• Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Alerta por calor
  • Obras Vigo
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Trenes Turísticos Galicia
  • Despedida en Vigo
  • Fiesta en Valença
  • Rutas ciclistas
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Foro Tecnolóxico de Emprego celebrará 25 anos de historia cunha edición chea de novidades

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/12/2024

25 anos de éxito ás costas son moitos para calquera evento, pero sono aínda máis cando se trata dunha iniciativa nacida por e para o alumnado como o é o Foro Tecnolóxico de Emprego. Esta feira, impulsada por estudantes das escolas de enxeñaría do campus de Vigo, celebrará o vindeiro mes de marzo o seu vixésimo quinto aniversario, unha edición que, como avanzan dende a organización, será “moi especial”.

O evento terá lugar os días 11 e 12 de marzo e dende a organización agardan que sexa unha das máis numerosas en cantidade de empresas asistentes. Nesta fiestra ao mercado laboral o alumando poderán entregar os seus currículos ás compañías presentes, coñecer as demandas e tendencias do mercado laboral e asistir a relatorios, mesas redondas e obradoiros.

Másnoticias

La tienda gamer de Vigo que busca joyas de la PlayStation 2 que alcanzan los 1.000 euros

07/06/2025
Dos bañistas en el río de Leiro en plena ola de calor - EUROPA PRESS

Alerta amarilla el lunes por altas temperaturas en más de 30 concellos de Pontevedra y Ourense

07/06/2025

A clave, o traballo en equipo

Este ano son 17 mozos e mozas os que se encargan da organización do Foro Tecnolóxico de Emprego, tres da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, tres da EE Industrial e once da EE de Telecomunicación. Á fronte do grupo está Iago Vázquez Quiroga, alumno do Máster de Enxeñaría Industrial, e xunto a el conforman o equipo directivo José Luis Rodríguez Rodríguez, estudante de  4° curso de Enxeñaría de Telecomunicación, como coordinador de Organización, e Belén Parente Artime, alumna do Máster de Enxeñaría de Minas, coordinadora de Comunicacións.

Aínda que este é o seu primeiro ano como coordinador xeral, Iago Vázquez conta cunha ampla experiencia dentro do equipo do foro, xa que na pasada edición tivo as responsabilidades de coordinador de patrocinios e no anterior era colaborador. “Dende o primeiro ano que formo parte o equipo, sabía que era unha oportunidade única para poder coñecer empresas punteiras do sector tecnolóxico, cando formas parte do equipo tes unha relación moi próxima con todas e valoran moito que te impliques na organización do evento”.

Para Iago Vázquez o segredo que hai detrás do Foro Tecnolóxico de Emprego e a clave para que cada edición supere á anterior é “un gran traballo en equipo sumado a unha gran coordinación. É típico dicilo, pero a chave do éxito reside no grande equipo que se forma cada ano, a pesar de sufrir grandes cambios, todos os anos o espírito Foro mantense entre todos os integrantes, todos traballamos para que o evento sexa o mellor posible”. En total, entre todas as edicións pasadas foron arredor de 250 os mozos e mozas que investiron o seu tempo na organización destes evento, que se celebrou incluso durante a pandemia cunha edición totalmente virtual.

Unha oportunidade única de establecer contacto co tecido empresarial

O obxectivo do Foro Tecnolóxico de Emprego é facilitar unha conexión directa entre empresas e estudantes, permitindo a captación de talento para prácticas, traballos fin de grao e de mestrado e oportunidades laborais. Durante as dúas xornadas do evento as e os asistentes poderán achegarse aos postos das empresas, nos que se recollen currículos e se establecen posibles oportunidades laborais. O programa inclúe tamén workshops que permiten o desenvolvemento de habilidades e competencias e conferencias técnicas nas que se presentarán temas seleccionados por estudantes a través de enquisas previas.

Para o coordinador xeral é, en resumo, o mellor evento que teñen os estudantes para coñecer e falar de ti a ti coas empresas do sector tecnolóxico.  “Aínda sendo de primeiro de grao, poden comezar a falar con empresas do seu interese, para coñecer mellor que fan e que prácticas ou traballos ofrecen. Canto antes comecen, antes perderán o medo a falar coas persoas responsables de recursos humanos, ademais de ter acceso a mellores oportunidades laborais”.

Unha edición especial na que se agardan máis de 50 empresas

O equipo deste ano ten ante si o reto de poñer en marcha a que probablemente sexa a edición máis especial ata o momento e recoñecen que está a ser un proceso moi intenso. “Dende setembro que conformamos o equipo, todas as semanas temos tarefas para ir avanzando na organización e xa comezamos coa inscrición das empresas e dos colaboradores”, explican. Ademais, compaxinar todo este traballoo coas actividades académicas “non é fácil, pero grazas a todo o grande equipo e unha boa organización é posible”, recoñece Iago Vázquez.

Con tres meses por diante para acabar de darlle forma á edición do 25 aniversario, dende a organización adiantan que este ano será “moi especial, temos preparadas moitas novidades para o evento”, sen querer dar máis detalles. O que si avanzan é que será unha edición moi numerosa, xa que agardan contar con máis de medio de cento de empresas, que estarán a disposición do alumnado durante os dous días que durará o evento.

Temas: empleoUniversidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Xunta de Galicia
Enfoque

Estos son los precios del parque acuático de Monterrei, el más moderno de Galicia, este verano

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

La tienda gamer de Vigo que busca joyas de la PlayStation 2 que alcanzan los 1.000 euros

...

PorGabriel González
07/06/2025
Dos bañistas en el río de Leiro en plena ola de calor - EUROPA PRESS
Enfoque

Alerta amarilla el lunes por altas temperaturas en más de 30 concellos de Pontevedra y Ourense

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

Una céntrica calle de Vigo pone fecha a su cambio de imagen definitivo

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X