• Apertura en Vigo
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Programa Hematofesti
  • Cabalgata Vigo
  • Nueva plaza en Vigo
  • Navidad Vigo Vialia
  • Mister España Redondela
  • Barco Histórico
  • Festa Furancheira
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
27/10/2025

O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, recoñece cada ano cos seus Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica o talento e o esforzo do persoal investigador da Universidade de Vigo arredor das súas liñas de traballo. Na súa sétima edición, estes galardóns distinguen nove iniciativas (teses de doutoramento, traballos fin de estudos, artigos científicos e accións divulgativas) sobre alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión da auga termal.


  • Te puede interesar: A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

Tres teses de doutoramento

Os VII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica contaron con cinco categorías, podendo concederse en cada unha delas tres premios, un por cada liña de investigación do Campus Auga. Na categoría de teses de doutoramento tres foron as premiadas. Na modalidade de alimentación funcional galardouse a tese Unraveling the industrial potential of Arnica montana: a comprehensive study on phenolic compounds characterization, extraction and technological applications (Descubrindo o potencial industrial de Arnica montana: un estudo exhaustivo sobre a caracterización, extracción e aplicacións tecnolóxicas de compostos fenólicos). Foi realizada pola investigadora Paula García e dirixida por Jesús Simal e Miguel Ángel Prieto. Nela avaliouse o potencial industrial de cinco especies seleccionadas como fonte de compostos bioactivos, identificando as máis prometedoras para a súa aplicación na industria alimentaria.

Másnoticias

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

24/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

23/10/2025

Na modalidade de agricultura e medio ambiente premiouse a tese Drivers of hydrological extremes in current and future climates: the role of atmospheric moisture transport (Factores impulsores dos extremos hidrolóxicos nos climas actuais e futuros: o papel do transporte de humidade atmosférica), realizada polo investigador Luis Gimeno Sotelo e dirixida por Sergio Martín Vicente e David Barriopedro. O seu obxectivo foi determinar a influencia tanto en clima presente como futuro do transporte de humidade na ocorrencia de extremos hidrolóxicos, en particular nos extremos de precipitación diaria e en períodos de seca.

Por último, na modalidade de xestión da auga termal, o galardón foi para a tese Estudo da potencialidade do xacemento xeotérmico Ourense-cidade, do investigador José Ángel Cid e dirixida por Pedro Araujo. Nela analizouse o estado actual deste xacemento; as diferentes metodoloxías de aproveitamento de recursos xeotérmicos de media-baixa temperatura aplicables e o marco normativo local, autonómico e estatal a ter en conta. Ademais incluíu propostas e exemplos de metodoloxías de aproveitamento.

Traballos fin de estudos, artigos e divulgación

Polo que respecta á categoría de mellores traballos fin de grao e de mestrado (TFG ou TFM), premiouse a Ana Pérez, polo TFM Euphorbia hirta and Euphorbia jolkinii as potential sources of antioxidant compounds: a nutritional, chemical, and bioactive characterization (Euphorbia hirta e Euphorbia jolkinii como fontes potenciais de compostos antioxidantes: unha caracterización nutricional, química e bioactiva), dirixido por Jesús Simal e Miguel Ángel Prieto; a Iria Moreira, polo TFG Efecto de nanopartículas de ferro na xerminación e crecemento inicial de trigo e quinoa. Avaliación da mobilidade en solos agrícolas, dirixido por Paula Pérez e Cecilia Araceli Martínez, e a Sofía Salgado polo seu traballo fin de grao sobre o réxime xurídico de aproveitamento das augas termais por establecementos balnearios e espazos termais de uso lúdico na comunidade autónoma de Galicia, dirixido por Roberto Bustillo.

Na categoría de contribucións científicas foron dous os traballos premiados. Trátase do artigo Extraction of phenolic compounds from grape pomace using ohmic heating: chemical composition, bioactivity and bioaccessibility (Extracción de compostos fenólicos de bagazo de uva mediante quecemento óhmico: composición química, bioactividade e bioaccesibilidade), do investigador Pedro Miguel Ferreira, do Departamento de Enxeñaría Química. Foi publicado na revista Food Chemistry e feito en colaboración con C. Nobre, R.M. Rodrigues, Z. Genisheva, C. Botelho e J.A. Teixeira.

Tamén se galardou o artigo Innovative low-voltage 3D electrode system using pine cone biochar for efficient removal of multicomponent pollutants from wastewater, de Nuria Bernárdez, do mesmo departamento. Neste caso foi publicado no Journal of Water Process Engineering e nel participaron outros membros do Cintecx. No estudo, feito con Emilio Rosales, Marta Pazos e M. Ángeles Sanromán, proponse a integración dun absorbente derivado de piñas de pino nun sistema de electrosorción tridimensional para a eliminación simultánea de fármacos en sistemas multicompoñentes.

Por último, na categoría de accións ou actividades de divulgación científica foi galardoado o proxecto Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula, coordinado por Beatriz Cancho e Raquel Rial. A iniciativa, financiada pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía FECYT, permitiu a arredor de 850 nenas e nenos aprender a comprender a información nutricional das etiquetaxe de alimentos procesados que consumen habitualmente. A iniciativa estivo desenvolvida desde a Facultade de Ciencias polo grupo de investigación Food and Health Omics e o Grupo de Innovación Docente en Educación Alimentaria Aliméntate con Ciencia e Conciencia.

A dotación económica dos VII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica ascendeu a 12.000 euros, financiados ao abeiro do convenio de colaboración asinado pola Universidade de Vigo coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para financiar o Campus Auga. Como cada ano, os galardóns serán entregados nun acto público.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

El Gobierno de Vigo dice que si Bouzas no es BIC, "solo faltaría" que lo sea la Alameda

Carmela Silva censura que la Xunta rechazara proteger el casco vello de Bouzas pero se plantee hacerlo con la Alameda de Vigo

PorÁngel Vila
27/10/2025
Una piel de cristal con 'guiños' al mar gana el concurso para el 'nuevo' Concello de Vigo
Enfoque

Reclaman explicaciones al Concello de Vigo sobre "la pérdida de 4,5 millones de fondos europeos"

El PP de Vigo denuncia la pérdida de 4,5 millones de euros de fondos europeos. Pregunta al Concello si se llevarán a cabo esos proyectos o "se guardarán en un cajón"

PorMetropolitano
27/10/2025
La huelga de Renfe cancelará 10 trenes entre A Coruña y Vigo este viernes
Enfoque

Renfe refuerza la conexión entre Vigo y A Coruña con 4.600 plazas semanales

Renfe ha anunciado el refuerzo de la conexión del Eje Atlántico, el corredor "más demandado a nivel nacional"

PorMetropolitano
27/10/2025
El acusado del crimen de Coia alega que actuó bajo un "miedo insuperable" y en legítima defensa
Enfoque

El acusado del crimen de Coia alega que actuó bajo un "miedo insuperable" y en legítima defensa

La Fiscalía, que pide 23 años y medio de cárcel, asegura que el acusado "ni tuvo miedo y era consciente de lo que hacía"

PorEuropa Press
27/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X