• AP-9
  • Festival 'friki' Vigo
  • Desembarco Policía Vigo
  • Restaurante de Vigo
  • Fiesta Empanada
  • Oferta Ryanair
  • Fiesta Casco Vello
  • Desayuno Vigo
  • Rally coches clásicos
  • Celta en Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Ons, a illa que foi unha importante industria de salgadura de peixe na época romana

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
11/05/2022

Durante o ano 2021, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo levou a cabo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dúas intervencións arqueolóxicas na illa de Ons co obxectivo de coñecer mellor a historia desta illa. Este mércores presentáronse nela os resultados dos traballos realizados, destacando como “agora sabemos con total seguridade que a illa estaba habitada desde finais do século I antes de Cristo e que nela floreceu unha importante industria de salgadura de peixe e de elaboración de púrpura, aproveitando as excepcionais características da súa contorna”.

A presentación de resultados na illa de Ons contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López; o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández; o xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, e o investigador do GEAAT responsable do proxecto arqueolóxico en Ons, Adolfo Fernández. “Realizouse un gran traballo, a través de dúas intervencións, que nos permite confirmar a ocupación humana da illa de Ons hai vinte séculos e tamén o modo de vida dos seus habitantes, polo que damos un paso máis no descubrimento da súa historia e ademais pretendemos continuar con esta liña de traballo para seguir poñéndoo en valor”, sinalou Luis López.

Másnoticias

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

17/09/2025
Imagen de acacias.
- UVIGO

Investigadores vigueses alertan de las consecuencias de la invasión de acacias en los bosques atlánticos

16/09/2025

Intervención na praia de O Canexol

A actuación impulsada pola Xunta de Galicia e a UVigo consistiu en dúas intervencións. Segundo explica o GEAAT, unha delas localizouse na praia de O Canexol, onde se coñecía a existencia de restos de época romana identificados como unha factoría de salgadura de peixe. Nesta zona realizáronse dúas sondaxes, unha completa prospección xeofísica ao longo de todo o camiño que discorre pola praia e unha limpeza e rexistro de todos os restos arqueolóxicos visibles no cantil. “Os resultados foron excepcionais. A limpeza do cantil xa indicaba a existencia de máis dunha fábrica de salgadura, hipótese que quedou verificada cos resultados obtidos coa prospección xeofísica, realizada pola empresa SOT prospecció, que detectou a presenza de dúas fábricas e outras estruturas asociadas ao complexo industrial romano, como unha rampla de acceso desde a praia para subir o peixe cara ás fábricas”, comenta Adolfo Fernández.

As sondaxes e a limpeza, engade, permitiron recuperar neste punto unha gran cantidade de materiais orgánicos, como ósos, restos de peixe e moluscos. “Unha das grandes novidades foi a identificación dun vertedoiro de cunchas de múrices (Stramonita haemastoma), un molusco utilizado para fabricar tinguidura de cor púrpura en época romana o que indica que en Ons os romanos ademais de preparar peixe salgado e salsas tamén fabricaban púrpura”, sinala o director do proxecto. Este achado, subliña, “é de grande importancia xa que se trata do primeiro taller deste produto documentado no norte da Península ibérica”. As fábricas, apunta, construíronse posteriormente, xa durante o século I despois de Cristo, perdurando en funcionamento ata polo menos o século IV. “Grazas á arqueoloxía sabemos que en O Canexol funcionaron dúas ou mesmo tres grandes fábricas de peixe en salgadura e de púrpura durante varios séculos”, afirma Adolfo Fernández.

Intervención no castro do castelo dos Mouros

Tras esta descuberta, o arqueólogo indica que xurdiu a pregunta de onde vivían os traballadores desta puxante industria de conservas de peixe. “Esta pregunta só podía ser contestada cunha segunda intervención arqueolóxica, esta vez no castro do castelo dos Mouros, situado a poucos metros sobre o propio Canexol”, comenta. Segundo explica Adolfo Fernández este lugar non fora intervido anteriormente, “aínda que a súa fisionomía apuntaba a un poboado prerromano, á vista das súas impoñentes defensas con ata tres parapetos e ambos fosos defensivos no seu lado oeste”.

A intervención levada a cabo neste punto, apuntan desde o GEAAT, a finais do pasado ano trouxo consigo importantes novidades sobre a ocupación humana da illa. “A prospección xeofísica deixou entrever a presenza de importantes estruturas enterradas no recinto do castro. A escavación centrouse na ladeira este do recinto principal, un lugar desde onde se divisan perfectamente os restos de Canexol e contrólase a ría de Pontevedra e a navegación de cabotaxe desde a ría de Vigo”, detallan. Na escavación descubriuse por completo unha gran habitación dunha casa, de planta cadrada que perdurou en uso ata finais do século IV despois de Cristo, “unha data precisa grazas ao descubrimento dun conxunto de 31 moedas de bronce desa época no interior da vivenda”.

Próxima campaña

O GEAAT, en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, disponse a comezar antes o verán unha nova escavación no castro para aumentar a área exhumada con novas estruturas que permitan coñecer mellor a súa historia. Ademais da escavación, o proxecto inclúe o deseño e a creación dunha ruta sinalizada e con información sobre os novos restos descubertos. “Grazas á arqueoloxía, o pasado antigo de Ons sae do seu ostracismo e aspira a converterse nun reclamo máis da illa”, afirma Adolfo Fernández. Agora, resume, “sabemos con total seguridade que a illa estaba habitada desde finais do século I antes de Cristo e que nela floreceu unha importante industria de salgadura de peixe e de elaboración de púrpura”. Ademais, engade, “coñecemos tamén que estes poboadores vivían no castro e mantiñan relacións económico-comerciais con outros territorios afastados. A finais do século IV abandónanse as fábricas e o castro como sucede noutros puntos da costa galega, por razóns que aínda hoxe descoñecemos, o que demostra que aínda nos queda moito por descubrir do pasado das Illas Atlánticas, das xentes que as poboaron e as súas formas de vida”.

Temas: BueuIlla de OnsO MorrazoOnsUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Los condenados por delitos sexuales en Galicia se disparan en 2024: suben un 40% los adultos

...

PorCarlos I. Castrillón
18/09/2025
Enfoque

El acusado de matar a su ex delante de sus hijos en Baiona rechaza un acuerdo y renuncia a su abogado

...

PorCarlos I. Castrillón
18/09/2025
Enfoque

El Gobierno incluye a Vigo en el plan millonario de inversiones en aeropuertos: así se reforzará Peinador

...

PorMetropolitano
18/09/2025
Enfoque

Así es el innovador edificio que inaugurará Tomiño pionero por su diseño y proyecto social

...

PorMetropolitano
18/09/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X