• Porta do Sol
  • Planazos verano Baiona
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Obras en Coia
  • Gira Los40
  • Entradas Deep Purple
  • Musical Vigo
  • Exhibición aérea Viana
  • Nuevo outlet
  • Parque acuático
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Os catedráticos da UVigo Laura Carballo e Juan Pou, Medallas de Investigación da RAGC

Os catedráticos da UVigo Laura Carballo e Juan Pou, Medallas de Investigación da RAGC
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
30/09/2025

A catedrática de Dereito Internacional Privado e decana da facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Laura Carballo Piñeiro, e o tamén catedrático de Física Aplicada da institución académica viguesa Juan Pou Saracho recibirán as Medallas de Investigación que outorga a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en recoñecemento as súas traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas. Carballo e Pou recibirán cadansúa distinción, xunto aos tamén galardoados investigadores da UDC, Nieves Rodríguez Brisaboa, Francisco J. Blanco García e María Carmen Veiga Barbazán, nun acto que se celebrará o 8 de outubro en Santiago de Compostela, co gallo do Día da Ciencia en Galicia.

“Un apoio fundamental ao Dereito”

Laura Carballo (Marín, 1971) recibirá a medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Socias da RAGC polo seu traballo de investigación que ten como liña principal o Dereito laboral marítimo internacional, “da que é un referente”, sinala a Real Academia Galega de Ciencias.

Másnoticias

Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

22/06/2026
El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

19/06/2026

"Como investigadora galega síntome moi honrada. Reconforta que nestes intres de grande ameaza para a orde internacional e os dereitos das persoas sen importar a súa orixe, a RAGC apoie o papel fundamental do Dereito para acadar a paz, a seguridade e o benestar de nacións, a dignidade dos pobos, en definitiva, como diría García-Sabell”, salienta Carballo. Catedrática de Dereito e Política Laboral Marítima na World Maritime University, creada pola Organización Marítima Internacional (OMI), con sede en Malmö, e da que foi directora do seu departamento de Dereito e Política Marítima, Laura Carballo participou nun consorcio internacional para prover á Dirección Xeral de Transportes da Comisión Europea dun estudo sobre os aspectos sociais dentro do transporte marítimo.

Para a Federación Europea de Traballadores do Transporte realizou un proxecto sobre seguridade social e emprego marítimo e dirixiu un programa destinado a promover o traballo decente a bordo de buques da mariña mercante. A actual decana da facultade de Relacións Internacionais da UVigo participou nun estudo sobre os horarios de traballo no mar, que suscitou que varios países solicitaran á OMI que puxera en marcha as súas recomendacións. Ademais, a OMI contou cos seus coñecementos para prestar formación en transporte marítimo en Ghana e Chile. Asesora do Comité de Expertos na Aplicación dos Convenios e Recomendacións da Organización Internacional do Traballo, Laura Carballo vai ser a primeira galega en impartir un curso na Academia de Dereito Internacional da Haia.

“Un recoñecemento á investigación sobre as aplicacións do láser en Galicia”

Juan María Pou Saracho (A Guarda, 1963), catedrático de Física Aplicada da UVigo, recibirá o vindeiro 8 de outubro a medalla Isidro Parga Pondal da sección de Ciencias Técnicas da RAGC. “Referente internacional no eido das aplicacións láser”, sinala a Real Academia, as liñas de traballo de Pou céntranse na industria, a saúde e a sostibilidade; con preto de oito millóns de euros acadados en proxectos e contratos e 34 patentes.

“Este galardón é un recoñecemento a todas as persoas que desde os anos 1980 se dedicaron e seguen a dedicarse a investigar sobre as aplicacións do láser en Galicia e, en particular, ao noso grupo da Universidade de Vigo. Agradézolle aos meus compañeiros do Cintecx por crear un magnífico ambiente de traballo para desenvolver a nosa investigación”, sinala Pou, de quen a RACG destaca os seus traballos de valorización dos produtos e residuos xerados nas cadeas de produción vencelladas ao mar, como o aproveitamento de espiñas e ósos de peixe para obter fosfatos de calcio. A mellora da eficiencia dos sistemas mecánicos empregados nas artes de pesca e de produtos e servizos nos sectores da automoción, construción naval, aeronáutico, téxtil e da pedra natural para obter unha industria intelixente e sostible; o desenvolvemento de novos produtos para as industrias farmacéutica e biotecnolóxica ou a obtención de próteses e implantes con propiedades mecánicas melloradas, son outras liñas de traballo destacadas da actividade investigadora desenvolvida polo catedrático da UVigo.

Así mesmo, a RAGC destaca a participación de Pou nun proxecto europeo centrado no uso da tecnoloxía láser para reciclar o vidro que non se recicla, como o empregado en produtos farmacéuticos ou en dispositivos electrónicos como teléfonos móbiles e pantallas de ordenador.

Temas: CienciaUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Los trenes 'Avlo', la marca low cost de Renfe, circulan por primera vez en Galicia
Enfoque

Pesadilla en un AVLO a Vigo con más de 7 horas de retraso tras quedarse parado en mitad del camino

...

PorEuropa Press
25/06/2026
Denuncian el "total abandono" de Coia y proponen un plan para transformar este barrio de Vigo
Enfoque

Vigo activa la cuenta atrás para la regeneración del barrio de Coia con más de 7 millones de euros

...

PorMetropolitano
25/06/2026
Abre oficialmente el nuevo restaurante de un Estrella Michelin en Vigo con terraza al mar y conciertos
Enfoque

Abre oficialmente el nuevo restaurante de un Estrella Michelin en Vigo con terraza al mar y conciertos

...

PorAlfredo Teja
25/06/2026
En marcha la nueva imagen para la Porta do Sol de Vigo
Enfoque

En marcha la nueva imagen para la Porta do Sol de Vigo

...

PorAlfredo Teja
25/06/2026
Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo
Enfoque

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

PorMetropolitano
22/06/2026

La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X