• Apagón Vigo
  • Experiencia arándanos
  • Piscina en O Porriño
  • Brunch Elduayen
  • Festival Rande
  • Gasolinera low cost
  • Vampiros As Neves
  • Descuentos Eroski
  • Fallecida Vigo
  • Supermanzanas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O Centro de Posgrao e Formación Permanente ofrecerá o vindeiro curso máis dunha vintena de titulacións

O Centro de Posgrao e Formación Permanente ofrecerá o vindeiro curso máis dunha vintena de titulacións
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/07/2024

A Universidade de Vigo xestiona, baixo o paraugas do Centro de Posgrao e Formación Permanente, unha oferta de titulacións propias vinculadas ás necesidades e demandas da sociedade, complementando os estudos universitarios. Para o primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025 a oferta abranguerá máis de 20 titulacións que xa teñen aberto o prazo de preinscrición. Como explica Fernando Cerdeira, director do CPFP, trátase de “estudos de posgrao e titulacións propias deseñados especialmente para favorecer a empregabilidade, a reciclaxe e a promoción profesional das persoas e atendendo, de forma especial, ás necesidades formativas do estudantado e do persoal docente da UVigo”. A estes títulos súmase como principal novidade para o vindeiro curso o Máster Universitario en Biofabricación, un novo mestrado oficial interuniversitario impartido polas tres universidades galegas que, por abranguer varios eidos do coñecemento, depende do CPFP en lugar de dunha escola ou facultade.

Unha vintena de titulacións propias, cinco novidades

Entre a vintena de títulos propios que oferta o CPFP para o vindeiro curso hai cinco novidades. Por unha banda, o Máster propio en Enfermería de Práctica Avanzada en Urxencias e Coidados Intensivos, coa colaboración da Fundación Ribera Salud, dirixido a profesionais da enfermería que teñan como obxectivo actualizar os coñecementos na atención integral aos pacientes en situación de risco vital. A segunda estrea será a do Máster propio en Xestión e Liderado de Organizacións Sanitarias, especialmente dirixido a titulados universitarios de ciencias sociais, ciencias da saúde, e enxeñerías. Este programa comprende tres módulos e a superación de cada un deles implica a obtención de Título de Experto.

Másnoticias

La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora

La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora

25/06/2026
Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

22/06/2026

Outra novidade do próximo curso é o Curso de Especialista en Sustentabilidade Alimentaria. Como explica Fernando Cerdeira, “o aumento da poboación está a xerar grandes desafíos á industria agroalimentaria, como o impacto medioambiental da produción e a seguridade alimentaria e nutricional” e este título propio “nace co obxectivo de formar profesionais capaces de xerar un escenario sostible na produción e consumo de alimentos”. O curso desenvólvese 100% e liña e de forma asíncrona, o que facilita a adaptabilidade do alumnado.

O catálogo de novidades para o próximo curso complétase co Curso de Experto en Vulnerabilidade, Inequidades e Discriminación, que está dotado dunha estrutura modular formada por cursos avanzados de posgrao, que poden facerse independentemente, e o curso de experto en Tecnoloxías Aplicadas ás Enfermidades Respiratorias, coa colaboración da Fundación Biomédica Galicia Sur.

Novo mestrado oficial en Biofabricación

Pero a principal novidade da oferta do CPFP para o vindeiro curso non é unha titulación propia, senón unha titulación oficial da UVigo, Mestrado en Biofabricación. Trátase dunha programa interuniversitario coordinado pola UVigo único en España. Está conformado por un grupo interdisciplinar de persoal docente e investigador de diversos ámbitos do coñecemento (enxeñería, bioloxía, farmacia, medicina etc.), que forman parte de grupos de investigación de referencia dos Institutos de Investigación Sanitaria e Centros de Investigación Singulares de Galicia. Como salienta Cerdeira, “este máster proporcionará unha formación excelente e interdisciplinar no ámbito da biofabricación, bioimpresión, enxeñería de tecidos e medicina rexenerativa”.

Oferta completa

Outros cursos repiten un ano máis na oferta de títulos propios da UVigo cunha grande acollida, como o de Especialista en Electrónica para Compoñentes de Automoción en colaboración coa empresa BorgWarner, o de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), que xa vai na súa sétima edición, ou os cursos de experto en Escritura e Reescrituras Literarias da Idade Media e en Edición e a cadea do libro. Tamén é de salientar o Curso de Especialista/Máster en Auditoría e Contabilidade, orientado a graduados que teñan como obxectivo especializarse neste ámbito ou que queiran acceder ao Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

No vindeiro curso tamén se ofertan o Curso de Negociación Colectiva e Individual no Ámbito Laboral coa colaboración do Consello Galego de Relacións Laborais, unha formación semipresencial; o Curso Avanzado en Corte e Poesía no Outono da Idade Media en Castela; o Curso Avanzado en Didáctica da Ficción e Creación Literaria; e os cursos de formación universitaria de Introdución á Bolsa; Leas e Liortas na Literatura española: Don Juan Tenorio, de José Zorrilla; e Liderado e Xestión de Equipos para a Adaptabilidade e o Benestar. O catálogo complétase con outros títulos propios e segundas edicións coma os da Cátedra de Ciberseguridade ou os de Capacitación dixital financiados pola Unión Europea no eido do transporte, mobilidade e loxística. Este último catalogo, de balde para toda a cidadanía, comprende os cursos de Innovación no Modelo de Negocio da Nova Mobilidade; Comunicación Dixital para a Mobilidade; Dixitalización do Sector de Transporte e Loxística; Infraestrutura de Datos Aplicados ao Transporte; e Transformación Áxil de Organizacións.

Descontos e subvencións

O Centro de Posgrao e Formanción Permanente conta cun sistema de descontos para colectivos e nalgúns casos os títulos están parcialmente subvencionados, como é o caso do Curso de Negociación Colectiva, ou teñen un desconto como no caso do título Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo para o alumnado do Máster en Comunicación Internacional. Ademais, os membros do colectivo Alumni contan cun 10% de desconto e a comunidade universitaria cun 15%, porcentaxe aplicable tamén ás persoas desempregadas ou cunha discapacidade recoñecida de polo menos o 33%.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

En marcha el tercer macroproyecto de vivienda pública en Vigo, un nuevo barrio con 1.454 hogares
Enfoque

Caballero exige a la Xunta que el "nuevo barrio" de Vigo tenga rampas mecánicas y más zonas verdes

...

PorCarlos I. Castrillón
29/06/2026
Un grave accidente deja a dos heridos en Mos, uno de ellos tuvo que ser excarcelado
Enfoque

Un grave accidente deja a dos heridos en Mos, uno de ellos tuvo que ser excarcelado

...

PorEuropa Press
29/06/2026
Despliegue de bomberos en pleno centro de Vigo por la caída de cascotes de un edificio
Enfoque

Despliegue de bomberos en pleno centro de Vigo por la caída de cascotes de un edificio

...

PorAlfredo Teja
29/06/2026
El motivo del apagón eléctrico en Vigo y su área, un fallo en la subestación de Pazos de Borbén
Enfoque

Apagón eléctrico en varios barrios de Vigo, se desconoce el número total de afectados

...

PorCarlos I. Castrillón
29/06/2026
La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora
Enfoque

La UVigo hace historia, Carmen García Mateo toma posesión como primera rectora

PorMetropolitanoy1 Otros
25/06/2026

La nueva rectora de la UVigo pide a la Xunta "financiación y confianza" y una apuesta por la universidad pública. Carmen García Mateo toma posesión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X