• Macroplan Vigo Mar
  • San Roque Vigo
  • Qué hacer en Vigo
  • Galicia Fest
  • Nigranjazz
  • Reabre ascensor
  • Ley Food Trucks
  • Celta 360
  • Verbeneo Total
  • Chef Viral
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG urxe en Vigo o reforzo da Atención Primaria e alerta da súa "situación límite"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
19/04/2021

O Bloque Nacionalista Galego urxe o reforzo da Atención Primaria na área sanitaria de Vigo e alerta da "situación límite e risco de colapso" pola falla de persoal. A fronte nacionalista chama a participar nas mobilizacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública para este mércores, 21 de abril, para reclamar a normalización da atención presencial e máis persoal sanitario para os centros de saúde.

A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, compareceu esta mañá en rolda de prensa na cidade de Vigo, acompañada do portavoz municipal nacionalista na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, para abordar a situación sanitaria na área de Vigo e, singularmente, a “situación límite” da Atencion Primaria.

Másnoticias

Denuncian la situación "lamentable" de la Praza da Independencia en Vigo

17/07/2025

Culpan a la Xunta de la "saturación" en el servicio de Urgencias del Álvaro Cunqueiro de Vigo

16/07/2025

Prado esixiu unha mudanza radical nas políticas sanitarias aplicadas polo Partido Popular, reclamando a posta en marcha dun plan de choque para reforzar a atención sanitaria fronte a Covid19, así como o reforzo substancial en medios humanos e materiais da Atención Primaria. A nacionalista demandou tamén que se normalice a actividade presencial nos centros de saúde. “A mellora da atención sanitaria que precisamos non virá nin de aplicacións móbiles, nin de telemediciña. Necesitamos máis profesionais sanitarios e sanitarias, máis medios”, reclamou.

Prado advertiu que para enfrontar as máis de 350.000 galegas e galegos que están en listas de agarda sanitarias, cómpre despregar medidas efectivas con máis recursos e persoal, fronte ao que cualificou de “propaganda e anuncios de botafumeiro” ofrecidos até o momento polo Goberno galego.

Falta persoal

Pola súa parte, o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, subliñou que os problemas estruturais que xa padecía a Atención Primaria na área sanitaria viguesa víronse agravados no último ano de pandemia. Neste sentido, Igrexas apuntou que a “importante falla de persoal” está a producir a sobrecarga dos e das profesionais, demoras de semanas para lograr unha cita e a xeneralización da atención telefónica. Unha situación que ten, segundo sinalou, “efectos moi negativos na saúde das persoas”, nomeadamente nos e nas doentes crónicas e sectores vulnerábeis. “A día de hoxe estanse atrasando curas e non se pode realizar un seguimento en condicións de pacientes crónicos para priorizar a dispensación da vacina. É claro que co mesmo persoal, que xa era insuficiente, non se pode asumir cada vez máis e máis carga de traballo”, exemplificou.

En relación ás dificultades para recibir un axeitado seguimento médico, Igrexas denunciou que se están dando casos nos que “un mesmo paciente é atendido en cada cita por un profesional diferente”. Neste sentido, o edil nacionalista salientou a denuncia pública realizada hai poucos días pola médica residente, María Vieites, de que “hai xente que leva un ano sen ver o seu médico”.

Perspectivas perigosas

Neste contexto desde a fronte nacionalista advirten da perigosa perspectiva que se abre nos vindeiros meses coincidindo co período estival. “Tememos novos recortes que acaben por colapsar os centros de saúde da cidade e volvan deixar sen pediatría a parroquias enteiras”, alertou Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista criticou con dureza a política sanitaria despregada polo Partido Popular e que fixo da área sanitaria de Vigo a “zona cero da desfeita sanitaria”. “A resposta do Sergas vai no sentido contrario do que debera facerse. En lugar de reforzar a Atención Primaria, estase expulsando a médicas e enfermeiras residentes ofrecéndolle contratos miserábeis e ultraprecarios de apenas 15 días”, expuxo, referindo a recente denuncia do colectivo de MIR e EIR.

Tanto Prado como Igrexas fixeron un apelo explícito á veciñanza a participar nas mobilizacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública, que na cidade de Vigo se materializará nunha concentración este xoves 21 ás 20h no MARCO. “Non podemos permitir que confinen o noso dereito á saúde. Temos motivos de sobra para saírmos á rúa a esixir que se reforce a sanidade pública en lugar de seguir a recortala”, enfatizaron.

Temas: BNGSOS Sanidade Pública
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Exigen a la Xunta nuevas plazas para el Olimpia Valencia de Vigo y no cerrar ambulatorios

El Sergas prevé trasladar los servicios de López Mora y el ambulatorio de Nicolás Peña. Los sanitarios aumentan la presión para que no lo haga

PorMetropolitano
20/07/2025
Enfoque

Nigrán repartirá 15.000 "gominolas inclusivas" para recibir a los peregrinos que lo visitan

“Queremos ser un municipio amigable y darles la bienvenida de una forma diferente", explica el alcalde, Juan González

PorMetropolitano
20/07/2025
Enfoque

El alcalde de O Porriño, viral en un vídeo ante la "locura matrimonial" que vive el concello

Desde que el Concello eliminó la tasa a las bodas civiles, ahora gratuitas, las ceremonias no han dejado de crecer en O Porriño

PorMetropolitano
20/07/2025
Foto: Gemma & Naza Cheesecakes
Enfoque

Las "reinas de la cheesecake" de Galicia aterrizan en Vigo con su propia receta secreta

Así es esta tarta de queso 'made in' Galicia con una receta casera y secreta. Ahora Vigo podrá probar los múltiples sabores de esta cremosa cheesecake

PorAlfredo Teja
20/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X