Os 10 festivais de verán asociados este ano á marca FEST Galicia congregaron preto de 200.000 asistentes. Se temos en conta que o estadio de Balaídos conta cun aforo máximo dunhas 29.000 persoas, precisaríanse sete estadios para dar cobixo aos festivaleiros que seguiron a ruta promovida pola Xunta de Galicia.
PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival son os 10 eventos asociados a esta primeira temporada de FEST Galicia, que naceu como un proxecto transversal do Goberno autonómico e reforza o apoio que xa se lles estaba brindado aos festivais mediante a convocatoria anual de subvencións.
A marca fíxose este verán visible cun stand versátil, cun deseño inspirado nas estruturas dos propios escenarios dos festivais e para o que se empregaron materiais reciclados, centralizou esta actividade na meirande parte dos casos, sumando 130 horas de atención e información ao público. Ademais, a marca difundiuse brindándolles a súa imaxe a varios escenarios, mesas de debate e outras actividades culturais paralelas.
Ao tempo que se apoiou a programación musical con perspectiva de xénero e a incorporación de mulleres a todas as categorías profesionais da organización destes encontros, FEST Galicia contou coa implicación da Secretaría Xeral de Igualdade no marco na campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual. Neste sentido, varios dos festivais dispuxeron de persoas de seguridade identificadas con chalecos de cor violeta e de persoal especializado para informar sobre como actuar en caso de agresións. Difundiuse con este fin un decálogo contra a violencia sexual, en liña cunha nova aplicación móbil desenvolvida pola Xunta, ademais de promover o lema da campaña mediante propostas lúdicas, como os obradoiros de estampaxe de camisetas.
O espazo FEST Galicia acolleu tamén a iniciativa O galego crea ambiente, ideada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o valor da lingua galega como parte do noso patrimonio, xunto coa cultura e o medio natural. Esta dobre mensaxe transmitiuse co obxectivo de convidar a mozos e mozas a relacionarse de xeito responsable co medio e a facelo en galego. Nun ambiente lúdico, convidouse os asistentes a participar en probas de improvisación e coñecemento do galego, así como a achegar as súas ideas sobre como promover a nosa lingua entre a xente nova de cara á elaboración do primeiro Plan de Dinamización da Lingua Galega entre a Mocidade.
A este público mozo dirixíronse, así mesmo, varias iniciativas de promoción do Carné Xove e de difusión dos programas que ten en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
A posta en marcha de FEST Galicia reflectiuse tamén no apartado das industrias culturais, ámbito no que a Agadic, en colaboración coa Universidade de Santiago, promoveu a elaboración de estudos dos impacto económico e social de cinco dos festivais: PortAmérica, Resurrection Fest, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas. Os seus informes, xa presentados, están a ser o punto de partida para o deseño de novas medidas que redunden nos valores que FEST Galicia promove, como é o caso da redacción dun manual de boas prácticas para estes eventos, que se está a elaborar en colaboración coa Asociación Empresarial Festivais de Galicia.
En estreita relación con esta medida, a medio prazo desenvolverase un selo distintivo que recoñeza e lles dea visibilidade aos festivais profesionais organizados con criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social, fixando así mesmo os requisitos que deberán reunir os eventos FEST Galicia nas próximas convocatorias públicas de adhesión. Igualmente, será de moita utilidade no inicio dos traballos cara á elaboración dun plan estratéxico para este sector, de novo en colaboración directa cos seus representantes.
La inversión de casi dos millones es para la primera fase de rehabilitación del centro educativo de Vigo. Los trabajos durarán seis meses
La explanada del Centro Comercial A Laxe acogió este viernes el flashmob de la Navidad de Vigo. Un evento que no se celebraba desde 2019
Convocan nuevas protestas en supermercados de Mercadona en el área de Vigo. Señalan que Inspección de Trabajo constata la situación que sufren
El mercado de ropa vintage a 10 euros, el "más loco de toda España" aterrizó en Vigo con largas colas para hacerse con alguna de las prendas
As conclusións do estudo permitirán achegar recomendacións específicas a cada universidade
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL