económica durante o tempo que duren as restricións, utilizando para iso unha parte dos 70.000 millóns de euros dos fondos europeos e os orzamentos expansivos da Xunta e Goberno central. “É necesario que os fondos cheguen á economía real, que cheguen aos sectores e ás persoas que máis sofren a crise. Sería unha fraude usar eses recursos para engordar ás eléctricas e ás multinacionais”, indicou.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL