• Incendio Oia
  • Incendio Vilaboa
  • Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Biblioteca Teis
  • Incendios Galicia
  • Mercado Bouzas
  • Ikea Vialia
  • Festival Pontevedra
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Pontón inicia en Vigo a precampaña das europeas: "Somos o equipo que defende as cores de Galiza"

ARCHIVO

ARCHIVO

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
12/05/2024

O BNG deu este domingo o pistoletazo de saída á precampaña das eleccións europeas cun acto en Vigo, cidade na que foi a primeira forza política nos comicios galegos. De cara a próxima cita coas urnas, a portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou que "o BNG é o equipo da casa, a candidatura de País".

“É a candidatura que os galegos e as galegas poden sentir como propia porque somos o equipo da casa, o único que vai defender as cores de Galiza, desde a razón e desde o corazón, con toda a nosa a forza”, proclamou Pontón, poñendo como aval o traballo da candidata Ana Miranda, “a voz enérxica, incansable e irredutible de Galiza en Bruxelas”.

Másnoticias

El incendio de Vilaboa cubre Vigo de humo y hace temer una nueva ola de fuegos

21/08/2025

Cientos de personas se concentran en Vigo por los incendios: "Nunca máis, lume forestal"

21/08/2025

Pontón subliñou o "inxente labor" da candidata que "cada vez que tomou a palabra foi para falar de Galiza, dos problemas reais da xente real”, en contraste cun PP que, dixo, mesmo ten votado en contra dos intereses do País. Por iso, “o escano do BNG foi o escano do pobo galego e así seguirá con máis forza a partir do 9X”, subliñou, “porque Galiza ten que ter voz propia en Europa para facerse escoitar, para defender os intereses da xente do mar e do rural, do noso medio ambiente e territorio, unha voz a favor dos dereitos sociais e da clase traballadora”.

“A lealdade do PP de Rueda está na rúa Génova, co lobby eléctrico, coas súas empresas amigas e cunha monarquía corrupta, caduca e antidemocrática”, denunciou para contrastar co BNG que ten como "única lealdade" a Galicia.  Pontón avanzou que o Bloque desenvolverá unha campaña "cen por cen galega" sen permitir que nada o desvíe dese obxectivo, tras advertir que "o PP repetirá a mesma campaña sucia das eleccións galegas".

“Diante dun PP empeñado en enlamar o debate, no BNG falaremos de pesca, do prezo do leite, de como ter un rural vivo; fronte a un PP instalado no insulto e na mentira; nós de cambio climático, do futuro da xente moza; fronte a un PP sen alternativas, falaremos das nosas propostas para defender os intereses de Galiza en Europa. Esa é a campaña que merece a cidadanía; 100% centrada neste País e na súa xente, 100% galega”, proclamou.

Con voz e voto

A líder nacionalista defendeu o dereito de Galicia a estar presente na Unión Europea “con voz e voto” cando se negocien asuntos que afectan directamente, en particular no relativo ós sectores produtivos, “porque ninguén mellor que nós para defender o noso”, alegou.

Pola súa banda, a número un na lista do Bloque ás europeas, Ana Miranda, referiuse ao escano do BNG en Bruxelas como “o escano que defende os intereses de Galiza e que o fai libre, sen intermediarios”. “Ao único que lle temos que dar contas é ao Pobo galego!”, proclamou durante a súa intervención no Auditorio Mar de Vigo.

Miranda subliñou o “férreo compromiso co País” no traballo que o Bloque vén desenvolvendo dende o ano 1999 trasladando ao Parlamento Europeo e á Comisión as problemáticas e demandas “dos nosos sectores produtivos, dos nosos concellos ou das diferentes loitas sociais que houbo na terra e no mar”, dixo logo de referirse, entre outras cuestións, ao accidente do Alvia, ao Prestige, a crise dos pellets, a defensa da lingua, os intereses da pesca galega ou, máis recentemente, a loita contra a instalación da pasteira de Altri en Palas. “Se estiveron presentes no Parlamento Europeo todos estes temas, cos enfoques que son relevantes para o País foi grazas ao BNG”, salientou.

Miranda non esqueceu no seu discurso o “inmoral e cruel xenocidio” de Israel en Gaza e, tomando as verbas de Pepe Mujica, ao que visitou recentemente, manifestou “ningunha causa mundial nos é allea, hai que pensar na humanidade enteira”. “Non pode ser que a UE cruce los brazos diante deste xenocidio”, criticou durante un discurso que aproveitou para renovar o seu compromiso de traballar en Bruxelas “por Galiza e pola humanidade”.

Temas: BNGEuropeas 2024Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Foto: Incendios Galicia y cedida
Enfoque

Desalojan un camping y varias viviendas por los incendios forestales de Oia y Vilaboa

Los incendios forestales de Oia y Vilaboa han obligado a decretar la situación 2. Se han desalojado un camping y varias viviendas

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

El incendio de Vilaboa cubre Vigo de humo y hace temer una nueva ola de fuegos

El humo del incendio de Vilaboa ha llegado a Vigo tras cubrir toda la ría y hacen recordar los voraces incendios de 2017

PorPaula Carballo
21/08/2025
Enfoque

Cientos de personas se concentran en Vigo por los incendios: "Nunca máis, lume forestal"

Vigo fue una de los municipios de Galicia en el que hubo una concentración contra la gestión forestal y de los incendios de la Xunta de Galicia

PorMetropolitano
21/08/2025
URXENCIAS SANITARIAS 061
Enfoque

Muere en Marín un adolescente tras saltar desde el puerto de Aguete y quedar inconsciente

Un joven de 14 años ha perdido la vida este jueves en Marín. Murió después de saltar desde el puerto de Aguete y quedar inconsciente

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X