O Xulgado de Instrución número 5 de Vigo vén de abrir dilixencias penais contra o exconcelleiro e actual voceiro do Goberno municipal, Carlos López Font, e o xefe de Seguridade Cidadá e Mobilidade, A.V.M, como responsables do decreto municipal que obrigaba eos bombeiros do Concello a traballar en días de descanso e que foi anulado por unha sentenza xudicial. A denuncia fora presentada en agosto do ano pasado por delegados da CIG no servizo por presuntos "delitos contra a saúde e os dereitos dos traballadores e traballadoras e prevaricación administrativa".
En consecuencia, Carlos López Font e A.V.M. terán que comparecer este venres en sede xudicial como investigados no marco das dilixencias abertas polo Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, unha vez que o decreto fora anulado polo contencioso administrativo, decisión que foi ratificada polo TSXG tras o recurso presentado polo Concello.
A pesar da anulación do decreto, os representantes sindicais da CIG entendían que a decisión dos cargos municipais podía supoñer responsabilidades penais “xa que nos obrigaba a traballar por decreto os días de descanso, cando realizamos unha actividade moi perigosa na que os descansos entre servizos son moi importantes”.
A CIG sinala que este decreto provocou que o persoal tivese incluso que dobrar quendas (traballando 48 horas seguidas) e chegase a realizar nalgúns casos "máis de 600 horas máis de servizo nos arredor de dous anos que estivo vixente". “Porque o Concello seguiuno aplicando despois da primeira sentenza que o anulou, e incluso tras ser ratificada a anulación polo TSXG, polo que tivemos que instar á execución da sentenza para conseguir que se retirase”.
A central sindical destaca que fronte a este decreto “escravista” mantiveron unha folga indefinida durante case dous anos, ao tempo que levaron a cabo numerosas mobilizacións e iniciaron unha ofensiva xudicial contra o Concello. “O máis escandaloso é que en ningún momento se sentaron a negociar o decreto, nin antes nin despois das sentenzas, e seguíano aplicando para gañar tempo ante a evidente falta de persoal existente no servizo, como tampouco negociaron nunca os servizos mínimos da folga, que tamén tiveron que ser anulados polos tribunais”.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL