• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O Camiño de Santiago “faise” en FITUR

O Camiño de Santiago “faise” en FITUR
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
18/01/2020

Galicia estará na nova edición da Feira Internacional do Turismo (FITUR) que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro a través dun novo stand centrado no Xacobeo 21 que permitirá recrear o Camiño de Santiago mediante un percorrido sensorial inmersivo. Así o avanzaron o pasado venres o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a presentación da programación de Galicia neste certame.

En concreto, o expositor da nosa comunidade galega terá unha superficie de 967 metros cadrados e estará centrado nas particulares de Galicia como destino turístico, en especial, no Camiño de Santiago na antesala do Xacobeo 21. Neste sentido, entre as novidades deste ano destaca a presenza dun túnel do Camiño deseñando para trasladar os valores culturais e emocionais da Ruta Xacobea a través de sons, imaxes ou vídeos. O stand tamén disporá dun mapa interactivo cos dez itinerarios e un probador virtual con vestimentas e complementos propios dos peregrinos.

Másnoticias

Las aulas gallegas contarán el próximo curso con casi 900 nuevos profesores en Educación Secundaria

Las aulas gallegas contarán el próximo curso con casi 900 nuevos profesores en Educación Secundaria

21/07/2026
Galicia se propone ampliar las plazas de enfermería en Primaria hasta alcanzar una por médico en 2030

Galicia se propone ampliar las plazas de enfermería en Primaria hasta alcanzar una por médico en 2030

20/07/2026

Elementos da cultura galega

Estes recursos recrearán algúns momentos icónicos da peregrinación a Santiago, como a chegada á praza do Obradoiro. Do mesmo xeito, tamén estarán presentes elementos emblemáticos da cultura galega, como o pano propio do traxe tradicional galego, que viste parte do stand a modo de fío condutor, ou a icónica cuncha de vieira en diferentes formatos, tratamentos e posicións.

O expositor buscará en todo momento a interacción cos visitantes a través de recursos como o espazo Galicia Soa, que recrearán os sons representativos da nosa Comunidade; a zona Sesión Vermú Galicia, para degustar vermús elaborados con produtos da nosa terra, así como un apartado de degustación atendido por profesores e alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia, entre outras áreas. No stand tamén terá unha importante presenza o sector turístico, a través dun espazo que servirá de plataforma para favorecer as relacións comerciais dos profesionais representados polo Clúster Turismo de Galicia.

En paralelo, realizarase un obradoiro en vivo co obxectivo de elaborar complementos tradicionais e icónicos en prata, madeira, coiro e outros materiais. O expositor contará coa presenza de persoeiros representativos dos Entroidos e, durante a fin de semana, actuacións musicais de raíz galega a cargo do dúo Vudú.

Modelo turístico sustentable e de calidade

Ademais, o espazo de Galicia en Fitur contará con máis de 16 espazos divulgativos e de información nos que estarán representados os principais elementos que caracterizan á nosa Comunidade como destino turístico. Así pois, haberá un área dedicado ás catro provincias, ás sede cidades e aos distintos xeodestinos. Do mesmo xeito, terán unha presenza destacada as candidaturas a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra, Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas ou Ferrol da Ilustración, así como outros elementos destacados do turismo da nosa Comunidade como o Entroido, o turismo rural, o turismo activo ou deportes como o surf, o golf ou o mergullo.

Neste sentido, o titular de Cultura e Turismo precisou que o expositor de Galicia en Fitur exercerá “como un escaparate do modelo turístico galego, un modelo sustentable e baseado na calidade”.

Máis de 40 presentacións

En paralelo, Román Rodríguez explicou que o expositor de Galicia en Fitur acollerá máis de 40 presentacións organizadas pola Xunta e polas diferentes entidades que así o solicitaron. Entre as máis salientables atópase a presentación do Xacobeo 2021 na xornada do mércores, a da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade ou Galicia destino surf, que porá en valor as condicións da nosa Comunidade para a práctica deste deporte, cada vez máis en auxe.

