A Asociación Cultural Musical de Pontellas comeza con forza o 2020 e demostra que, tras un ano de traballo, está lista para recuperar a vitoria no Certame de Rondallas do IFEVI que se celebrará o vindeiro 12 de xaneiro. Este pasado mércores, 1 de xaneiro, a agrupación fíxose co primeiro posto no concurso organizado polo Concello do Porriño.
Cunha valoración de 54,75 puntos, a Rondalla de Ponteñas gañou un II Concurso de Rondallas Concello do Porriño nunha rifada disputa coa agrupacións de Santa Eulalia de Mos que acadou 53 puntos e a de Atios que recibiu unha valoración de 50 puntos.
O evento, celebebrado nun ateigado Polideportivo Municipal de Deportes con todas as localidades ocupadas, estreou este ano a retransmisión en directo nunha pantalla xigante instalada no Pavillón 2 e por internet. O “streaming” do certame foi seguido por 2.087 persoas.
Neste II Concurso tomaron parte sete rondallas procedentes de Vigo, Tui, Mos e Porriño. Nomeadamente, actuaron a Rondalla do Centro Cultural de Torroso, Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos, Rondalla Mosteiro de Tui, Rondalla do CSCR de Beade, Rondalla Helios de Bembrive, Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios, Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas.
Os premios do concurso foron de 1.500 euros para a primeira rondalla, 1.000 euros para a segunda e 500 euros para a terceira. Ademais, a rondalla gañadora actuará nas festas de Nadal do próximo ano nas rúas do Porriño.
La antigua fábrica de Conservas Cerqueira se convertirá en un complejo residencial de lujo con espacios para el ocio
El presidente de la Diputación de Pontevedra asegura que "no es una imagen que las Rías Baixas quería transmitir al mundo"
Una de las tiendas más icónicas del Casco Vello de Vigo está a punto de cumplir 10 años. Pero antes ha anunciado un cierre temporal con descuentos
Órdago de Caballero a la Xunta de Galicia: "Si la Xunta rebaja el canon de Sogama bajará la tasa de basura"
Pondo o foco na ditadura franquista e na Transición. O proxecto do investigador Luis Velasco foi seleccionado nunha convocatoria de axudas da USC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL