• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O Consello da Xunta da UVigo aproba o nomeamento como reitor de Manuel Reigosa

O Consello da Xunta da UVigo aproba o nomeamento como reitor de Manuel Reigosa
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/06/2022

Mes e medio despois de celebrarse as eleccións nas que foi elixido por segunda vez como reitor da UVigo, Manuel Reigosa tomará posesión do seu cargo o vindeiro 20 de xuño. Farao despois de que o Consello da Xunta aprobase, na sesión deste xoves, o decreto do seu nomeamento. O acto terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas ás 11.00 horas e estará presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e nel tomarán tamén posesión dos seus cargos os doce integrantes do novo equipo reitoral de Reigosa.

Logo da intervención do secretario xeral, na que dará lectura ao decreto de nomeamento do reitor da UVigo, Manuel Reigosa prometerá o seu cargo e o presidente da Xunta de Galicia faralle entrega da medalla de reitor e do bastón de mando. Será entón o momento no que o xa novo reitor da UVigo pronunciará o seu discurso, para dar paso despois á toma de posesión dos novos cargos do equipo reitoral. Once vicerreitoras e vicerreitores e un secretario xeral integran o equipo que acompañará a Reigosa no seu segundo mandato e no que unicamente o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama Santomé, manteñen as mesmas responsabilidades que no primeiro mandato. Nesta nova etapa tamén repiten, aínda que con cambios nas súas vicerreitorías, Natalia Caparrini Marín, que ocupará a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade; Belén Rubio Armesto, que incorpora Transferencia e Innovación a Investigación; José María Martín Moreno, que pasa a ocupar a vicerreitoría de nova creación de Relacións coa Empresa; e María Isabel Doval Ruiz, que será a vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade. As caras novas do equipo son Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, que ocupa o cargo do falecido Manuel Ramos Cabrer; Marisa Isabel del Pozo Triviño, vicerreitora de Internacionalización; Susana Reboreda Morillo, vicerreitora de Extensión Universitaria; Elena Rivo López, vicerreitora do campus de Ourense e Eva María Lantarón Caeiro, vicerreitora do campus de Pontevedra. Pola súa banda, Miguel Ángel Michinel Álvarez seguirá exercendo como secretario xeral.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

O discurso do presidente da Xunta porá o punto final a un acto ao que asistirán representantes dos ámbitos académico, político, social, económico e cultural de Galicia.

Apoio do 72% dos votos

Manuel Reigosa Roger volverá ser o reitor da Universidade de Vigo os vindeiros catros anos despois de acadar nas eleccións celebradas o 4 de maio o 72% de votos ponderados a favor da súa candidatura á fronte de H2040. Nunha xornada electoral marcada polo falecemento do vicerreitor e integrante do seu equipo de goberno, Manuel Ramos Cabrer, emitíronse un total de 2234 votos válidos, dos cales 1607 foron a favor e 627 en contra da candidatura de Reigosa, que obtivo o apoio maioritario nos tres campus e en todos os sectores, cunha ampla diferencia principalmente entre o alumnado, colectivo no que acadou 612 votos a favor, 194 en contra e 25 en branco.

Nado en Vigo en 1958, Manuel Reigosa é licenciado e doutor en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990 e catedrático de Fisioloxía Vexetal, o novo reitor foi director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, dúas veces decano, director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación. Autor de máis de 100 artigos de investigación e editor de cinco libros para editoriais como Kluwer ou Springer, entre outras, con seis sexenios investigadores e seis quinquenios docentes recoñecidos, na actualidade está centrado no traballo editorial, incluíndo o traballo como editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas e Allelopathy Journal) e a participación como editor asociado noutras tres (PLOS ONE, Acta Physiologia Plantarum e Weed Biology and Management).

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

...

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

...

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

...

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X