O Bloque Nacionalista Galego vén de cuestionar este venres o retorno económico “récord” que supón o Nadal en Vigo. A fronte nacionalista sinala que os datos oficiais en materia de emprego desminten de maneira rotunda o “relato fantástico” do alcalde, Abel Caballero, tras rematar esta última campaña con apenas 39 persoas paradas menos na cidade.
“Falamos dunha reducción marxinal, de só o 0,19%, o menor impacto en termos de emprego do Nadal dos últimos anos”, salientou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que detallou como a campaña de 2020, malia celebrarse durante unha fase aguda da pandemia, rematou con 206 persoas menos nas colas do desemprego, mentres que no ano 2019 foron 378 as viguesas e vigueses que encontraron traballo nesas datas.
A fronte nacionalista sinala que esta tendencia tamén revelase na Enquisa de Poboación Activa (EPA). Este indicador reflicte como no último trimestre de 2021 había 500 persoas ocupadas menos en Vigo que durante os tres meses anteriores. “E rexistra un dato moi preocupante: a destrución de 2600 empregos no sector servizos nun só trimestre”, engadiu Igrexas, que lembrou como a cidade perdeu 13 mil postos de traballo desde 2009.
“Diante desta situación, o BNG temos que insistir en demandar o alcalde menos propaganda e paseos polas televisións e máis políticas efectivas en favor da promoción económica e da creación de emprego”, esixiu o edil nacionalista, que chamou a redimensionar e reorientar o Plan Municipal de Emprego. “Esta cidade non podemos seguir a soportar a irresponsabilidade de destinar menos da metade a políticas de emprego do que se gasta no Nadal en Vigo”.
Igrexas reclamou que o alcalde “asuma as súas responsabilidades e se poña á cabeza” na demanda dun cambio radical das políticas industriais, económicas e produtivas tanto da Xunta de Galiza do PP como do Goberno español de PSOE-Unidas Podemos. O concelleiro do Bloque censurou que o alcalde de Vigo non teña convocado o Consello Social da cidade, como prometeu hai unhas semanas, para abordar a grave crise industrial e a situación límite que ameaza un sector estratéxico para a economía local como o naval.
El BNG recurrirá la negativa de Caballero a comparecer en el pleno del caso Saltamontes. Señala una posible prevaricación
Caballero desvela nuevos avances en las obras de Galaídos: adiós a la supletoria en Gol, pero la afición ya se podrá sentar en la nueva grada
El evento celebrado en Vigo contó con casi 500 representantes del mundo de la empresa, la economía, la sociedad civil y las instituciones
O Porriño logra entregarle una invitación formal a su vecino más ilustre, el Papa León XIV. Está demostrado que tiene raíces en allí
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL