• TSXG Guns N'Roses
  • Ascensor Vigo
  • Apertura Vigo
  • Fiesta gastro Vigo
  • Chicote Rías Baixas
  • HematoFesti
  • Camping Sanxenxo
  • Rodaje Galicia
  • Nuevo supermercado Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Concello de Redondela asegura que a retirada de algas "realízase de xeito totalmente manual"

La alcaldesa de Redondela retira la limpieza de playas a AER ante las protestas de los bañistas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/08/2021

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Mariño que xestiona Nacho González, deu a coñecer dous informes sobre as labores de recollidas de algas nos areais do municipio –un da empresa encargada dos traballos e outra do xefe de equipo e coordinador do persoal de praias– que confirman que “a retirada de algas realízase de xeito totalmente manual con horquillas e rastrillos” utilizando só medios mecánicos para o transporte, polo que rexeitan por tanto as afirmacións formuladas por AER nas que aseguraba que se estaban a utilizar métodos agresivos coa biodiversidade como “escavadoras para limpar o areal”.

De feito, sinala a alcaldesa Digna Rivas, o informe solicitado pola Concellería de Medio Mariño ao xefe de equipo e coordinador do persoal de praias, sinala textualmente que “dende o inicio do servizo de limpeza de praias, que comezou o pasado mes de xuño, a recollida de algas sempre se fixo da mesma maneira, de forma manual, e coa mesma maquinaria, un tractor propiedade do Concello e vehículos Corvis”.

Másnoticias

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia

01/11/2025
Redondela aproba un investimento de 700.000 euros para obras nas parroquias

Redondela reorganiza su Gobierno local, en el que entra Vicente Lamas por Iván Vallés

30/10/2025

Para deixar máis clara a situación actual, Digna Rivas chama a atención sobre o feito que, unha vez que a competencia nesta materia pasa da Concellería de Medio Ambiente á de Medio Mariño “os traballos seguen realizándose exactamente do mesmo xeito e, en ningún caso utilizando excavadoras, como afirma AER”. O informe explica, detalladamente, que logo do cambio de concellería “a recollida de algas faise de maneira manual con rastrillos e horquillas que se utilizan para facer montóns de algas. Estas, posteriormente, son cargadas no cazo do tractor propiedade do Concello e nos vehículos Corvis e transportadas aos contedores de Urbaser para, posteriormente ser levadas polos camións da empresa que xestiona os residuos do Concello”.

É dicir, insiste a alcaldesa, “estanse a utilizar exactamente os mesmos medios e o mesmo sistema que o utilizado no seu momento pola concellería de Medio Ambiente” polo que engade a rexedora “a afirmación de utilizar maquinaria agresiva é tan falsa como gratuíta e evidencia un descoñecemento absoluto sobre a realidade”.

O único en que se diferencia a recollida de algas de antes do 17 de xullo –data do cambio de competencias na materia de recollida de algas– e de despois desa data é que, tal e como apunta o informe, “agora se recollen todas as algas sen deixar ningunha no areal sempre que o permitan as mareas nas horas de traballo, xa que a recollida –explica o xefe de equipo– depende das mareas e as algas que non se poden recoller nese momento, recóllense ao día seguinte”.

Doutra banda, a empresa á que a Concellería de Medio Ambiente dirixida por Roberto Villar (AER) encargou no seu momento a retirada de algas logo das primeiras areas vivas, en maio de 2021, sinala que os traballos realizados nese momento na praia e peirao de Cesantes e na praia de Arealonga de Chapela realizáronse de xeito manual “horquillas e rastrillos” e que posteriormente o Concello “mediante medios mecanizados (tractor con pala) levaron os restos aos contedores proporcionados tamén polo Concello”.

De ámbolos dous informes dedúcese, afirma a alcaldesa Digna Rivas, “que os medios utilizados antes e despois do traspaso de competencias de Medio Ambiente a Medio Mariño, son exactamente os mesmos, co mesmo método de traballo e a mesma maquinaria que xa entón se utilizaba por parte da Concellería que dirixía Roberto Villar, para o traslado das algas recollidas aos colectores”.

A alcaldesa redondela “lamenta que por parte de AER pretenda confundirse á cidadanía recorrendo a informacións que, en absoluto, se axustan á realidade e que, queremos crer, débense a unha simple falta de información e non a un intento deliberado de terxiversar os feitos”.

“Somos plenamente conscientes da importancia do noso medio ambiente e da conservación do medio mariño –matiza Digna Rivas–, unha concienciación que ven dada non só polo feito de atoparnos nunha zona de extraordinaria importancia medioambiental incluída na Rede Natura 2000, senón tamén polo feito de que un medioambiente sustentable contribúe ao mantemento da forma de vida de moitas familias que teñen, no medio mariño, o seu sustento”.

Temas: playasRedondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán restaura la memoria de su maestro republicano reviviendo una emotiva imagen
Enfoque

Nigrán restaura la memoria de su maestro republicano reviviendo una emotiva imagen

Nigrán logra reconstruir la imagen de su maestro de la República. Busca resarcir su figura con un homenaje que le haga justicia

PorMetropolitano
04/11/2025
El presidente de la Diputación apela a la "inversión sin precedentes" en 2026 para atender "necesidades"
Enfoque

El presidente de la Diputación apela a la "inversión sin precedentes" en 2026 para atender "necesidades"

Así lo ha expuesto Luis López en el Parlamento gallego al dar cuenta de un presupuesto que asciende a 239 millones

PorCarlos I. Castrillón
04/11/2025
Proteger Vigo en la noche más oscura, el despliegue de la Policía Nacional por el gran apagón desde dentro
Enfoque

La Policía Nacional evita 'in extremis' dos suicidios en Vigo

Varios intentos de suicidio en Vigo en las últimas horas. La Policía Nacional interviene 'in extremis' para evitar el trágico resultado

PorAlfredo Teja
04/11/2025
Galería | Imágenes inéditas de la desolación que dejaron los incendios en Ourense
Enfoque

La Xunta cifra en 118.966 las hectáreas quemadas en 2025, con un 70% de incendios intencionados

La Xunta de Galicia publica las primeras conclusiones tras los incendios de este verano. Sus cifras no coinciden con los datos de Copernicus

PorEuropa Press
04/11/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X