O Castelo de Sobroso permitirá viaxar ao pasado nunha nova experiencia inmersiva - Metropolitano
lunes, 18 de enero 2021
No Result
View All Result
Metropolitano
Alertas WhatsApp
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano
Portada Enfoque

O Castelo de Sobroso permitirá viaxar ao pasado nunha nova experiencia inmersiva

O Castelo de Sobroso abre as súas portas por Semana Santa
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

Síguenos en Facebook

Metropolitano.gal
MetropolitanoPorMetropolitano
15/11/2020

O Castelo de Sobroso reformulará por completo a súa faciana expositiva paara ofrecer un aspecto “vangardista, que falará da historia, do patrimonio e da cultura”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentou esta mañá o “ambicioso” proxecto de musealización do castelo que suporá un investimento de 300.000 euros. O obectivo é que as obras finalicen no mes de xullo.

A Deputación busca converter ao Castelo de Sobroso nunha “referencia turística de primeiro nivel da provincia e de Galicia”, segundo explica Silva. O goberno provincial xa aprobou o proxecto, e xa está dotada a partida nos Orzamentos de 2021. Agora se está a traballar nos pregos de contratación co obxectivo de licitar o antes posible unha obra que ten un prazo de execución de catro meses.

O proxecto da fortaleza medieval do Condado segue a senda de éxito que xa supuxo a musealización do castelo de Soutomaior e, como no seu caso, conta tamén cunha nova imaxe corporativa, un deseño limpo que reproduce a súa silueta e que se incorporará a toda a sinaléctica e promoción.

As visitas a Sobroso consistirán nunha ruta de en torno a unha hora de duración en grupos reducidos de ata 15 persoas. Durante o traxecto visitaranse as distintas estancias dos dous corpos arquitectónicos do castelo. Acollerán un total de sete audiovisuais que contarán a historia cun enfoque ameno. A Deputación consolida así a súa aposta polo “turismo experiencial”. As visitas ofreceranse en galego, español e inglés.

Entre os cambios máis destacables está a aposta polo uso das tecnoloxías de luz e son para mergullarse na historia. Así contará con sete pezas audiovisuais que se apoiarán en canóns de luz, de fume ou videomapping nas paredes para crear unha experiencia inmersiva.

“Sobroso na paisaxe” é o primeiro audiovisual, consistente nunha gran impresión fotográfica no solo da primeira estancia. Ademais, as paredes disporán de caixas retroalimentadas e ofrecerán imaxes de referencia. “A historia do castelo e os seus habitantes” é a segunda experiencia da visita. Consiste nun audiovisual sobre o vidro, coa escenografía dunha gran vitrina onde se sincronizarán imaxes cos obxectos do interior. Narrará a vida na fortaleza medieval.

“O castelo, protagonista na Idade Media” agardará aos visitantes, deseguido, cunha montaxe con diversas tarimas e elementos téxtiles. Cada módulo estará asociado a unha personaxe histórica vinculada a Sobroso: Urraca I de León, Alfonso VII de León, Dinis de Portugal e Isabel de Aragón.

“O castelo, da destrución á recuperación” será, sen dúbida, un dos audiovisuais que marcarán a visita. Utiliza, ao igual que xa se fixo en Soutomaior, a tecnoloxía do “videomapping” (proxección sobre elementos) para resaltar a sillería das paredes do castelo. A presidenta destacou que apóstase por simular a destrución e reconstrución do castelo sobre as propias pedras. Todo elo sincronizado cunha historiografía ben traballada e cunha narradora virtual que explicará os cambios producidos ao longo do século XX.

“Os seres máxicos e a auga” incluirá néboa, “destellos” de luces e unha locución que nos achegará ás lendas dos bosques de Sobroso. Os efectos quedarán acentuados pola utilización de luz cáustica nun ambiente envolvente e moi suxestivo. “A construción do castelo”, xa dende o corpo da torre da homenaxe, amosará paneis gráficos dedicados aos traballos para erixir a fortaleza. Ademais, introducirá ao público no oficio da cantería, con explicacións sobre as marcas de canteiro que abundan neste espazo e están repartidas por toda a construción. Estes elementos estarán sinalizados e explicados en detalle.

