• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Parque público de aluguer ou veto a subir as hipotecas: as propostas do BNG en materia de vivenda

Parque público de aluguer ou veto a subir as hipotecas: as propostas do BNG en materia de vivenda
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/09/2022

O acceso a vivenda converteuse nun problema que a crise de prezos no fixo máis que agravar, sobre todo nas cidades. Por iso, a portavoz nacional, Ana Pontón, desde Vigo puxo o foco neste asunto “porque se dispara o que se está pagando tanto en compra como en aluguer, que subiu de media máis dun 25%”. De feito, desde 2016, en urbes como Vigo ou A Coruña, os alugueres supoñen 1.693€ e 1.473€ máis ao ano respectivamente, para unhas familias que xa está asfixiadas.

Este asunto debe ter unha resposta desde as Administracións, subliñou Pontón, “pero o grave é que o Goberno do PP cargouse a vivenda de promoción pública, desde logo, estaría defendendo os intereses das construtoras, pero non o dereito das persoas a ter acceso a unha vivenda digna”, denunciou a líder do BNG. De feito, recalcou, “hai un dato que deixa claro até que punto o PP se cargou a vivenda pública: que no anterior Plan de vivenda 2015-2020 a Xunta prometeu 870 novas vivendas protexidas e finalmente adxudicou menos de 40 en todo ese período”.

Másnoticias

El nuevo ecobarrio de Vigo, sin coches, con vistas al mar, vivienda protegida y zonas comerciales

Vigo ganará un gran "pulmón verde" en Teis y se hará con la zona arbolada del Colegio Apóstol

22/07/2026
Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

22/07/2026

“Evidencia, subliñou, até que punto o PP non traballa para que a xente deste País teña acceso a unha vivenda a un prezo asumible”. Outra proba de que "o Partido Popular abandonou a promoción pública" está no recorte de orzamentos para ese fin, de tal xeito que de terse mantido o ritmo de inversións que había en 2009 teríanse investido 1.700 M€ máis en vivenda nestes 13 anos, “é hoxe a situación sería substancialmente diferente”, alegou.

Ante a "inacción do Goberno popular", Pontón explicou as propostas do BNG para afrontar o problema de acceso a vivenda, que pasan por poñer no mercado máis vivenda a prezo taxado, tanto en compra como en aluguer.

Nesa dirección, o Bloque propón medidas como reclamar ao Estado a cesión a Galiza de todas as vivendas da SAREB aptas para uso residencial, cuxa xestión sería a través do IGVS, “non se entende que todo ese parque de vivenda estea retido en lugar de darlle un uso público”.

Igualmente, crear un parque de vivenda pública en aluguer, para achegarnos ao entorno europeo no que a vivenda pública representa un 9,3% do total, mentres en Galiza é menos do 1%. No caso concreto de Vigo, o Bloque propón que o 75% da promoción de vivendas previstas en Navia sexan de promoción pública, a maioría destinadas a aluguer. “Hai que ter en conta que ese barrio albergará 1.600 novas vivendas, -o maior desenvolvemento de solo do IGVS de toda Galiza-, pero o PP só prevé 80 de promoción pública, pese a que hai 4.200 vigueses e viguesas que solicitan piso desde o rexistro de vivenda pública”, argumenta Pontón.

Como terceira medida, aumentar as axudas ao aluguer para a mocidade. De feito, o Bloque xa propuxo un plan de 2M€ con cargo aos orzamentos de 2022, que foi rexeitado polo PP que limitou a cifra a 800.000€. E reclama tamén que as axudas do bono alugueiro mocidade atenda a realidade de pisos compartidos, habitual entre a xente nova. En relación ao colectivo de xente moza, a formación nacionalista aposta por crear unha bolsa de vivendas específica para estudantes, tendo en conta as dificultades de acceso que están a ter nas cidades.

Mobilizar vivenda baleira

Un cuarto aspecto que o BNG considera clave é mobilizar a vivenda baleira, un 18% do total, “con medidas públicas que actúen pola vía fiscal, pola vía das axudas, en particular da rehabilitación condicionadas a que eses inmobles se destinen a aluguer a prezos razoables”, explicou Pontón.

A líder do Bloque foi moi crítica co feito de que, en plena crise de prezos, o Banco Central Europeo decida subir as hipotecas, o que supón apertar aínda máis as economías familiares, “porque esta crise non a provocou un exceso de demanda, ten outras causas, e subir os tipos de interese supón sobrecargar ás familias e á clase traballadora con esta crise”, argumentou. Pontón advertiu que “para moitas persoas ter que pagar 140€ máis ao mes obriga a decidir entre pagar a hipoteca ou comer, e iso non o podemos permitir, sería repetir erros do pasado”. O BNG ten claro que neste contexto de crise é a banca á que debe facer o esforzo, “pedirlle que non traslade á sociedade esta presión porque aínda non devolveron os 60.000 millóns de euros do rescate e a banca síguese forrando mentres a xente o pasa mal. Aquí tamén hai que tomar medidas de calado”, concluíu.

Temas: BNGVigovivienda en Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán anuncia la rehabilitación de varios lavaderos y fuentes para devolverles su valor patrimonial
Enfoque

Nigrán anuncia la rehabilitación de varios lavaderos y fuentes para devolverles su valor patrimonial

El Concello intervendrá en seis lavaderos y una fuente situados en las parroquias de Camos, Parada, Chandebrito y San Pedro da Ramallosa

PorMetropolitano
22/07/2026
El nuevo ecobarrio de Vigo, sin coches, con vistas al mar, vivienda protegida y zonas comerciales
Enfoque

Vigo ganará un gran "pulmón verde" en Teis y se hará con la zona arbolada del Colegio Apóstol

"Será un gran pulmón verde paralelo de Sanjurjo Badía", afirma el alcalde. Para ello la ciudad sumará a su patrimonio municipal un espacio de uso privado

PorÁngel Vila
22/07/2026
Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos
Enfoque

Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

Una tienda de Vigo anuncia que comenzará una nueva etapa. Tendrá una liquidación de bicicletas, ropa, cascos y más

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Vigo da el primer paso para mejorar los accesos a una de las playas de Alcabre, el arenal de O Cocho
Enfoque

Vigo da el primer paso para mejorar los accesos a una de las playas de Alcabre, el arenal de O Cocho

Abel Caballero anuncia que el Concello ha comprado dos parcelas en Alcabre para mejorar el acceso a una de sus playas

PorCarlos I. Castrillón
22/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X