Na xornada do xoves terá lugar a presentación da estratexia Galicia Sabe, centrada en facer da nosa Comunidade un destino enogastronómico de referencia; Galicia MICE, en torno ao turismo de congresos, seminarios ou convencións, unha actividade que atrae un turismo de alto valor engadido e cunha alta capacidade desestacionalizadora. Nesta mesma xornada presentaranse produtos turísticos xa consolidados como as novidades da nova edición dos Trens Turísticos ou da Waoh Route!, a primeira ruta atlántica de turismo de mergullo. Na terceira xornada da feira, que terá lugar o venres, desenvolveranse presentacións centradas na Semana Santa en Galicia, nos Entroidos galegos ou nas etapas galegas de La Vuelta.

Boas perspectivas do sector turístico

Román Rodríguez amosouse convencido de que esta nova edición de Fitur permitirá consolidar Galicia como exemplo dun turismo sustentable e de calidade. Destacou ademais que este evento marca o comezo da actividade promocional turística da Xunta, unha actividade “frutífera” que se viu reflectida no incremento do número de viaxeiros e pernoitas rexistrado en 2019. Neste sentido, explicou que á espera de coñecer os datos do mes de decembro para poder facer un balance definitivo, a nosa Comunidade experimentou unha suba do 6%.

O conselleiro de Cultura e Turismo amosouse optimista de cara ao próximo ano e resaltou os datos do informe de Exceltur, a Alianza para a Calidade Turística, un documento que sitúa á nosa Comunidade como a cuarta con mellores perspectivas de cara ao 2020 por enriba de territorios como Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares ou Madrid. O informe asegura ademais que tres de cada catro empresarios agarda mellorar os seus resultados neste novo ano. “Podemos dicir que o turismo galego chega a Fitur este 2020 nun dos seus mellores momentos”, puntualizou.

Unha actividade promocional “efectiva”

Neste sentido, a directora da Axencia Turismo de Galicia resaltou que esta feira supón o tiro de saída da actividade promocional da Xunta neste 2020. Precisamente, Nava Castro lembrou a acción “efectiva” do Goberno galego neste eido, tal e como reflicte o balance presentado onte no Consello da Xunta, que recolle que o Executivo autonómico promoveu o pasado ano máis dun cento de accións en máis dunha trintena de países.

Esta acción, puntualizou, tivo unha repercusión directa nos datos turísticos da Comunidade, especialmente no que se refire ao turismo estranxeiro, que se duplicou na última década pasando dos de máis de 700.000 turistas internacionais no 2009 aos 1,4 millóns que chegaron a Galicia ata o pasado mes de novembro.

Temas: FiturturismoXunta de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Abre un nuevo aparcamiento gratuito en el área de Vigo, Nigrán estrena un parking en pleno centro
Enfoque

Abre un nuevo aparcamiento gratuito en el área de Vigo, Nigrán estrena un parking en pleno centro

Aparcar gratis en Nigrán es posible, el Concello estrena un nuevo parking público con más de 100 plazas de estacionamiento

PorCarlos I. Castrillón
21/07/2026
Posible atentado al alcalde de Vilanova, investigan si un incendio en su vivienda fue provocado
Enfoque

Posible atentado al alcalde de Vilanova, investigan si un incendio en su vivienda fue provocado

El alcalde de Vilanova interpuso una denuncia en dependencias policiales. Por el momento, se desconocen más detalles de lo sucedido

PorPaula Carballo
21/07/2026
Las aulas gallegas contarán el próximo curso con casi 900 nuevos profesores en Educación Secundaria
Enfoque

Las aulas gallegas contarán el próximo curso con casi 900 nuevos profesores en Educación Secundaria

Educación refuerza el acuerdo con la Comisión Fulbright para dotar al sistema educativo de 43 auxiliares de conversación

PorPaula Carballo
21/07/2026
Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días
Enfoque

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

El centro de Vigo sumará un nuevo supermercado próximamente. Una cadena que abre los siete días de la semana abrirá una nueva tienda

PorIván Dacal
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X