“Os castelos, escenario de trobadores” acollerá unha nova proxección consistente en dúas persoas namoradas, sentadas no parladoiro situado neste nivel da torre. Ao seu carón un trobador, proxectado sobre unha tea de tul transparente rememorará a lírica da Idade Media. A presidenta Silva subliñou que era necesario poñer en valor os “fermosos parladoiros de Sobroso, un dos elementos patrimoniais máis distintivos do castelo”. Silva aproveitou para comentar que tamén houbo mulleres trobadoras e mesmo hai teorías que sinalan que As Cantigas de Amigo foron compostas por unha muller.

A visita guiada a Sobroso concluirá co acceso á terraza que culmina a prominente torre da homenaxe. Unha atalaia dende a que se divisa unha ampla vista de todo o Condado e que, nos días claros, alcanza ata Portugal. A terraza estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para permitir identificar todos os fitos e elementos da paisaxe.

Carmela Silva destacou que con esta musealización culmina unha andaina de valorización do castelo iniciada en 2015, co cambio nos gobernos da Deputación e do Concello de Ponteareas (propietario do edificio, aínda que este estea situado no termo municipal de Mondariz). Neste tempo fixéronse traballos de reforestación da finca, dotación da senda botánica con códigos QR, mellorouse o merendoiro, organizáronse visitas teatralizadas nos dous últimos anos, accións culturais (como o programa Re-Acción nos Castelos), completouse o perímetro de acceso e fíxose o mantemento das zonas verdes, entre outras melloras. A Deputación leva investidos no castelo nos últimos 5 anos máis de 1.275.000 euros. Froito deste traballo de recuperación emprendido, o castelo de Sobroso recibe preto de 20.000 visitantes anuais e neste 2020, a pesar do peche durante o estado de alarma e as sucesivas restricións derivadas da pandemia, está xa moi preto de ter recibido a 11.000 persoas.

Tags: Castelo de SobrosoCastillo de SobrosoDeputación de PontevedraPonteareas
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

Más noticias

O BNG propón un confinamento de dúas semanas se a terceira onda non se controla de xeito "inmediato"
Enfoque

O BNG propón un confinamento de dúas semanas se a terceira onda non se controla de xeito "inmediato"

Pontón propón ir a un confinamento no que se habiliten axudas para manter o emprego e a actividade económica durante o tempo que duren as restricións

PorMetropolitano
18/01/2021
El sol se despide de Vigo y su área dando paso a la lluvia y una alerta amarilla por rachas de viento
Enfoque

El sol se despide de Vigo y su área dando paso a la lluvia y una alerta amarilla por rachas de viento

Las Rías Baixas y el conjunto de la provincia de Pontevedra se preparan para volver a abrir el paraguas, si las rachas de viento lo permiten

PorMetropolitano
18/01/2021
Familiares de tres fusilados durante o 36 presentan en Vigo querelas contra o franquismo
Enfoque

Familiares de tres fusilados durante o 36 presentan en Vigo querelas contra o franquismo

Descendentes de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz súmanse á causa arxentina polos asasinatos cometidos tras o golpe de Estado franquista

PorMetropolitano
18/01/2021
La diez calles de Vigo en las que el PP demanda un asfaltado "urgente"
Enfoque

La diez calles de Vigo en las que el PP demanda un asfaltado "urgente"

"Los baches suponen un peligro para los conductores, especialmente los que van en moto", explica el portavoz popular, Alfonso Marnotes

PorMetropolitano
18/01/2021

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *






LO ÚLTIMO

O BNG propón un confinamento de dúas semanas se a terceira onda non se controla de xeito "inmediato"

O BNG propón un confinamento de dúas semanas se a terceira onda non se controla de xeito "inmediato"

18/01/2021
El sol se despide de Vigo y su área dando paso a la lluvia y una alerta amarilla por rachas de viento

El sol se despide de Vigo y su área dando paso a la lluvia y una alerta amarilla por rachas de viento

18/01/2021
Familiares de tres fusilados durante o 36 presentan en Vigo querelas contra o franquismo

Familiares de tres fusilados durante o 36 presentan en Vigo querelas contra o franquismo

18/01/2021
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de Vigo y su área metropolitana. ¿El objetivo? Que los 600.000 vecinos y vecinas descubran cómo disfrutar de su localidad y de todos los concellos del área.

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© 2020 Metropolitano.gal.

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Alertas WhatsApp

© 2020 Metropolitano.gal.

X