O Concello do Porriño sacou a licitación por primeira vez o contrato para a sinalización horizontal e vertical dos viais municipais, tanto no centro urbano como nas parroquias e polígonos industriais.
"Trátase dun contrato que forma parte das tarefas necesarias para manter a orde e seguridade na circulación nos viais, especialmente nos pasos de peóns e cruces, e que non se tiña regularizado, executando ata o de agora os traballos con contratos `a dedo´ que non garantían o correcto mantemento do viario municipal", explican dene o Goberno local.
“Este contrato responde ao compromiso deste equipo de goberno co mantemento do Porriño”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo, para engadir que “ese compromiso pasa tamén pola regularización da contratación, que permite dar conta de cada céntimo do diñeiro público e garantir a resposta ás necesidades que día a día van xurdindo”.
O orzamento base de licitación é de 107.992 euros, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte. “Executarase a sinalización horizontal e vertical dos viais municipais nos que a falta de pintado e de sinalización vertical está a xerar graves problemas de seguridade, téndose xa producido accidentes por esta causa”, concluíu o rexedor. Os traballos consistirán no pintado das liñas, cebreados e símbolos e a instalación da sinalización necesaria para garantir a seguridade no centro urbano, nas parroquias e nos polígonos industriais.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL