Fusión gastronómica para celebrar Europa. Co gallo de conmemorar a paz e a unidade do continente europeo, cada 9 de maio os países membros da Unión lembran a Declaración de Robert Schuman, berce da actual comunidade política dos 28. Con esta efeméride en mente, a Deputación de Pontevedra volveu levar aos mercados da provincia a innovación e vangarda gastronómica da man do alumnado do centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra .
Este martes, a cita foi no Mercado do Progreso de Vigo onde unha sorprendida clientela topouse unha ampla variedade de petiscos e chopos elaborados polos alumnos e alumnas do centro vigués con inspiración en pratos típicos de Inglaterra, Francia, Holanda, Dinamarca, Noruega ou Francia.
No acto, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, invitou aos asistentes “a probar as marabillosas tapas” que a administración provincial está a levar a diferentes mercados da provincia. Nesta celebración gastronómica estiveron tamén presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o tenente alcalde e deputado de Cooperación Municipal, David Regades.
A Presidenta da Deputación subliñou que con esta campaña a institución provincial ten marcados tres obxectivos básicos. O primeiro, sumarse a conmemoración do día de Europa. O segundo promocionar os produtos de mercado de proximidade cos produtos da terra e do mar. E, o terceiro, divulgar a aposta formativa dos dous centros de Formación Profesional este eido na provincia.
O rexedor olívico, pola súa parte, destacou o “nivel dos mercados de Vigo” que compoñen a rede municipal á vez que salientou que nada teñen que envexar a outros de gran renome comercial e turístico.
O Degusta Europa de Vigo pecha a ruta de petiscos elaborados polo alumnado do Manuel Antonio tras pasar por A Guarda e Cangas. Agora, a iniciativa visitará Lalín, Marín e Vilagarcía da man dos e das estudantes do Carlos Oroza de Pontevedra.
Educación refuerza el acuerdo con la Comisión Fulbright para dotar al sistema educativo de 43 auxiliares de conversación
El centro de Vigo sumará un nuevo supermercado próximamente. Una cadena que abre los siete días de la semana abrirá una nueva tienda
Tarifa plana de 20 euros o la recuperación de más rutas, la alternativa que propone el PP para mejorar el bus urbano de Vigo
Vigo recibe este martes los casi 800 asientos que el Celta pondrá a disposición de sus aficionados en la grada de Gol este inicio de campaña
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL