• 'Thriller' en Vigo
  • ERTE Stellantis
  • Domusvi
  • Hamburguesería Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Hinchables Marín
  • Black Friday
  • Audasa peajes
  • Bib Gourmand
  • Socavón acera
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Campus Auga busca os mellores traballos de investigación e divulgación feitos na UVigo

O Campus Auga busca os mellores traballos de investigación e divulgación feitos na UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
03/09/2024

Unha das accións estratéxicas do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, é premiar os esforzos das e dos investigadores que contribúan a desenvolver este campus a través do seu traballo. Co obxectivo de recoñecer e estimular estas contribucións, convócase este mes unha nova edición, a sexta, dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga.

Os galardóns están convocados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e financiados a través do convenio de colaboración que ten a asinado a Universidade de Vigo coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para financiar o Campus Auga e do convenio que ten coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU.

Másnoticias

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

26/11/2025
Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

25/11/2025

Na presentación este luns no campus de Ourense desta sexta convocatoria participaron Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, e Nicolás Esmorís, director xeral de Viaqua, estando tamén Roberto Ignacio Fernández, director do Campus Auga; Ana Tejeiro Sanmamed, xerente de Viaqua, e Leticia Rodríguez, directora de Innovación desta empresa. No acto, o vicerreitor salientou que estes premios son unha das liñas estratéxicas do Campus Auga que permiten potenciar e pór en valor “a moita investigación de relevancia que se fai en Ourense”. Pola súa banda, o director xeral de Viaqua puxo en valor os galardóns recalcando deles que teñen “moito percorrido en dar resposta a problemas que están ocorrendo na nosa comunidade”.

Alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión da auga

A convocatoria, recóllese nas súas bases, está destinada a premiar accións destacadas do persoal docente e investigador, persoal investigador e estudantado da Universidade de Vigo no ámbito da investigación, transferencia e a divulgación científica que contribúan a situar e consolidar o campus de Ourense como un referente internacional en alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión da auga. Trátase, sinalan, de contribuír con eles a mellorar a proxección investigadora e social do “campus de Ourense-Campus Auga como un campus líder nestas temáticas”.

Son cinco as modalidades dos galardóns. Na categoría de premios de investigación distinguiranse traballos fin de grao e fin de mestrado; tese de doutoramento e contribucións científicas de alto impacto publicadas en 2021, 2022 ou 2023. Enténdese por contribucións científicas aquelas que se realizan nos medios de difusión propios de cada ámbito de coñecemento, como poden ser artigos en revistas indexadas, libros, capítulos de libros, monografías, recensións, etc. Na categoría de premios de transferencia quérese “distinguir os resultados relevantes de transferencia, entendendo como tales patentes en explotación, produtos ou servizos comercializados por algunha empresa, estudos e informes de impacto contrastado, sempre que fosen resultado dun proxecto ou contrato realizado na Universidade de Vigo e finalizado en 2021, 2022 ou 2023”. Por último, cos premios de divulgación científica quérese tamén distinguir accións e actividades deste tipo realizadas no mesmo periódico e que contribúan á promoción do Campus Auga e a divulgar a acción e o coñecemento científico producido no seu seo.

Unha comisión elixirá os traballos galardoados, estando dotados os premios con diferentes contías económicas segundo a modalidade e un diploma acreditativo. O orzamento máximo total dos galardóns é de case 9000 euros. Excepto en divulgación científica, en cada unha das modalidades (traballos fin de grao e mestrados; teses de doutoramento; contribucións científicas e transferencia) haberá tres premios en metálico, un por cada unha das seguintes temáticas: alimentación funcional; agricultura e medio ambiente e xestión da auga. O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 10 ao 22 de setembro de 2024.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Martín Códax elige Vigo para un "encuentro único" para avanzar en su crecimiento en la provincia
Enfoque

Martín Códax elige Vigo para un "encuentro único" para avanzar en su crecimiento en la provincia

...

PorMetropolitano
26/11/2025
Una residencia de mayores en Covelo registra un brote de sarna
Enfoque

Alerta de "insalubridad" en una residencia Domusvi de Galicia, con "falta" de higiene y "colapso" del sistema

...

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
La hamburguesería de Vigo que enamoró a Galicia se reinventará para crecer
Enfoque

La hamburguesería de Vigo que enamoró a Galicia se reinventará para crecer

...

PorSara Rodríguez
26/11/2025
Enfoque

Vigo activa por primera vez el nivel máximo de restricciones de Navidad con estos cambios

...

PorÁngel Vila
26/11/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X