• Lola y Lia Nigran
  • Vialia on Ice
  • Navidad Vigo
  • Pablo López Vigo
  • Paquetes Amazon Vigo
  • Navidad de Tui
  • Fiesta Fin de Año Gratis
  • Tragedia Cangas
  • Parques de Vigo
  • Huelga sanidad
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Pontón pide concentrar no BNG de Vigo o voto de "quen quere outro modelo de cidade”

Pontón pide concentrar no BNG de Vigo o voto de "quen quere outro modelo de cidade”
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/05/2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no mitin de Vigo co candidato á Alcaldía Xabier Pérez Igrexas, e aproveitou para facer un dobre chamamento "á mobilización e a concentrar no BNG o voto de todas as persoas que queren outro modelo de cidade, o voto de cambio, de rebeldía e de ilusión".

“Vigo merece moito máis que a confrontación inútil, ridícula e partidista de PP e PSOE, que fai que perda oportunidades, que empeora a vida da veciñanza e desaproveita o inmenso potencial que ten esta urbe”, declarou, e neste contexto, “o 28M é a oportunidade de dicir basta xa optando polo proxecto de futuro do BNG da man de Pérez Igrexas”.

Másnoticias

El brunch más viral de Vigo abrirá un nuevo local y busca decenas de empleados

El brunch más viral de Vigo abrirá un nuevo local y busca decenas de empleados

22/11/2025
Vigo estrena (a medias) Vialia on Ice, su nuevo gran atractivo "para ser la mejor Navidad del planeta"

Vigo estrena (a medias) Vialia on Ice, su nuevo gran atractivo "para ser la mejor Navidad del planeta"

22/11/2025

Por riba co aval dos feitos, destacou, “porque sempre que o BNG foi determinante no concello fixemos avanzar Vigo e por iso, este 28M pido a todas as persoas que queren outro modelo de cidade que concentren o seu voto na candidatura do Bloque; e a todas as persoas rebeldes, inconformistas que queredes un Vigo sustentable, feminista, igualitario, social, inclusivo, a toda a mocidade que quere un cidade que lle permita cumprir os seus soños, pídolles que enchan as urnas de votos ao BNG”.

“O futuro de Galiza pasa polo futuro de Vigo, porque está cidade recupere o pulso perdido e no BNG temos proxecto político, liderado e equipo para conseguilo, e sei que imos ter un resultado espectacular nesta cidade”, augurou, "porque hai outro Vigo e outra Galiza posibles, en grande, con ambición, desde a confianza nas nosas propias forzas”.

Na recta final de campaña, Pontón fixo un chamamento a todas as persoas queren cambio para que "se mobilicen nas urnas", e tamén trasladou unha apelación directa á mocidade, “para que sexa motor de cambio para poñer en marcha unha nova Galiza que pense na xente nova”. "É o momento de votar BNG", proclamou Pontón, fronte a un PP “desnortado e esgotado que non ten nada que ofrecerlle ao País, máis aló de escándalo e corrupción".

“O 28M tamén vai de rexeneración democrática, de expresar nas urnas a indignación ante os que pensan que poden utilizar as institucións como se fosen súas; vai de expresar a rebeldía e o inconformismo e de reivindicar outra maneira de gobernar, como a do modelo municipal do BNG. Un modelo de éxito que pon en marcha concellos con calidade de vida, con orgullo, con futuro e profundamente democráticos, e este modelo é o que queremos estender por toda Galiza este 28M”, concluíu.

Pola súa parte, o candidato á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, chamou a “facer posíbel o que é necesario, empurrando cun BNG determinante as transformacións que necesita a maior cidade galega, deixando atrás esta etapa gris e acartonada que reduciu a política municipal a moreas de promesas incumpridas”.

Vigo merece máis

Igrexas, contrapuxo o proxecto "aberto e en positivo do BNG para levar Vigo máis alá” fronte ao do “candidato meme e da candidata dos selfies que só poden ofrecer máis do mesmo”. “Merecemos avanzar cara a un Vigo máis habitábel e verde, igualitario e socialmente xusto, que volva ser o pulmón industrial e produtivo de Galiza, que se referencie como vangarda cultural e que exerza o papel que nos corresponde como maior cidade galega: o de sermos motor de todo un País”, proclamou.

Na recta final para que se abran as urnas e "fronte a quen pretende desmobilizar dicindo que nada se pode facer, que o resultado está escrito, o BNG dicimos que o voso voto si que vale, que non podedes permitir que decidan por vós”, afirmou Igrexas, apelando á mobilización este domingo.

Defendeu que o voto ao BNG en Vigo “vale dobre porque permitirá cambiar o rumbo das políticas municipais e por ser o voto que máis lle doe ao PP que leva 14 anos castigándonos desde a Xunta”, dirixiuse expresamente ás viguesas e vigueses que nas eleccións galegas de 2020 votaron BNG para lles trasladar que “o cambio galego, a Galiza que vén, precisa dun potente e robusto motor Vigo para facermos de Ana Pontón a primeira presidenta da Xunta”.

“Para quen lle vale o que hai este domingo pasará sen máis. Pero as que vedes o que nós vemos, as que sentides coma nós que Vigo merece máis, moito máis, este 28 de maio podedes facer historia, abrindo un tempo novo na nosa cidade, dándolles unha sorpresa que non esquecerán xamais. Enchendo as urnas de votos polo futuro, por Vigo, por Galiza. De votos ao Bloque Nacionalista Galego!”, remachou Igrexas.

Temas: BNGeleccionesElecciones municipales 2023Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El brunch más viral de Vigo abrirá un nuevo local y busca decenas de empleados
Enfoque

El brunch más viral de Vigo abrirá un nuevo local y busca decenas de empleados

Uno de los locales más conocidos de Vigo aterriza en Nigrán con sus famosos brunchs. Así han anunciado su nueva apertura

PorAlfredo Teja
22/11/2025
El conmovedor mensaje del concejal de Cangas José Luis Gestido a su hijo, recientemente fallecido
Enfoque

El conmovedor mensaje del concejal de Cangas José Luis Gestido a su hijo, recientemente fallecido

"Espérame ahí arriba, que volveremos a dar esos paseos pronto", el emotivo mensaje de José Luis Gestido a su hijo, fallecido en un accidente

PorMetropolitano
22/11/2025
El parque de Vigo en el entorno de Castrelos "desaparecido bajo la maleza"
Enfoque

El parque de Vigo en el entorno de Castrelos "desaparecido bajo la maleza"

El PP de Vigo pregunta a Caballero por las condiciones en las que se encuentra este parque municipal que está "totalmente abandonado"

PorUxía Pérez
22/11/2025
Muere un operario en un astillero en Vigo al caerle la carga de un camión encima
Enfoque

El astillero vigués Cardama y la Xunta, a la espera de nuevos pasos en la denuncia de Uruguay

El presidente de Uruguay lamentó que el formato del contrato es una "trampa": "Si las cosas están mal hechas, las vamos a frenar"

PorMetropolitano
22/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X