O Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar unha modificación orzamentaria para acometer investimentos de carácter urxente por un importe total de 1.890.000 euros. O Comité Directivo aprobou este crédito extraordinario, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais, co fin de levar a cabo obras e proxectos de saneamento e abastecemento nos catro concellos que integran a entidade.
Tal e como explicou Lorenzo, “o criterio de reparto das contías a investir en cada municipio resolverase en función da participación de cada un deles nos ingresos do Consorcio, tal e como establecen os seus estatutos”. Así, no Concello de Mos investiranse 221.275,59 euros con destino a eliminación de verteduras en zonas onde non existe rede de saneamento , tales como a contorna da urbanización San Antoíño ou en varios núcleos das parroquias de Cela e Sanguiñeda. O Porriño recibirá 1.025.054,46 euros cos que se acometerán proxectos e obras de saneamento nas sete parroquias que conforman o municipio.
Pola súa banda, Salceda disporá de 172.103,24 euros para investir en actuacións de saneamento en Ataúde e Loureiro (Picoña), Ponte do Ameal-Presa (Parderrubias), Outeiro (San Xurxo) e Santa María (Santa María).
Os 472.811,10 euros restantes corresponderán ao Concello de Tui, cos que se realizarán investimentos en diversos ramais da rede de saneamento nos lugares de Laranxeiras, Sardadiñas, Costal, Mallón, Campo de fútbol de Ribadelouro, Mourentán, Souto (Pexegueiro), Magdalena, O Castro e Souto de Arriba, así como obras de renovación das instalacións de abastecemento na rúa San Telmo.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL