• Obras Avenida de Madrid
  • Apertura en Vigo
  • Nuevo mirador
  • Barrio do Cura
  • Precios Parque Acuático
  • Mejores Tapas
  • Festa da Rosa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O reitor da Universidade de Vigo confirma que “a matrícula de grao ronda o 100%”

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/09/2023

As cuestións relativas ao inicio do curso protagonizaron o primeiro Consello de Goberno do ano académico 2023/2024. O reitor vigués, Manuel Reigosa, adiantou nesta sesión que, se ben aínda non son datos consolidados, “a matrícula de grao ronda o 100%”, ao compensarse as titulacións que teñen algún estudante de máis con aquelas nas que queda algún oco baleiro. Nesta liña, o máximo responsable da institución académica viguesa deu por solucionados os problemas de matrícula que viña habendo co Grao en Dirección e Xestión Pública, que xa alcanzou a cifra de 45 estudantes, “unha magnífica tendencia que agardamos confirmar en vindeiros anos” e, pola contra, admitiu que comeza a ser preocupante a falla de vocacións que se está a rexistrar a nivel nacional nos estudos de Enxeñaría de Telecomunicación, algo que tamén afecta á escola viguesa, “pese a tratarse dunha titulación moderna, con gran demanda empresarial e magníficos datos de emprego”, polo que, segundo adiantou, desde a UVigo se fará todo o posible por reverter este proceso.

Son algúns dos feitos máis salientables dunha sesión que se celebrou de xeito presencial no paraninfo do edifico Ernestina Otero e que, como é habitual, tamén puido seguirse en liña. A xuntanza arrancou cunha agarimosa lembranza para o “benquerido profesor” da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Fernando Isasi, falecido o pasado mes de agosto.

Másnoticias

A UVigo reivindica “a teima por imaxinar” de Isaac Díaz Pardo

09/06/2025

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

Un curso que arranca con novidades...

Como principais novidades deste curso Reigosa situou o Grao en Deseño, “longo tempo agardado”, que arranca andadura no edificio de Benito Corbal e que se agarda poida dispor de facultade propia nun par de anos, e o Máster en Enxeñaría Aeronáutica, “tamén longo tempo esperado e que, finalmente, é unha titulación exclusiva da Universidade de Vigo”. A eles súmanse tres novos mestrados partillados: Xestión Sostible da Auga, Tecnoloxías da Comunicación Cuántica é Fabricación Aditiva.

Ao marxe destas cuestións, o reitor informou tamén aos membros do Consello de Goberno que o acto de recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU, que tradicionalmente se celebraba na Universidade de Santiago de Compostela, pasou a ser un acto do Sistema Universitario Galego, no que participan as tres universidades públicas e a consellería e, polo tanto, a partires de agora a súa celebración irá rotando polos sete campus galegos. “Penso que é unha boa nova e cando nos toque en Vigo farémolo con ledicia”, recalcou o reitor, quen subliñou que, “polo momento non se sabe se o vindeiro ano lle corresponderá organizalo á Universidade de Vigo ou a da Coruña”. Por outra banda, tamén deu conta da contratación de Magoya Méndez Martínez como nova xerenta da Fundación Universidade de Vigo.

Luz verde a múltiples trámites académicos

O vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente Alfonso Lago foi o encargado de presentar en detalle o calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2025/2026, así como o proceso para a realización, tratamento e presentación de resultados das enquisas de avaliación docente do profesorado, aprobada por asentemento na reunión da mesa de negociación do PDI o pasado 6 de xullo. Este último someteuse a votación e o resultado foi de 34 votos a favor, 2 en contra e ningunha abstención.

Durante a sesión procedeuse tamén á aprobación da modificación do regulamento de réxime interno do CACTI -a anterior versión era do ano 1996-, así como dos centros de investigación atlanTTic, Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, e CISPAC, Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais, así como das facultades de Relacións Internacionais, Bioloxía e Dirección e Xestión Pública.

Por outra banda, tamén se deu visto e prace á excedencia temporal solicitada polo catedrático de Dereito Administrativo Pablo Menéndez García para incorporarse á Universidad Rey Juan Carlos onde porá en marcha un proxecto de investigación sobre o servizo público de abastecemento de auga a poboacións, a sostenibilidade deste recurso e o réxime xurídico do vertido, depuración e reutilización de ditas augas.

A orde do día, incluíu ademais a modificación da denominación da empresa de base tecnolóxica Prismatrix, dirixida a explotar o coñecemento no ámbito da trazabilidade de materiais textiles e cuxa creación foi aprobada no Consello de Goberno do pasado mes de xuño. O cambio de denominación débese, segundo explicou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, a que durante o proceso de constitución detectouse que esta denominación non estaba dispoñible polo que se propuxo o cambio a Spectrum Grid, Sociedad Limitada.

Aprobouse tamén nesta sesión a extinción do título de Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA), situación que vén derivada do convenio asinado en decembro de 2021 no que se regulaba o cese de actividades do Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa e a súa desadscrición como centro adscrito á Univesidade de Vigo. Tras o seu paso por Consello de Goberno, queda pendente o informe do Consello Social e, posteriormente, elevarase tamén á Xunta de Galicia para que dea o visto e bo definitivo a esta cuestión.

A orde do día incluía tamén a elección dos integrantes da Comisión de Convivencia e Bo Goberno e tamén dun representante do PDI na Comisión de Investigación e Transferencia delegada do Consello de Goberno. En ningún dos casos foron necesarias eleccións, incorporándose á Comisión de Convivencia os docentes Patricio Sánchez Fernández e María José Vázquez Figueiredo, en representación do sector PDI; e Nerea Ferreiro Fernández e Sandra María Martínez Gómez, polo sector estudantes. A falta de candidaturas do sector PAS, obrigou a que a elección dos representantes deste sector quede pendente para un vindeiro Consello de Goberno, ao igual que o membro do PDI na Comisión de Investigación e Transferencia.

Na quenda de rogos e preguntas interviñeron diferentes membros da comunidade universitaria e abordáronse, entre outros, temas como o pagamento da produción científica, a partida de equipamento docente dos centros, a implementación de SIGMA no período de matriculación e as listas de agarda no proceso de contratación do profesorado.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Aparece una llamativa etiqueta en los productos de varios supermercados de Vigo

...

PorAlfredo Teja
09/06/2025
Enfoque

Así son las asombrosas rutas que recuperan los trenes turísticos de Galicia por una de sus joyas naturales

...

PorGabriel González
09/06/2025
Enfoque

¿Tiene Vigo las mejores tapas de toda Galicia?

...

PorAlfredo Teja
09/06/2025
Imagen de Archivo de una ambulancia
Enfoque

Un accidente en Meis deja un ciclista herido tras chocar contra un vehículo

...

PorGabriel González
09/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X